Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Teatro Quintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Teatro Quintela. Amosar todas as publicacións

20/05/25

TEATROS FAMOSOS DO MUNDO!

 

Os alumnos de 5º de primaria envestigamos o máis característico dos mellores teatros do mundo. Traballo relacionado co proxecto do centro "Teatro Quintela". 

Que investigamos? Localización dos teatros, arquitectura, ano de construcción, capacidade, que o fai especial, que tipo de eventos acolle e curiosidades.

Ben feito rapaces!





26/03/25

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles. O alumnado de 1ºP fixo os recitados co alumnado de 5ºP, e o alumnado de 2ºP co de 6ºP.

10/03/25

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA


A profe Olalla deleitounos coa interpretación dun conto con naipes. Ademais, deixounos como proposta crear a nosa propia historia. Deixámosvos aquí unha pequena mostra do resultado!



Día da Muller

 No cole, conmemoramos o Día da Muller aprendendo sobre “Mulleres no teatro”. Cada aula fixo a súa investigación e, posteriormente, fixemos un mural no que amosaron os seus traballos.







07/11/24

Teatro Quintela

Comeza un novo proxecto neste curso 24/25.  Este ano investigaremos sobre o teatro. 

O primeiro día o alumnado entrou nun cole convertido por un día nun teatro, e levaron unha entrada invitando a toda a comunidade educativa a disfrutar dun curso cheo de teatro.

Espéranos un curso cheo de diversión e maxia, apredendo guións, bailes, sendo actores e actrices, preparando maquillaxes, vestiarios, escenarios, pero sobre todo...disfrutando do teatro.