Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións

21/06/16

Leticia Santos na galipedia

Durante este curso que está a piques de rematar o alumnado de 5º e 6º fixemos un traballo de recollida de información sobre Leticia Santos, a actual alcaldesa de Moaña.
Os nenos e nenas de 5º elaboraron unhas preguntas e moi amablemente a alcaldesa respondeunos a todas na biblioteca do noso cole.
Despois o alumnado de sexto redactamos un texto que lle enviamos por se houbese algún erro.
Esta última semana de clase xuntámonos na aula tics o alumnado de 5º e 6º e coa axuda de Isa (a directora do noso cole) subimos á galipedia o artigo.
Unha vez máis queremos agradecerlle a Leticia a súa colaboración e amabilidade para que este traballo fose posible.

A seguinte foto e de dous alumnos de 6º facendo o traballo na pizarra dixital.


5º visita o Clube de Remo Tirán

Onte, o alumnado de 5º tamén desfrutou da xornada de actividades no Clube de Remo de Tirán. Explicáronlle en que consiste o deporte, ensináronlle as instalacións e fixeron actividades no foso, no ergómetro e, como prato forte, sairon remar ao mar. Logo, tamén houbo un tempo para darse un chapuzón.
Grazas ao clube polo bo trato que nos deron e polo divertida que fixeron a mañá.
Esta actividade foi xestionada pola Concellalía de Benestar do Concello de Moaña.


O Clube Balonmán Moaña ven ao cole

O venres estiveron representantes do Clube Balonmán Moaña no cole e fixeron actividades para animar aos nenos e nenas a practicar este deporte. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.


17/06/16

6º visita o clube de remo de Tirán

Que ben o pasamos tanto os nenos e nenas de 6º curso como as profes na visita ao clube de remo de Tirán. Estivo xenial!!! Grazas aos monitores e a directiva polo ben que nos trataron,
Esta actividade foi xestionada pola Concellalía de Benestar do Concello de Moaña.



14/06/16

Estudo da froita en 5º

Despois das 3 semanas de comer froita no recreo fixemos un traballo sobre 19 froitas de tal xeito que cada neno e nena fixo o seu sobre unha froita e xuntamos 19 traballos. A continuación, fixemos reconto das propiedades de cada unha das froitas  e elaboramos dous diagramas coas vitaminas e minerais que nos aportan as froitas .
As froitas que estudamos foron: néspera, pera, melocotón, albaricoque, manga, piña, melón, sandía, plátano, mazá, laranxa, mandarina, kiwi, granada, amorodo, cereixa, paraguaio, nectarina e ameixa.










10/06/16

Excursión a Barosa

O pasado 9 de xuño todo o colexio celebramos o remate do curso pasando o día nos muíños de Barosa na ribeira do río Agra no concello de Barro ( Pontevedra ). Os cursos de 4º, 5º e 6º compartimos case todas as actividades e por iso saímos xuntos en moitas fotos. O Picasa mostra unha selección delas. A propósito, pasámolo moi ben.

08/06/16

Vídeos do Festival das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os vídeos das actaución que se fixeron no festival das Letras Galegas. 
Queremos dar grazas a Roberto, o paid e Aarón de 6º de Infantil, por gravar o evento e facelo tan ben!







06/06/16

Excursión de 6º

O venres da semana pasada os nenos e nenas de 6º volvemos da nosa viaxe de tres días por terras de Allariz. Compartimos esta excursión co alumnado dos coles de Abelendo e Tirán. Disfrutamos moito con tódalas actividades e queremos amosarvos algunhas fotos.

31/05/16

Olimpíada Escolar

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



Cómic na aula de 6°

Qué éxito está tendo o programa StripDesign para facer cómic nos Ipad.





30/05/16

Cómics co Ipad en 5°

Hoxe, en hora tic estivemos coñecendo o programa Strip Design para facer cómics.






29/05/16

Presentación do caderno e audiovisual sobre Manuel María

O día 27 de maio visitaron o noso cole dous membros da Agrupación Cultural Nós de Moaña: Xesús Cancelas e Manuel Méndez. Viñeron presentar ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria un caderno e un audiovisual sobre Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Poidemos ver neste traballo diferentes lugares e feitos importantes na vida de Manuel María: a súa casa natal, a librería Xistral, diferentes paisaxes galegos, visita ao Morrazo do autor...
Estas son algunhas das opinións do alumnado presente: A Hugo Calo pareceulle moi ben introducir no audiovisual poemas musicados do autor. Alex considera moi bonitas as fotos antigas que nos amosaron na presentación de diapositivas. 
Grazas a Xesús e a Manuel por amosarnos o seu importante traballo.




26/05/16

O arco da vella de 6º curso

Mirade que chulo quedou o arco da vella saudable que fixo o alumnado de 6º  curso.





23/05/16

Facemos un crebacabezas sobre Manuel María

Esta semana estamos celebrando As Letras Galegas e nas clases de 4º, 5º e 6º de primaria fixemos uns crebacabezas sobre a vida e a obra de Manuel María. Fomos dobrando e pegando dúas pezas e así nos quedaron.





Proxecto Por Que?

Neste último trimestre Paco encargounos na clase de 6º investigar sobre as zonas climáticas da terra e sobre o clima dalgunhas cidades importantes. Estas fotos amosan os resultados do noso traballo.



Premio do concurso de comic

O concello de Moaña un ano máis convocou unha nova edición do Concurso de Banda Deseñada e na que 5º e 6º particicipou tamén, un ano máis. Aproveitamos este concurso para traballar a forma de comic nas aulas e presentaron os traballos só os que quixeron. Obtuveron o 2º premio as alumnas Mar e Nerea de 5º e fomos á entrega dos mesmos o pasado venres, 20 de maio. Alí compartimos espazo coas nenas premiadas e con alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas. A alcaldesa, unha concelleira e dous concelleiros fixeron entrega dos premios e dos diplomas para todas as nenas e nenos que participaron no concurso. Ademais informaron de que os traballos serán expostos no mes de xuño para que o público en xeral poida velos. Debaixo están algunhas fotos.




19/05/16

"Mates" en baloncesto na clase de 6º

Nas clases de Educación Física, estivemos practicando o deporte do baloncesto. O que sí nos gustou moito foron os "mates".






TITORIAL SOBRE COMO UTILIZAR O PROGRAMA "AURASMA" NA EXPOSICIÓN INTERACTIVA

Aquí vos deixamos o titorial feito polo alumnado de 5º de primaria sobre como utilizar o programa AURASMA para visitar a exposición interactiva de Manuel María que faremos no cole.


Un arco da vella saudable en 6º curso

O día TICS desta semana estivo moi entretido. Fixemos un arco da vella co programa Paint, baixamos imaxes de froitas e vexetais  de internet e, coa PDI inserimos as imaxes de cada froita e vexetal nas cores do arco da vella según correspondía. Quedounos moi chulo! Aquí vos deixamos un resumo do traballo feito.


17/05/16

Un poema de Manuel María nas voces de 5º

O alumnado de 5º curso recitou un poema de Manuel María empregando a aplicación 30Hands no Ipad. Mirade que chulísimo quedou.