Amosando publicacións coa etiqueta A froita en Quintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A froita en Quintela. Amosar todas as publicacións

26/05/20

Ciencias 5º E 6º

Está chegando o verán e nos mercados xa temos unha chea de froitas. 

Esta semana imos dedicar martes e mércores a traballar sobre estes alimentos.

Hoxe propoñémosvos que investiguedes sobre:
 "A MIÑA FROITA FAVORITA".

Podedes seguir este guión:
  1.  Nome da froita
  2. Nome científico da froita
  3. Lugar de procedencia ou orixe
  4. Lugares de cultivo
  5. Tamaño, cor, forma, sabor…
  6. De que temporada é 
  7. Propiedades ou beneficios que nos aporta ( vitaminas, hidratación, propiedades..)
  8. Cal é o aporte calórico da froita.
  9. Por qué é importante o consumo de froitas?



Tedes que facer o traballo nun documento de Word (Máximo 2 paginas). Tedes que adxuntar imaxes da froita, e poñer a bibliografía do traballo.
Recordade que existen máis lugares nos que buscar que a Wikipedia.

Enviade ao longo desta semana o documento os seguintes correos:

5º: terceirocicloenquintela@gmail.com

6º: cursodesexto@gmail.com


DIVERTÍDEVOS!!!!

11/06/19

6º FAI ESPETADA E MACEDONIA DE FROITAS COS SEUS AFILLADOS LECTORES DE 1º CURSO

Os nenos e nenas de primeiro fixeron macedonia e espetada de froita cos seus padriños e madriñas lectores de 6° curso, aproveitando as diversas froitas que degustamos no cole, dentro do Plan Proxecta: Aliméntate-ben.
Encantoulles!!





31/05/19

OBRADOIRO DE COCIÑA

Onte, os nenos/as de 5º de primaria cos nosos afillados/as lectores tivemos unha xornada de convivencia.
No colexio de Quintela dámoslle moita importancia á alimentación saudable, polo que todos os anos participamos no proxecto Aliméntate ben, dentro dos Plans Proxecta.
Esta semana e a que vén merendamos todos froita no cole e aproveitamos esta gran oportunidade para facer una obradoiro de froita, na que participamos as dúas clases, polo noso vínculo especial de ser padriños e afilllados lectores. 
Tivemos que facer unhas simpáticas figuras coa froita e outros ingredientes que utilizamos para decorar.
E, como non,  aproveitamos a visita para ler contos xuntos.
Foi moi divertido!!!






27/04/18

Les aliments

Na clase de francés en sexto curso démoslle vida aos alimentos. Primeiro foi a forma, despois a voz. Voilà le résultat!


20/04/18

Sexto e a semana da froita

Os nenos e nenas de 6º aproveitamos a semana da froita para facer marmelada de amorodo como recheo  dun rico biscoito. Decorámolo con chocolate, amorodos e nísperos.
Ademáis de pasalo ben, merendamos san.

13/04/18

En quinto curso encargamos a froita.

A partir do próximo luns imos ter as dúas semanas da froita. Na clase de matemáticas fixémoslle  unha enquisa a todos os nenos e nenas do noso cole para facer unha estatística das súas froitas favoritas.
Con eses resultados, chamamos á frutería. Estabamos un pouco nerviosos, pero encántanos xestionar cousas.

14/06/16

Estudo da froita en 5º

Despois das 3 semanas de comer froita no recreo fixemos un traballo sobre 19 froitas de tal xeito que cada neno e nena fixo o seu sobre unha froita e xuntamos 19 traballos. A continuación, fixemos reconto das propiedades de cada unha das froitas  e elaboramos dous diagramas coas vitaminas e minerais que nos aportan as froitas .
As froitas que estudamos foron: néspera, pera, melocotón, albaricoque, manga, piña, melón, sandía, plátano, mazá, laranxa, mandarina, kiwi, granada, amorodo, cereixa, paraguaio, nectarina e ameixa.










26/05/16

O arco da vella de 6º curso

Mirade que chulo quedou o arco da vella saudable que fixo o alumnado de 6º  curso.





19/05/16

Un arco da vella saudable en 6º curso

O día TICS desta semana estivo moi entretido. Fixemos un arco da vella co programa Paint, baixamos imaxes de froitas e vexetais  de internet e, coa PDI inserimos as imaxes de cada froita e vexetal nas cores do arco da vella según correspondía. Quedounos moi chulo! Aquí vos deixamos un resumo do traballo feito.


26/04/16

Semana da froita

Este luns empezamos a 1º das tres semanas da froita .
De luns a venres temos no cole distintas froitas para tomar nos recreos.
A semana da froita forma parte do proxecto do noso centro "Medrando sans con froita", que ten como obxectivo fomentar o seu consumo.
Este  proxecto está subvencionado pola  Consellería de agricultura.



Cadro de Giuseppe Arcimboldo ( 1527-1593) pintor italiano que facía retratos a partir de froitas, flores e plantas.

16/10/15

6º INVITA A 5º

Os nenos e nenas de 6º quixemos darlles a benvida aos compañeiros de 5º. Preparamos unhas saborosas brochetas de froita que parece que lles gustaron moito.
Aquí tedes unhas fotos.

11/06/15

Recollida de datos:3ª Semana da Froita

Na 3ª Semana da Froita en Quintela , os nenos e nenas de 5º de primaria recollemos datos dos gustos e as preferencias do alumnado. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado:

25/05/14

A semana da froita

Esta semana no cole vai estar dedicada á froita. Receitas de froita, froita na merenda,...
A froita é unha parte importante na historia da pintura.
Os cadros que representan distintos tipos de alimentos, froitas , flores,...chamanse "Bodegóns" ou "Natureza morta".
O bodegón é considerado unha arte menor, pero a maioría dos grandes pintores/as teñen o seu.
Velaí unha mostra:

28/04/14

A froita na pintura

Giuseppe Arcimboldo  (1527-1593) foi un pintor italiano famoso por reproducir o rostro humano con froitos e flores,
Despois de facer o obradoiro de froitas para os nenos e nenas de 6º, vemos que divertido pode ser deixar voar a imaxinación.


Para máis ideas artísticas, relacionadas coa froita, podemos consultar o libro "Que tal vexetal?"

06/04/14

Obradoiro de cociña

Como aos nenos e nenas de 5º curso nos gustou tanto a merenda que nos deron no súper Eroski a base de froitas, decidimos prepararlle unha para os nenos do 1º ciclo.
O outro día fomos a 2º curso. Previamente, na nosa clase pelamos e cortamos as froitas. Resultou moi ben, e os nenos de 2º comeron toda a froita,...e nós tamén:

15/03/14

Visitamos o súper

O luns pasado recibimos na biblioteca do cole unha charla sobre a alimentación. Foi unha actividade proposta por un supermercado, que incluía ademais unha visita ao mesmo, onde aprendemos moitas cousas.
Participamos os nenos e nenas de 4º e 5º curso.Gustounos moito: