28/02/24
Proxecto Aquí vivimos: as cartas
24/02/23
Ecopercusión
07/06/22
RUTA POLO RÍO DA FRAGA
Hoxe os nenos e nenas de quinto fixemos unha saída polo río da Fraga.
Grazas a Antón coñecemos moitas especies de plantas que nacen perto do río.
Aprendemos tamén moitas curiosidades do bosque que non sabíamos.
Pasámolo moi ben.
06/04/22
ENCONTRO DE REGUEIFAS
01/04/22
1º día de natación en 6º
14/03/22
Charla apícola en 5º
O día 10 de marzo as nenas e nenos de 5º recibiron unha charla sobre "AS ABELLAS".
Tiveron a sorte de contar con Fran, un experto no tema que lles explicou unha chea de cousas e tamén fixeron unha trampa caseira para atrapar vespas velutinas.
Moitas grazas Fran!! Resultou unha charla moi interesante.
22/02/22
REGUEIFAS EN QUINTO
Hoxe no cole recibimos a visita de Pinto e Carucho.
Aprendemos a ser regueifeiros e regueifeiras dun xeito moi divertido.
Somos boísimos/as!!!
15/11/21
30/05/21
Interpretación do bosque de ribeira
20/04/21
Actividade audiovisual en 5º de primaria
A pasada semana o alumnado de 5º contamos coa visita de Karla Carracelas que nos achegou ao mundo da fotografía.
Esta actividade audiovisual, organizada dentro do programa Aprende Moaña, titulábase "Pintar con Luz" e coñecemos algúns aspectos como as regras básicas da fotografía, construimos o noso propio proxector de imaxes e achegámonos á técnica do revelado.
A actividade resultou interesantísima!!
"Moaña libre de plásticos"
O 15 de abril recibimos unha charla sobre o impacto dos plásticos na nosa ría.
Esta campaña organizada polo Concello de Moaña pretende informar e concienciar á rapazada sobre o impacto dos plásticos e microplásticos nos ecosistemas mariños.
Os datos son moi preocupantes e quedounos moi claro que todos e todas temos que colaborar para reducir o consumo de cousas feitas con plásticos.
01/12/18
5º APRENDE SOBRE MOAÑA CO ESCORNABOT
Facendo clik na opción de plantillas e preguntas, poderedes ver as plantillas de resposta e tamén as tarxetas de preguntas.
PLANTILLAS E PREGUNTAS
Este é o Pacopunto.
15/10/18
05/05/18
Saída pola ribeira
Pasámolo moi ben!
| Empezando a andaina |
| No lavadoiro de Rialdarca |
| Descanso para merendar |
20/04/18
Charla sobre sexualidade na clase de 6º
Grazas a ela aprendimos a coñecer mellor o noso corpo e a nosa sexualidade.
Moitas grazas Rosa pola túa colaboración.
06/04/18
Visitamos a estación depuradora
02/03/18
Natación para o alumnado de sexto curso
Este é o segundo curso que participamos nesta actividade deportiva, organizada pola Piscina Municipal en colaboración coa Concellalía de Ensino.
O alumnado estaba moi ilusionado!
A noticia na prensa de hoxe:
Faro de Vigo
28/02/18
Dobraxe en quinto e sexto curso
Explicáronlles aos rapaces e rapazas os pasos para elaborar unha película desde a creación do guión ata a dobraxe. Finalmente o alumnado gozou moito converténdose en dobradores dos seus personaxes.
Moitas grazas a Manuel e Suso e á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña por organizar esta actividade tan interesante e motivadora .
21/02/18
Jazz na escola
Magnifica a calidade dos músicos e o plantexamento da sesión, que gustou moito aos nenos e nenas, tal como demostraron coas numerosas preguntas que lles fixeron aos músicos.
Esta actividade forma parte da programación da concellalía de Ensino de Moaña "Música na escola" en colaboración coa asociación xuvenil "A Ghudalla".
02/02/18
Visita da clase de 6º ao complexo medioambiental de Bueu
Tamén puidemos ver vídeos educativos que axudaron á concienciación do problema polo que estamos a pasar e a importancia de solucionalo.
Os monitores que nos acompañaron ao longo do percorrido foron explicándonos o funcionamento de toda a maquinaria e como están organizadas as instalacións. Agradecémoslles o trato tan amable e cercano que tiveron con nós e todo o que aprendemos con eles.
Esta actividade forma parte das propostas de "Aprende Moaña", organizadas pola Concellalía de Ensino de Moaña
















