Amosando publicacións coa etiqueta Educación medioambiental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación medioambiental. Amosar todas as publicacións

02/02/18

Visita da clase de 6º ao complexo medioambiental de Bueu

Onte o alumnado de sexto puidemos ver de preto como se tratan todos os residuos dende a súa recolleita e coa finalidade de reutilizar para así contribuír ó mantemento do noso planeta.

Tamén puidemos ver vídeos educativos que axudaron á concienciación do problema polo que estamos a pasar e a importancia de solucionalo.
Os monitores que nos acompañaron ao longo do percorrido foron explicándonos o funcionamento de toda a maquinaria e como están organizadas as instalacións. Agradecémoslles o trato tan amable e cercano que tiveron con nós e todo o que aprendemos con eles.

Esta actividade forma parte das propostas de "Aprende Moaña", organizadas pola Concellalía de Ensino de Moaña

   

22/11/16

5º investiga sobre as plantas para xerar códigos QR

O alumnado de 5º curso estivo investigando sobre as plantas. O obxectivo é aprender máis sobre as plantas que nos rodean e facer códigos QR para despois poñer uns paneis informativos no pé de cada planta do colexio e, coa aplicación correspondente, acceder á información que os nenos e nenas plasmaron nunhas fichas elaboradas nas sesións Tic's e subidas ao blog do curso deles.

24/02/09

Medio ambiente na ONU

Lembrades que falamos da ONU, da súa fundación e a súa finalidade?
No ano 1002 a ONU celebrou unha conferencia sobre Medio Ambiente e Desarrollo na cidade de Rio de Janeiro, en Brasil.
Unha nena, membro de un grupo ecoloxista, viaxou ata alí dende Canadá, para dar este discurso:


Que opinades do discurso?.
Cambiou algo o mundo dende aquela?
Estades de acordo?
Espero as vosas opinións e comentarios