Amosando publicacións coa etiqueta Competencia no coñecemento e interación co mundo natural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia no coñecemento e interación co mundo natural. Amosar todas as publicacións

16/06/26

Aprende Moaña. Remo

 Hoxe, o alumnado de 5º e 6º gozou dunha xornada de remo enmarcada dentro do programa Aprende Moaña e a cargo da Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira. 

Coñeceron as instalacións, fixemos regata nos ergómetros, remamos no foso e tamén saímos ao mar en batel e traiñeiriña.

Grazas aos monitores do club de remo pola súa implicación.

26/01/25

Recollendo a colleita de laranxas

Os nenos e nenas de 6º de Primaria acompañaron ós de Infantil a recoller as laranxas das nosas laranxeiras. Aproveitamos o xoves, que fixo sol, para compartir eses momentos na natureza e ó aire libre. 
Tivemos moi boa colleita, agora toca facer moitos zumes, biscoitos, ...




 

04/02/24

As laranxeiras

 O alumnado de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 5º de Primaria recollimos as laranxas, aproveitando o bo tempo, das laranxeiras que temos no colexio. Tivemos unha fermosa xornada de convivencia!!!


25/10/21

Saída pola ribeira de Tirán de 5º e 6º

 O alumnado de 5º e 6º fixemos unha andaina desde o cole ata a praia de Tirán, visitando no camiño varios sitios importantes que ten o noso pobo. Os nenos e nenas de 6º documentaron a saída. Mirade que ben o fixeron!

13/06/21

5° coñece o deporte do remo coa visita ao Clube de Remo Tirán

O venres, os nenos e nenas de 5º tivemos unha xornada de remo da man de kevin, adestrador e remeiro no Clube de Remo Tirán. Contounos moitas cousas sobre este deporte e tamén ensinounos as instalacións coas que conta o clube. Ao final da xornada, tivemos a sorte de saír ao mar subidos nos bateis.

Como nos gustou!!!

Grazas Kevin por ensinarnos tantas cousas e grazas ao clube pola súa invitación.



08/06/21

Saída ao Monte Facho con 5º e 6º

 

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha saída ao monte do Facho (Cabo Home). Aprendemos sobre a historia das excavacións e tamén admiramos as fermosas vistas que nos permitiu o lugar.

Logo, merendamos e xogamos un pouco na praia de Liméns e de Santa Marta.

Estivo xenial!







20/03/21

SAÍDA A SAN MARTIÑO E Á CRUZ DA PARALAIA

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha andaina desde o cole ata San Martiño, donde fixemos a primeira parada, para continuar ata a Cruz da Paralaia, con descanso no Mirador do Leñador e no merendeiro que queda a medio camiño entre o monte aberto e a cruz.
Foi dura, pero valeu a pena!







 

14/03/21

XEOGRAFÍA CO ESCORNABOT EN 6°


O alumnado de 6º estivo traballando sobre o mapa de España co Escornabot. Fixemos un repaso das comunidades autónomas e provincias do noso país.


 

08/03/21

5º TRABALLA O ENTROIDO TRADICIONAL DE MEIRA A TRAVÉS DO CÓMIC

 

Como sabedes, os nenos e nenas de 5º recibiron unha charla por parte da Asociación Meiramar Axóuxeres na que lles falaron sobre o Entroido Tradicional de Meira. Agora, eles están a elaborar un resumo da información en formato cómic coa aplicación Strip Design e logo publicaranna nun tríptico. Xa veredes o resultado final!



12/01/21

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN EN 5°

 Os nenos e nenas están a facer un traballo de investigación sobre as plantas. A información está reflexada nun Libreoffice Impress feito nos seus ordenadores E-Dixgal. Estalles a quedar moi ben.






25/01/20

5º E 6º NO CROSS ZONAL


O pasado mércores 22 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria participaron no cross zonal de campo a través que se celebrou nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira. Queremos darlles os parabéns pola súa participación!



12/12/19

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. HOLOGRAMAS


Nesta ocasión, a sesión estivo dedicada á reprodución de hologramas. Tiveron que conseguir resolver unha serie de probas para obter a clave e abrir o kit de realidade aumentada e videoxogos e extraer del a pirámide holográfica para poder ver a imaxe en tres dimensións proxectada no aire.
Encantoulles!






















13/01/19

5º e 6º participan no cross zonal

O pasado venres día 11 deste mes, o alumnado de 5º e 6º curso participou no cross zonal celebrado nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira. Esta actividade está dentro do programa promovido pola Xunta de Galicia "Xogade", na modalidade de Campo a Través.
Aquí deixamos un resumo da xornada.


19/11/18

XOGOS POPULARES EN EDUCACIÓN FÍSICA. TROMPO

Estos últimos días de clase, previo ao magosto, estivemos aprendendo sobre xogos populares, entre eles, o trompo. Dásenos ben!!!


05/06/18

6º PRACTICA XAVELINA E VALADOS NAS PISTAS DA XUNQUEIRA

Onte, o alumnado de 6º curso estivo nas pistas de atletismo da Xunqueira practicando as distintas probas que van facer nas Olimpiadas do vindeiro sábado 9 de xuño. Lanzamos xavelina e practicamos valados(probas que non podemos practicar no cole por falta de espazo). Para saber sobre valados, estivo con nós Miguel Cortegoso, especialista na modalidade. Grazas Miguel polo que nos ensinaches.


19/04/18