Amosando publicacións coa etiqueta Educación e igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación e igualdade. Amosar todas as publicacións

04/02/14

Miramos, pensamos

Na clase de quinto curso atopámonos con esta reprodución do cadro  "Escuela rural" de Albert Anker, e ... mirámolo.
Tratábase de observar, apender a mirar os cadros, respostando a moitas preguntas:

Onde están? É unha escola, ou ten outros usos? Hai calefacción? Hai encerado? Como son os pupitres? Hai pupitres para todos? Quen está sentado neles? Onde están sentadas as rapazas? Por que?
Como é a roupa dos rapaces? Algún aparenta máis riqueza? Se é así, onde está sentado?
E as rapazas? Algunha ten mellor roupa, de máis abrigo? Onde está sentada?
Como é o comportamento dos rapaces? Como imparte a disciplina o profesor?
Que papel ten a profesora? Que levan as rapazas nas cestas? Para que? 
Como é o material escolar?
O cadro permitiunos reflexionar sobre como era a escola noutros tempos. Era mellor que agora?
E sobre a diferenza de trato entre os nenos e as nenas.
Foi unha sesión moi interesante!!

25/11/13

Conta que che conto,...Rosa Caramelo

Os nenos e nenas de quinto fixeron de  contacontos na hora de ler nas clases de 1º  e 2º de Primaria.Había nervios, pero fixérono moi ben.
Escolleron o conto "Rosa Caramelo", coas fermosas ilustracións feitas polo alumnado do cole hai un par de cursos.

25 de novembro: Día Internacional da non violencia contra a muller

O 25 de novembro foi declarado pola ONU o día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres.
Escolleuse ese día para lembrar as irmás Mirabal.


Para traballar a ig
uoaldade, vede aquí este traballo do noso alumnado:
 Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo .

E este ano Kalandraka Editora publicou outro dos álbums ilustrados desta autora: A Historia dos bonobos con lentes, outro fabuloso título sobre a igualdade e a coeducación: