A pesar de que o tempo non nos acompañou nalgún que outro intre, a xornada de convivencia en Castrelos foi moi amena e divertida.
Amosando publicacións coa etiqueta Fin de curso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fin de curso b>. Amosar todas as publicacións
13/06/25
23/06/22
Despedida de 6º
Chegamos ao remate dun novo curso e onte foi unha xornada moi emocionante.
As nenas e nenos de 6º quixeron despedirse do noso cole dun xeito especial.
Foi un inmenso pracer compartir con vós todos estes cursos.
Desexámosvos moita sorte na vosa nova etapa.
Etiquetas:
Curso 2021-2022,
Fin de curso
19/06/20
UNHA SORPRESA...
Un feliz verán!
Esperámosvos en setembro con moitas ganas e ilusión!
Etiquetas:
5º de Primaria,
6º de Primaria,
Curso 2019-2020,
Fin de curso
16/06/20
Actividades 5º
Buenos días Clase!!
Hoy me toca escribir el último mensaje de este curso. No habrá más propuestas de actividades , habéis trabajado como auténticos campeones!
Llegó el momento de despedirse, la verdad, con mucha nostalgia. Tuvisteis que vivir un momento muy difícil, el confinamiento y este virus que nos ronda, y lo habéis hecho muy bien, como ya os dije antes, sois unos CAMPEONES Y CAMPEONAS!!
Espero que hayáis aprendido mucho durante este curso, no solo de mates o lengua, sino de experiencias vividas.
Me llevo un gran recuerdo de cada uno de vosotros y vosotras. Hemos aprendido los unos de los otros y espero que el próximo curso sigáis esforzándoos y trabajando así de bien como lo habéis hecho hasta ahora.
Estoy superorgullosa de vosotros y lo bien que habéis respondido a todo lo que os proponíamos desde el cole.
No os rindáis nunca, porque todo aquello que os proponéis, ya lo sabéis... ¡¡PODÉIS CONSEGUIRLO!!
Os echaré mucho de menos: Mía, Mateo B, Lorea, Ana, Óscar, Eder, Gabriel, Naya, Adri L, Marina, Xavi, Adri M, Alba M, Luca, Rocío, Alba Teresa, Mateo P, Claudia, Rafa, Marta, Gael y Alba V.
¡¡Espero veros pronto!!
Un beso muy muy grande para todos y todas.
P.D: ESTAD ATENTOS AL BLOG EL VIERNES 19. NO OS OLVIDÉIS DE ENTRAR!

29/06/17
Carta de despedida de 6º
CARTA DE DESPEDIDA DE 6º
O alumnado de 6º escribiu esta carta para despedirse do colexio.
Bos días! Boas tardes! Boas noites!
O primeiro que queremos dicir é que este día é moi especial para nós, xa que vai ser o último que pasemos aquí. Aínda que estamos tristes por abandonar Quintela, tamén estamos contentos por poder pasar de curso. Levamos tanto tempo esperando a ser os maiores do colexio que agora que o somos a algún e algunha pasóusenos pola cabeza desexar estar en 1º para que nos quedaran máis cursos no cole e non ter que marchar para o instituto. Pero, quedarse toda a vida aquí sería aburrido, non?
En cada esquina temos un recordo, un sorriso ou, incluso, unha risa.
Para empezar queremos dar as grazas a todos os mestres e mestras: por responder ás nosas preguntas, por explicar todo tantas veces, por ensinarnos a coñecer tantas cousas, por aguantarnos nos momentos que fixemos das nosas, ...
A maioría de nós pensa que o instituto vai ser máis complicado e ademais, seremos os pequenos alí.
Danos moita pena deixar o colexio xa que aquí vivimos moi bos momentos e fixemos moitos amigos e amigas ao longo de toda a nosa vida escolar. Vai ser moi difícil non chorar agora porque lembraremos as risas, as aventuras e as anécdotas que vivimos; pero tamén, recordaremos as cousas non tan boas a pesar de que agora non estamos aquí para reprochar senon para dar mil grazas a todas e todos.
Esperamos facer novos recordos e novos amigos e amigas porque aínda que nos dean medo os cambios sabemos que son todos imprescindibles para as nosas vidas.
Grazas Quintela por darnos todos estes anos!!!
QUERÉMOSVOS!!!
P. D. : Que pasedes un bo verán!!!
28/06/17
Último día para 6º
Chegou o último día no colexio para a clase de 6º. As emocións están a flor de pel (quen opina é a titora). Todo o cole vai celebrar unha merendola: Infantil no seu patio e Primaria no seu. A 6º, por seren os maiores, correspóndelle preparar as mesas, recoller as merendas polas clases e distribuílas nos grupos de mesas que colocaron no patio de atrás. Só poideron poñer as merendas caseiras porque eran moitísimas e as bolsas do súper quedan para setembro que non caducan.
Despois compartimos a merenda co resto dos cursos.
Tamén compartimos os bailes da nosa vida escolar.
Despois, volvemos bailar o baile da festa do Comicon para todo o colexio e conseguimos que se uniran. Por último, lemos a carta de despedida( que irá noutra entrada) e ....... chegou o momento de compartir as emocións da despedida.
O cole de Quintela desexa que o camiño que agora emprendedes estea cheo de oportunidades para vós.
25/06/17
OS PREPARATIVOS DA FESTA DE FIN DE CURSO
O ALUMNADO E 5º DE PRIMARIA AXUDOU AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE AOS PREPARATIVOS DA FESTA DE FIN DE CURSO. FIXEMOS ENTRE TOD@S UN MURAL E UNHAS CADENETAS MOI COLORIDAS.
CHIC@S, MOITAS GRAZAS POR AXUDARNOS!!!
Etiquetas:
5º de Primaria,
Curso 2016-2017,
Fin de curso
22/06/16
Cociñando pizzas en 5º
O último día de clase dedicamos parte da mañá a aprender a facer pizzas axudados polas compañeiras de 6º.
Organizámonos en 4 grupos para facer unha pizza cada un. Ao final, non paramos de comer en toda a mañá porque tamén tivemos unha merendola.
Quedamos contentos e contentas co resultado xa que era a primeira vez que as facíamos e invitamos á clase de 4º a probalas.

