Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

14/05/26

“As familias contan” Ádega visita a nosa aula.

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa aula de 6º de Primaria. Ádega, nai dun alumno de clase, participou no programa “As familias contan” e veu compartir con nós varios contos cheos de imaxinación, emoción e aprendizaxes.

Durante a sesión, escoitamos historias moi entretidas que nos fixeron rir e pensar. Ádega conseguiu crear un ambiente moi próximo e divertido, no que todos estivemos atentos ás aventuras e personaxes dos contos.

Ademais de fomentar o gusto pola lectura, esta actividade axúdanos a fortalecer a relación entre a escola e as familias, facendo que o alumnado viva experiencias diferentes e enriquecedoras dentro da aula.

Queremos agradecerlle a Ádega a súa participación, o seu tempo e a ilusión coa que preparou esta visita. Encantounos compartir esta experiencia e esperamos seguir gozando de novas sesións de “As familias contan”.

Moitas grazas, Ádega!









30/04/26

Celebrando "O Día do Libro" cos compañeiros de educación Infantil de "O Con"

 O pasado 24 de abril celebramos o Día do Libro cunha fermosa actividade de convivencia entre 6º de Primaria e a escola de educación infantil "O Con".

Realizamos un apadriñamento lector, onde os maiores lles leron contos aos máis pequenos, compartindo historias e momentos moi especiais. Ademais, houbo un intercambio de cancións e e puxémoslle música coa guitarra de Txelu, a un conto que nos contou a todos e todas unha mestra de infantil  que encheu a xornada de ledicia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu gozar da lectura xuntos e aprender uns dos outros. Volveremos pronto!




24/03/26

DÍA DA POESÍA

Onte, día 23 de marzo, celebramos no cole, xunto cos nosos afillados e afilladas lectores de 2º de primaria, o día da poesía. Intercambiamos, entre as dúas claases, flores e poemas. Os de segundo recitáronnos un poema moi bonito ao coro e nós, os de sexto, lémoslles poemas. Un poema e unha flor... hai algo mellor para comezar ou rematar o día?










Radio en directo. Radiocebola

Hoxe tocou facer un programa de radio en directo. Fixéronno Radiocebola, formado por Antía Núñez, Mara, Lucía, Irene e Noela. Todas unhas expertas! Escoitámolas? 

Disfrutádeas!


15/03/26

Obradoiro de costura

 Na aula de 5° seguimos avanzando no proxecto CanSat. O venres tocou aprender a coser para preparar o paracaídas do noso satélite.

02/03/26

Día de Rosalía de Castro

En Quintela gústanos coidar as nosas escritoras. Por iso, celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia, cun programa de radio especial levado a cabo por Julia, Ana e Alba; cunha visita moi especial dos nenos e nenas de 6º de Infantil que recitaron un poema de Rosalía e fixérono moi ben! 

Encantounos compartir este momento tan bonito e seguir aprendendo a querer e valorar a nosa lingua.

Feliz día de Rosalía!



13/02/26

Día da Radio

Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o Día da Radio, un medio que nos informa, nos acompaña e nos fai imaxinar historias só coa forza das palabras e dos sons. E en 6º de primaria non podiamos deixar pasar esta ocasión para celebralo.

Aínda que hoxe non puidemos celebrar o Entroido polo mal tempo, non deixamos que iso nos quite a alegría. Cambiamos o disfrace de espantallos polos micrófonos e demostramos que en Quintela sempre hai algo que celebrar.

Aquí vos deixamos o programa "improvisado" para celebrar o día da radio. Nos micrófonos estiveron Lucía, Martín, Emma e Enzo, convertidos en auténticos locutores e locutoras. E no control de son, facendo maxia cos botóns e a música, estivo Hugo.

Porque cando se acende un micrófono… comeza a maxia da radio! 

Viva a Radio!



10/02/26

Radio Quintela no Día da Paz

 O alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade moi especial: a gravación dun poema musicado de Rafael Alberti, La paloma se equivocaba. Ao longo do traballo, os nenos e nenas achegáronse á poesía dun xeito diferente, combinando a palabra, a música e a expresión oral. Con todo isto... como non facer un programa de radio?

