19/05/20

Viaxamos por Galicia 5º

Estamos desexando ir de viaxe e desfrutar ao aire libre de todos os lugares singulares que ofrece Galicia.
Prontos poderemos saír da provincia e visitar os nosos lugares favoritos: dunas, castelos, ríos, furnas, faros, praias, bancos, montañas...
Convítete en guía turístico por un día e fainos a túa recomendación sobre o teu lugar favorito, para que vaiamos pasar o día. Estaremos felices coñecendo estupendos e novos lugares.

Enviareivos por correo electrónico un documento de word (modelo) no que poderedes modificar tanto estilos de letra, cores, formas). Unha vez o teñades deberedes énvialo ao correo electrónico terceirocicloenquintela@gmail.com.


Debes elaborar un documento no que inclúas os seguintes datos:

  • Nome
  • Localización
  • Como chegar
  • Distancia de Moaña
  • Singularidade
  • Imaxe
  • Recomendado porque
  • Gústame porque
Aquí tedes un modelo feito polas profes Victoria e Gloria:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario