Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Non se abandonan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Non se abandonan. Amosar todas as publicacións

24/06/19

CAMPAÑAS SOLIDARIAS


                Durante este curso 2018-2019, leváronse a cabo dúas campañas solidarias para colaborar coa Protectora de Animais do Morrazo. Na primeira recollemos unha chea de empapadores, colares e correas. Na segunda, recollemos tapóns solidarios.
                Aquí temos algúns dos nosos colaboradores  e colaboradoras, que, ademais de supersolidarios, son superguapos.




08/06/18

Saímos na radio

Hoxe Xulio e Zoe, acompañados de María, a profe de inglés, foron ao programa de Paula Suárez  "De Viva Voz" de Single Radio.
Alí falaron ( e fixéronno moi ben )de Pinto e Pistacho, os cans da Prote que temos apadriñados, e contaron as cousas que facemos e aprendemos para coidar dos animais e concienciar á xente de que non se abandonan.