Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Voz Natura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Voz Natura. Amosar todas as publicacións

13/05/26

O mercado de proximidade e o consumo responsable

O alumnado de 5º de Primaria está a traballar en Proxecto Competencial arredor do mercado de proximidade e do consumo responsable. Ao longo destas sesións, os nenos e nenas investigan a procedencia dos alimentos que consumimos e reflexionan sobre a importancia de mercar produtos da nosa contorna para reducir a pegada ecolóxica, diminuír o transporte de mercancías e favorecer un consumo máis sostible. O alumnado tamén está comparando o mercado de proximidade co supermercado, analizando as vantaxes ambientais, económicas e sociais do comercio local e elaborando materiais divulgativos, entre eles un tríptico informativo realizado polo propio alumnado. Con esta proposta promóvese a educación ambiental, o consumo consciente e o coidado da contorna a través de situacións próximas e reais para o alumnado.

16/12/25

ECOPERCUSIÓN colaborativo






Pois aquí está a segunda parte da ECOPERCUSIÓN! 
Cinco coles de Moaña xuntos e ao unísimo para dar redobres de tambores e anunciar a chegada do Nadal con bo ritmo! Bravo a todas e todos polo bo facer!



 

09/12/25

OS DEREITOS DA INFANCIA

Na nosa escola celebramos o Día dos Dereitos da Infancia para lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar felices, seguros e respectados. Durante a xornada realizamos a actividade "Plantando dereitos" para coñecer mellor dereitos como a educación, a saúde, o xogo ou a igualdade.

Esta celebración axúdanos a reflexionar sobre a importancia de coidar uns dos outros e de construír unha comunidade onde cada rapaz e rapaza se sinta valorado. Defender os dereitos da infancia é garantir un futuro mellor para todos.





 

25/03/25

A plantación na horta vai medrando

 As caléndulas, os amorodos, as leitugas, os allos porros e as remolachas siguen en pé a pesar do temporal que tivemos esta fin de semana. 

Pronto teremos que quitar malas herbas para que medren como merecen!



31/05/24

Charla Protección da natureza

  Hoxe o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibimos unha charla de protección da natureza enmarcada dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos.



01/04/24

Plantamos cabazas

 Os nenos e nenas de 5º, plantamos cabazas. Xa empezaron a medrar! Cando sexan un pouquiño máis grandes, levarémolas á horta e así, o vindeiro curso teremos a nosa propia colleita de cabazas.



19/03/24

Plantamos caléndulas

 Na clase plantamos sementes de caléndulas. Cando medren, porémolas no xardín.



06/03/24

Saída a Rialdarca

 Hoxe o alumnado de terceiro e de quinto de primaria fixemos unha andaina pola beira do río Rialdarca para prantar árbores autóctonos como a sobreira ou o madroño. Pasámolo moi ben.





07/02/24

A reciclaxe

 Na clase de 6º, en Proxecto Competencial, traballamos por equipos. Investigamos que debemos facer cos distintos residuos que xeneramos. Sabemos que o primeiro é reducir o consumo. Pero, unha vez que temos que tirar algo, o mellor é tiralo no lugar axeitado para danar o menos posible o medio ambiente.

Aquí están os nosos traballos:











04/02/24

As laranxeiras

 O alumnado de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 5º de Primaria recollimos as laranxas, aproveitando o bo tempo, das laranxeiras que temos no colexio. Tivemos unha fermosa xornada de convivencia!!!


07/10/23

Paseo polo río da Fraga

 O alumnado de 6º de primaria saíu facer unha andaina que tiñan pendente desde o curso pasado. Percorreron o sendeiro do río da Fraga acompañados dun biólogo que lles explicou unha morea de cousas moi interesantes sobre a contorna que rodea dito sendeiro. Queremos darlle as grazas por todo o que nos contou e polas cancións que nos cantou acompañado polo seu ukelele.

24/03/23

Vespa Velutina

Hoxe recibimos a visita da clase de 3º
Foi unha visita moi importante pois estiveron explicando cal é o problema que temos actualmente coa vespa velutina, como podemos recoñecela e que facer no caso de atopar un niño. 
Tamén nos explicaron de que xeito podemos facer unha trampa para collelas.

24/02/23

Ecopercusión

Hoxe fomos ao obradoiro de percusión organizado polo Concello de Moaña, dentro das actividades Aprende Moaña. Empregamos cubos de pintura para facer música. E resultou ser moi divertido!



09/12/22

Coñecendo o bosque atlántico


Aquí están as fotos da saída ao Campus universitario Lagoas-Marcosende en Vigo, para coñecer o bosque atlántico. É un roteiro moi fermoso!






28/10/21

Plantamos na horta

 Onte plantamos brócolis e allos na horta do cole. Xa vos contaremos como vai medrando todo!






28/05/21

6º COLABORA NO COIDADO DA HORTA

 Os nenos e nenas de 6°, nos recreos de comedor, colaboran para manter a horta libre de malas herbas. Grazas pola vosa axuda!






03/12/20

Plantamos xacintos en 5º

Esta semana na clase de 5º estivemos investigando como plantar xacintos: época do ano, temperatura, luminosidade... Púxemonos mans á obra e agardamos en primavera ver bos resultados. 

 

24/05/19

Na horta

As nosas leitugas xa están listas! Xa puidemos levalas para casa e saborealas!






15/03/19

Plantamos caléndulas

Hoxe plantamos caléndulas que nos agasallou Isa, a limpadora. Puxémolas na horta, para adornar o noso novo valado. Nuns días teremos todo adornado con fermosas flores laranxas!


14/02/19

Posta en marcha dun composteiro

 A pasada semana, os nenos e nenas de 5º participamos na actividade "Posta en marcha dun composteiro", organizada pola Deputación de Pontevedra, dentro do programa Revitaliza. Antón explicounos que cousas debemos ter en conta cando temos un composteiro. Contounos que os seres que participan na transformación dos restos que botamos en compós, precisan:
- Aire
- Auga
- Alimento
Tamén falou de como saber que é o que o noso composteiro precisa segundo os síntomas que vexamos: mal cheiro, exceso de mosquitos...
Foi moi interesante. Aprendemos moito!