O venres, os nenos e nenas de 6º visitamos ás Illas Cíes. Contamos cunha ruta guiada ata o faro por Laura, que nos contou unha morea de cousas que descoñeciamos sobre estas fermosas illas. Logo, comemos na praia de Rodas e desfrutamos dun baño (curto, xa que o tempo non nos acompañou moito).
O venres, os nenos e nenas de 5º tivemos unha xornada de remo da man de kevin, adestrador e remeiro no Clube de Remo Tirán. Contounos moitas cousas sobre este deporte e tamén ensinounos as instalacións coas que conta o clube. Ao final da xornada, tivemos a sorte de saír ao mar subidos nos bateis.
Como nos gustou!!!
Grazas Kevin por ensinarnos tantas cousas e grazas ao clube pola súa invitación.
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha saída ao monte do Facho (Cabo Home). Aprendemos sobre a historia das excavacións e tamén admiramos as fermosas vistas que nos permitiu o lugar.
Logo, merendamos e xogamos un pouco na praia de Liméns e de Santa Marta.
Hoxe estiveron no cole Cándido Miranda e Pablo Martínez, representando a asociación de Sueste para traernos información sobre as embarcacións tradicionais.
Cándido falounos sobre a evolución dos barcos na historia. Primeiro empregábanse simples troncos, pois flotaban e servían para chegar dun lado ao outro coa axuda dun pau. Despois xa eran estruturas de madeira, con vela ou con remos.
As primeiras embarcacións foron canoas excavando os troncos, pero despois empezáronse a construir embarcacións máis sofisticadas, con varios velames e maior envergadura. Despois empregouse ferro, ata os barcos de fibra de vidro de agora.
Tamén nos contou que as primeiras viaxes empezaron nas illas da Polinesia e que os vikingos foron grandes navegantes.
Pablo falounos sobre ás embarcacións tradicionais de Galicia, contounos que había moitos tipos e que estaban traballando para recuperalas, rescatándoas e restaurándoas.
Nomeu os pataches, os galeóns, as traiñeiras, o racú, as dornas, a buceta, a lancha de relinga , a chalana e os botes. De cada un deles sabía cousas curiosas. Agora xa sabemos que as primeiras competicións entre traiñas buscaban chegar antes para vender o peixe.
Falounos do Eliseo, un galeón que se salvou da queima do asteleiro Casqueiro.
O alumnado de 5º de primaria estivo investigando sobre o Entroido Tradicional de Meira, a partir dunha charla que lles deu Manuel Cobas, membro da Asociación Meiramar Axóuxeres no cole.
Fixeron un tríptico coa información obtida e tamén gravamos as voces contando todo o que aprenderon. Aquí vos deixamos o video e o tríptico elaborado coa información aportada por Manuel:
Demos un repaso ao tema da intelixencia artificial relacionando as ordes que damos a unha máquina para que faga algo e cómo ela interpreta as instrucións.
Primeiro fixémolo coa aplicación whiteboard, donde a mestra daba orden sinxelas para facer un debuxo e un debuxaba o que interpretaba e os demáis do grupo tiñan que adiviñar o obxecto debuxado.
A continuación fixemos o mesmo, pero a aplicación quick draw nos decía o obxecto, nos debuxabamos e a máquina tiña que adiviñar.
Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!
Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)