Mirade as fotos.
Etiquetas:
5º de Primaria,
Competencia lingüística,
Fin de curso,
Obradoiro de cociña
10/06/16
Excursión a Barosa
O pasado 9 de xuño todo o colexio celebramos o remate do curso pasando o día nos muíños de Barosa na ribeira do río Agra no concello de Barro ( Pontevedra ). Os cursos de 4º, 5º e 6º compartimos case todas as actividades e por iso saímos xuntos en moitas fotos. O Picasa mostra unha selección delas. A propósito, pasámolo moi ben.
25/06/14
Últimos días de curso
Pouco antes de rematar o curso fomos a praia da Xunqueira:
Posamos en plan formal
E logo...tal como nos gusta.
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Fin de curso,
Saímos da escola
20/06/11
Despedida do colexio
Quintela, xuño 2011
Ola!:
Como este ano marchamos para o instituto, queríamos despedirnos de vós con esta carta. Estamos un pouco tristes por deixar este colexio; algúns de nós levamos aquí desde Infantil e cóstanos un pouco máis irnos.O 22 de xuño xa nos vamos; pero volveremos de visita ao final de cada trimestre para ver aos antigos profesores e compañeiros.
Pasámolo moi ben neste colexio,sobre todo nas excursións (especialmente a de Manzaneda), festas… Pero tamén houbo momentos malos: os castigos,as broncas, os suspensos… O bonito foi que fixemos moitas amizades, que a partir de agora esperamos que duren toda a vida.
Desexamos facer novos amigos e amigas no instituto. Tamén teremos novos profesores, que esperamos que nos caian tan ben como os de Quintela.
Algúns de nós choraremos un pouco cando nos vaiamos o último día; en cambio, outros estarán bastante felices. Animarémonos un pouco coa festa de fin de curso.
No instituto teremos que estudar máis e estar máis atentos aos profesores; sin embargo, non seremos os maiores coma agora no colexio.
Botarémosvos de menos.
Un bico e un abrazo moi forte de parte de Patri, Fabián, Sabela, Ilian e do resto de 6º.
CODA:
Estamos todos tristes
por ter que marchar.
Este último ano
foi moi especial,
todos pasaremos
a un curso máis
pois este curso
estudamos máis.
E para o curso que vén,
usaremos moito o Pen.
22/06/09
Últimos días: cociñando
Hoxe foi o último día de clase.
En todos os cursos fixemos tortillas coas patacas que collemos no horto escolar.
Os de quinto e sexto tiveron que axudar, pelando e cortando patacas, e batendo ovos.

(Fotos: Emma)
Despois os de terceiro ciclo fixeron unha festa na aula de sexto, con música.
Improvisaron un karaoke co ordenador , youtube, e uns altavoces.
As 12 e media foi todo o cole a aula de cultura, onde disfrutaron dunha actuación musical, que acabou con todos bailando nos pasillos do auditorio, e os profes no escenario.
Por último, volvemos a clase a recoller e despedirnos.
Despedímonos con unhas palabriñas, un abrazo colectivo, e moitos bicos.
Mañá será a entrega de notas.
Adiós curso de sexto!!!. Que teñades unha boa e feliz travesía.
Biquiños
Isa
Etiquetas:
Curso 2008-2009,
Fin de curso
Carta de despedida ao cole dos de sexto

Querido colexio:
Escribímosche esta carta para despedirnos, xa que o vindeiro curso imos ir ao instituto.
A maioría de nós levamos do cole dende que tiñamos tres anos.
No cole caímos, rímos, choramos, xogamos, medramos, pelexamos, aprendemos a perder (algúns,...), a compartir, as veces fomos castigados e outras premiados.
Non esquecemos cando en Infantil queríamos tirar abaixo a pedra grande coas nosas pás de plástico. Tampouco esquecemos cando, coa axuda das nosas profes, gañamos un premio e fomos as Illas Ons.
Todos os anos fixemos a famosa tortilla de patacas, e a canción de cada unha:
-Tortilla de María, que mola cada día.
-Tortilla de Antón, que mola mogollón.
-Tortilla de Maricarmen, que che da máis fame.
No cole creamos un blog da clase de sexto, e por culpa del tivemos que facer traballos extra, pero foi moi divertido.
Ademais participamos no deporte escolar. Unhas veces gañamos e outras perdemos, pero somos os mellores do mundo mundial na proba cultural.
Tamén imos botar de menos os ordenadores e sofás da biblioteca.
Quen nos diría a nós os días que non queríamos vir, que agora non quereríamos marchar!!!
Ainda que as veces había cousas do colexio que non nos gustaban, pensamos que é o mellor cole do mundo.
Alegrámonos de ter vido a este cole e de tervos coñecido a todos.
P. D. Tranquilos profes, que seguro que viremos darvos visitas.

16/06/09
Orla
Hoxe saimos ao patio para que o dire nos fixera as fotos para a orla de fin de Primaria.
Etiquetas:
Curso 2008-2009,
Fin de curso
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)