A experiencia permitiulles coñecer mellor a obra dun autor fundamental da literatura española e, ao mesmo tempo, traballar a lectura expresiva, o ritmo e o traballo en equipo. O resultado é unha interpretación chea de sensibilidade e ilusión, na que a poesía cobra vida a través das súas voces. Ademais, Rubén, puso voz dunha forma moi sutil ao "manifesto pola paz", xenial Rubén!

Agardamos que gocedes tanto desta gravación como nós gozamos creándoa.

Grazas ao orientador Txelu que tocou o contrabaixo e ao profe de inglés, Bruno, que se animou coa guitarra. 

Por moitas veces!








21/01/26

Apadriñamentos lectores: 6º e 2º de Primaria

 O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.

Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.





RadioQuintela. Entrevista a Damián Alonso, actor de dobraxe.

O 14 de xaneiro,
RadioQuintela contou coa visita de Damian Alonso, actor de dobraxe e formador en radio escolar. Durante a entrevista, o alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun actor de voz e todo o que hai detrás dun micrófono.

Damian destacou a importancia da radio como ferramenta educativa, que axuda a mellorar a expresión oral, a creatividade e a confianza do alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os alumnos de 4º de primara. que animou a seguir aprendendo e facendo radio na escola.

Entrevista realizada por alumnas de 6º de primaria (Antía Núñez, Noela, Irene, Mara e Lucía)



18/12/25

Radio Escolar en Directo Nadal

Hoxe vivimos un momento moi especial no CEIP Quintela, xa que se realizou o primeiro programa de radio en directo do colexio (RadioQuintela). Foi unha experiencia moi ilusionante que marca o inicio dun novo proxecto de comunicación escolar.

Durante o programa falouse das actividades que se están a levar a cabo no centro con motivo do Nadal, compartindo con toda a comunidade educativa o ambiente festivo que se vive estes días no colexio.

Os encargados de estrear esta iniciativa foron os alumnos Rubén, Emma, Daniela e Mario, que participaron con moita ilusión, responsabilidade e entusiasmo, demostrando un gran traballo en equipo e unhas excelentes habilidades comunicativas.

Agardamos que sexa a primeira de moitas!




 

15/12/25

Obradoiro de Nadal

 A semana pasada, tivemos obradoiro de manualidades navideñas para decorar o cole e tamén para levar a casa.

Fixémolo nas horas do recreo e as propostas foron: unha estrela, un círculo con cintas, un boneco de neve ou un reno para deixar decorando os corredores do cole e logo, un marcapáxinas para levar a casa.

O cole quedou fermoso!

10/03/25

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA


A profe Olalla deleitounos coa interpretación dun conto con naipes. Ademais, deixounos como proposta crear a nosa propia historia. Deixámosvos aquí unha pequena mostra do resultado!



14/06/23

Contos diversos

"Contos diversos" é un programa de radio que nace co obxectivo de transformar a biblioteca do CEIP Quintela nun espazo máis accesible e inclusivo. Para acadar este fin, algúns alumnos/as de 5º de EP gravaron algúns contos da biblioteca en formato audio.

21/03/23

Día da poesía

 Foi un bonito momento o que compartimos 5° e 6° regalándonos a flor.

Día da poesía 2023

 Hoxe, con motivo do día da poesía, o alumnado de quinto e sexto imos regalar unha flor a un amigo/a invisible. 

Que nervios!!!

Quen me tocará??




 





14/03/23

Lectura compartida

Hoxe as nenas e nenos de sexto e segundo compartimos a hora de ler na biblioteca coa actividade amigos/as lectores/as. Nesta sesión a dinámica mudou un pouco e  fomos os pequenos os que lles contamos aos maiores. 

15/09/22

Lectura do primero día en quinto

 Ola, aquí vos presentamos a lectura  coa que comezamos este curso. 

 Titúlase “ Cuando mi gato era pequeño” 

É a orixinal  historia dunha mascota e o seu dono. 

Un conto que serviu para que nós inventaramos animais diferentes e divertidos.


Lecturas do primero día na aula de 6º

 Bos días:

Empezamos sexto lendo o conto “Guapa” de Canizales. Nel fálase da autoestima e de como temos que valorarnos a pesar das opinión dos demáis.

Gustounos moito