Hoxe, as nosas nenas e nenos desfrutaron dunha xornada de iniciación ao remo a cargo do Club de Remo Samertolameu de Meira.
Viñeron con varios ergómetros e explicaronlles que é a alternativa que teñen para entrenar cando non poden saír ao mar por mal tempo, reman no ergómetro ou no foso. Fixeron unha demostración do seu funcionamento correcto e fixemos unhas mini regatas nas que nos divertimos moito.
Dicir que, entre os monitores que asistiron, tivemos o pracer de contar con Nacho, exalumno do cole e moi bo remeiro, que nos contou que rema en batel, na traiñeiriña e traiñeira. Tamén nos deixou tocar e coller as distintas medallas acadadas en varios campionatos de España, o último este mesmo mes no peirao de Meira.
Toda unha sorpresa e alegría telo entre nós!
Grazas ao club e a Nacho pola visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario