Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: 25N. Amosar todas as publicacións

25/11/22

Conmemoración do 25N

 

Hoxe conmemoramos o 25 N no cole. Fixemos uns murais entre todos os nenos e nenas do cole, pegando fotos dun neno e unha nena cunha palabra pegada sobre un fondo morado. Saíron palabras moi fermosas como amizade, amor, respecto...

Aquí deixamos un pequeno resumo da xornada.





29/01/20

VISITA A AFAMO

Para celebrar o día da paz, os nenos e nenas de 5º E.P. visitaron, AFAMO, a asociación de familiares de persoas enfermas de Alzheimer do Morrazo. Alí, coñeceron as instalacións, o traballo que se fai coas persoas afectadas e, ademais, participaron nun intercambio de actividades: os maiores cantaron para os nenos e nenas A rianxeira, e os alumnos e alumnas de Quintela, cantaron para eles un canon cunha letra creada especificamente para esta ocasión.



02/12/19

ANIMACIÓNS EN 3D SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A MULLER EN 6º DE PRIMARIA

Concienciando ao alumnado sobre a importancia do trato axeitado ás mulleres e, aproveitando o coñecemento da aplicación Toontastic, elaboráronse animacións sobre esta temática. Algunhas son:

















21/11/18

Magosto no IES A Paralaia

O venres pasado o alumnado de sexto curso foron convidados a celebrar o magosto no IES A Paralaia. Foi unha experiencia moi bonita. Unha das actividades consistiu en formar equipos para crear carteis relacionados co día da Non Violencia. Estes foron os carteis do noso alumnado: