Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2021-2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2021-2022. Amosar todas as publicacións

23/06/22

Despedida de 6º

 

Chegamos ao remate dun novo curso e onte foi unha xornada moi emocionante. 
As nenas e nenos de 6º quixeron despedirse do noso cole dun xeito especial.
Foi un inmenso pracer compartir con vós todos estes cursos.
Desexámosvos moita sorte na vosa nova etapa.

 

07/06/22

RUTA POLO RÍO DA FRAGA

 Hoxe os nenos e nenas de quinto fixemos unha saída polo río da Fraga.

Grazas a Antón coñecemos moitas especies de plantas que nacen perto do río.

Aprendemos tamén moitas curiosidades do bosque que non sabíamos.

Pasámolo moi ben.





05/06/22

Excursión de 6ºP: Coureleando

 O alumnado de 6ºP gozou duns divertidos días na zona do Courel. 

Durante estes tres días visitamos os museos Xeolóxico e Etnográfico no Concello de Quiroga, as Médulas, camiñamos pola Devesa de Rogueira no Courel, convivimos no albergue de Quiroga, disfrutamos na natureza en estado puro, ...

O entorno natural animounos a facer multitude de actividades o aire libre, tan necesarios nestes momentos nos que vivimos.

Aquí temos un pequeno  resumos das excursións e visitas que fixemos estes días.








02/06/22

Festival das Letras Galegas

 Aquí están as actuacións do festival das Letras Galegas dos nenos e nenas de 5º e 6º


En 5º, interpretaron con instrumentos de láminas unha adaptación do fragmento máis coñecido da Oda a alegría, da 9º sinfonía de Beethoven. Mirade que ben o fixeron! Traballaron moitísimo



Os nenos e nenas de 6º tocaron unha adaptación para orquesta escolar realizada pola profe de música María. Trátase da peza O son do ar, que se deu a coñecer polo grupo musical Luar na lubre. Quedou moi fermosa e traballamos moito na clase de música. Saiunos xenial!


En 6º, representaron tamén a obra de teatro Rebelión na granxa, unha adaptación da famosa obra de George Orwell, realizada pola profe Galicia.



31/05/22

DIVERSIDADE SEXUAL

Hoxe visitounos o psicólogo Alberto para explicarnos en que consiste a diversidade sexual. 
Foi moi interesante xa que nos aclarou moitas  dúbidas.







20/05/22

Unha volta ao pasado

 A semana pasada estivemos falando na clase de 6º sobre a vida dos nosos bisavós e Noemí trouxo dous obxectos moi curiosos que se usaban antigamente: o muíño de café e o ferro.

Resultou curioso o moito que pesaba o ferro!





02/05/22

E así de divertida é a última sesión de piscina

 Pasámolo en grande o venres na piscina, con variados xogos e coa profe Gali dentro da auga!




22/04/22

3ª sesión de piscina

 Hoxe tivemos a nosa terceira sesión de E.F. na piscina. Traballamos un pouquiño braza e tamén estivemos facendo algo que nos gusta moito, tirarnos de distintos xeitos!




08/04/22

2ª sesión de piscina en 6º

 Aquí vos deixamos un resumo da xornada de hoxe. Traballamos conceptos básicos de espalda e algo de braza.



CHARLA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 Hoxe temos a visita dunha representante do concello que nos vai falar sobre educación emocional.

É moi importante falar das nosas emocións e preocupacións para ter unha boa saúde mental.





06/04/22

ENCONTRO DE REGUEIFAS

Os nenos de quinto fomos ao encontro de regueifas no auditorio de Quintela. Pasámolo moi ben e descubrimos que somos uns artistas!!!

01/04/22

1º día de natación en 6º

Hoxe, dentro da sesión de E.F., fomos á piscina a traballar contidos relacionados coa natación. Aquí tedes un resumo da xornada.

17/03/22

Acrosport en 5º de primaria

 Os nenos e nenas de 5º son uns artistas facendo figuras humanas. Mirade que fermosa coreografía prepararon durante as sesións de E.F. utilizando a canción das Taxugueiras titulada Terra.


14/03/22

Charla apícola en 5º

O día 10 de marzo as nenas e nenos de 5º recibiron unha charla sobre "AS ABELLAS". 

Tiveron a sorte de contar con Fran, un experto no tema que lles explicou unha chea de cousas e tamén fixeron unha trampa caseira para atrapar vespas velutinas. 

Moitas grazas Fran!! Resultou unha charla moi interesante.

11/03/22

DigiCraft no teu cole. Circuito coas Sphero Mini en 6º

Hoxe, na aula de 6º estivemos traballando a percepción espacial, a lateralidade, a matemáticas... coas Sphero Mini .



10/03/22

"Avoas"

 

 Hoxe, o alumnado de Quintela, achegámonos á sala “Celso Parada” para ver a obra de teatro titulada “Avoas” da compañía de teatro “Run Run” da que forma parte a nosa profe Galicia.

Estas fantásticas avoas invitáronos a participar nas actividades da súa Asociación. 

Con elas desfrutamos moito e coñecimos as grandes historias dalgunhas mulleres bravas.










09/03/22

DigiCraft no teu cole. Aprendemos sobre buscadores de internet en 5º

 Apendemos diferencias sobre buscadores como Ecosia, Duck Duck Go, Bing xogando a buscar información nos mesmos para obter a palabra clave e levar así a letra correspondente do rosco.




08/03/22

ENTROIDO TRADICIONAL

Esta semana contamos coa visita de dous membros da Asociación Meiramar Axóuxeres que nos viñeron contar unha chea de cousas sobre o Entroido tradicional de Moaña.

Aprendemos moitas curiosidades interesantes das Madamas e Galáns, os corruvellos, o home do saco, entre outros.

PASÁMOLO DE MARAVILLA!!!





26/02/22

23/02/22

Regueifa para Rosalía en 6º

Hoxe tivemos unha visita moi especial e quixemos agradecerlle a Rosalía a súa presenza con esta regueifa: