Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-2023. Amosar todas as publicacións

27/06/23

Festeiros

 O alumnado de sexto fixemos un programa de radio chamado Festeiros onde explicamos distintas festas que se celebran en Galicia.







22/06/23

5° na exposición sobre o mar

Un par de representantes da aula de 5º de primaria, explicaron aos demáis compañeiros e compañeiras do cole o traballo que fixeron sobre o proxecto "O Mar". 

Fixéronno moi ben.


15/06/23

Acoso escolar

 Esta semana o alumnado de quinto e sexto recibimos unha charla sobre o acoso escolar. A charla foi impartida pola nosa compañeira Paula, xa que ela mesma viviu esa situación na ESO.

Leu unha carta moi emotiva e fixemos un debate onde sairon moitas cousas interesantes.

A conclusión a que chegamos e que nunca se debe calar, sempre temos que falar con alguen para evitar esa lacra social.




Xornada deportiva no cole de Tirán para 5° de primaria2023

 Onte, visitamos o cole de Tirán para ter unha xornada de convivencia co alumnado de 5° de primaria e facer actividades dentro do programa Xogade.

Xogamos ao baloncesto e ao brilé, fixemos a Milla da Curuxa co alumnado de primaria do cole, almorzamos e desfrutamos de tempo de lecer para coñecernos entre nós.

Fumos e voltamos andando e, como resumo, foi un día deportivo total!

<

14/06/23

Contos diversos

"Contos diversos" é un programa de radio que nace co obxectivo de transformar a biblioteca do CEIP Quintela nun espazo máis accesible e inclusivo. Para acadar este fin, algúns alumnos/as de 5º de EP gravaron algúns contos da biblioteca en formato audio.

13/06/23

Remo en 4°, 5° e 6° de primaria

 Hoxe, as nosas nenas e nenos desfrutaron dunha xornada de iniciación ao remo a cargo do Club de Remo Samertolameu de Meira

Viñeron con varios ergómetros e explicaronlles que é a alternativa que teñen para entrenar cando non poden saír ao mar por mal tempo, reman no ergómetro ou no foso. Fixeron unha demostración do seu funcionamento correcto e fixemos unhas mini regatas nas que nos divertimos moito.

Dicir que, entre os monitores que asistiron, tivemos o pracer de contar con Nacho, exalumno do cole e moi bo remeiro, que nos contou que rema  en batel, na traiñeiriña e traiñeira. Tamén nos deixou tocar e coller as distintas medallas acadadas en varios campionatos de España, o último este mesmo mes no peirao de Meira.

Toda unha sorpresa e alegría telo entre nós!

Grazas ao club e a Nacho pola visita!



12/06/23

A radio en 5º

O alumnado de 5º creou 5 programas de radio a través dos cales puidemos aprender a dificil colocación dos pronomes átonos. 
Tamén puidemos descubrir con eles interesantes propostas de lectura. 
 
O título dos nosos cinco programas é " Faladoiros- Faladeiros" ou o que ven sendo, un interesante lugar onde poder falar, algo que se nos da moi ben. 

Foi unha experiencia moi interesante.
Esperamos que vos guste.

Navega con rumbo

O venres tivemos unha charla sobre o uso seguro e os perigos en internet. Enterámonos de cousas moi interesantes que pensábamos que sabíamos e realmente non tiñamos ni idea. :)

09/06/23

Proxecto "O Mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







07/06/23

5º e 6º nas pistas de atletismo

 O alumnado de 5º e 6º estivo practicando nas pistas de atletismo as diversas probas que nas que van competir o sábado día 10, entre elas, a xavelina e o relevo, probas complexas para practicar no cole.


30/05/23

Excursión de sexto

Este é un breve resumo da nosa experiencia en Fervenza-aventura. Pasámolo xenial. Non queríamos volver ;)


E mentras no tempo libre algúns xogaban ao fútbol, outros dedicábanse a….








27/05/23

Festival Letras Galegas

5º de primaria: "A saia da Carolina"
6º de primaria: "Indiana Jones"
6º de primaria: "Nin rico, nin pobre"

21/05/23

Aprendemos a crear códigos QR na aula de 5°

 

Na aula de 5º estivemos aprendendo a crear códigos QR, xa que na exposición que imos facer sobre o proxecto "O mar" temos pensado colocar ditos códigos para enlazar uns videos que fixemos coa aplicación Stop Motion.

Resultou ser máis doado do que pensabamos!






15/05/23

As familias contan en Infantil

A pasada semana  dúas alumnas de quinto e sexto, Ela e Claudia, foron a cuarto de infantil, a aula das súas irmás, e contáronlles dúas historias moi divertidas:


 




   
MUITAS GRAZAS!





08/05/23

As familias contan en Infantil

Nas aulas de Infantil estanse recibindo visitas das familias para contar contos, e a semana pasada  foi Karla, de quinto, á clase do  seu irmán Mateo. Xunto coa súa madriña, narraron dúas bonitas historias, unha delas coa técnica do Kamishibai, que lles encantaron ás nenas e nenos.   

  


                                MOITAS GRAZAS! 

                    

05/05/23

XOGADE para 5º de primaria

 Hoxe, recibimos no cole ao alumnado de 5º de primaria do Ceip Tirán para desfrutar dunha xornada de actividades deportivas dentro do programa XOGADE.

Pasámolo moi ben e fixemos unha morea de amizades.

Grazas por visitarnos!

27/04/23

Saída a Coruña

Charla socioafectiva en sexto de primaria

 Hoxe tivemos unha charla socioafectiva organizada polo concello.

Foi moi interesante e aprendemos moito sobre as relacións coas outras persoas.




21/04/23

Pleno 20 de abril

 Onte houbo un Pleno no Concello.

Nel participaron nenos e nenas dos diferentes colexios e institutos de Moaña.

Tratáronse temas relacionados coas necesidades da infancia e adolescencia.

O noso colexio participou coas intervencións de Adriana e Martín, da clase de quinto, que lle deron voz ás demandas dos seus compañeiros e compañeiras.

O fixeron moi ben.




28/03/23

Mes da poesía

 Neste mes, tamén nas sesións de música, quixemos lembrar o afortunados e afortunadas que somos por ter a poesía e poder gozar dela.

Aquí temos unha poesía de Florencio Delgado, con música de Susa Herrera.


RESPOSTA A ROSALÍA

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Da grasia de Deus unxida.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Rulas que os loitos choran,

Galos na amañecida

Aires que tollen as mágoas

mozas pernas que rebrincan.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Frores na beira do río

Mar xogando coas ondiñas

ti cantache alborada

ó amerncer dun craro día.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Vos glorios da Galicia!

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Letra : Florencio Delgado

Música: Susa Herrera