Onte o alumnado de sexto puidemos ver de preto como se tratan todos os residuos dende a súa recolleita e coa finalidade de reutilizar para así contribuír ó mantemento do noso planeta.
Tamén puidemos ver vídeos educativos que axudaron á concienciación do problema polo que estamos a pasar e a importancia de solucionalo.
Os monitores que nos acompañaron ao longo do percorrido foron explicándonos o funcionamento de toda a maquinaria e como están organizadas as instalacións.
Agradecémoslles o trato tan amable e cercano que tiveron con nós e todo o que aprendemos con eles.
Esta actividade forma parte das propostas de "Aprende Moaña", organizadas pola Concellalía de Ensino de Moaña
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario