Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Abril mes dos libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Abril mes dos libros. Amosar todas as publicacións

30/04/26

Celebrando "O Día do Libro" cos compañeiros de educación Infantil de "O Con"

 O pasado 24 de abril celebramos o Día do Libro cunha fermosa actividade de convivencia entre 6º de Primaria e a escola de educación infantil "O Con".

Realizamos un apadriñamento lector, onde os maiores lles leron contos aos máis pequenos, compartindo historias e momentos moi especiais. Ademais, houbo un intercambio de cancións e e puxémoslle música coa guitarra de Txelu, a un conto que nos contou a todos e todas unha mestra de infantil  que encheu a xornada de ledicia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu gozar da lectura xuntos e aprender uns dos outros. Volveremos pronto!




28/04/26

23 de abril. Día do Libro

Os padriños e madriñas lectores desfrutaron dunha lectura mutua, de contos teatralizados e de momentos moi especiais na biblioteca.

23/04/25

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





22/04/24

6° visita a exposición de libros da biblioteca

Con motivo do Día do Libro, as distintas librarías de Moaña cédennos libros para facer unha exposición na biblioteca. O alumnado visita a biblioteca e, de todos os libros, elixe o que máis lle gusta. Anota os datos nun papel e, se queren, poden ir mercalo coas súas familias á libraría para incrementar as súas coleccións persoais.



27/04/20

Parabéns polos vosos vídeos

Encantounos volvervos a ver. Parabéns polos vosos vídeos:


23/04/20

Día do libro en 6º curso

Este ano queremos celebrar con moreas de lecturas o Día Mundial do Libro. Son as lecturas que chegan desde as casas onde permanecen illados os lectores e lectoras de bibliotecdocole.
Ánimo para todos e todas!!
Lecturas para conectarnos!!

DÍA DO LIBRO 5º

Os nenas e nenas de 5º de primaria queren recomendarvos as seguintes lecturas:



20/04/20

Día do libro en 5º e 6º

Esta semana , o   23 de abril, celébrase o día Internacional do libro.
Este curso temos que celebrar este día que tanto lle gusta a Paco desde as nosas casas, pero non imos deixar de facerlle chegar uhna morea de contos, para que saiba que seguimos lendo moito e que botamos de menos ir á biblio. 

Na tarefa de hoxe Paco quere encomendarche que envíes un pequeno vídeo duns 15 segundos como máximo, recomendando un conto aos teus compañeiros e compañeiras do cole. Debedes mandalo entre hoxe luns e mañá martes 21, para que teñamos tempo de montar o vídeo para o Día do Libro.


Para facelo, :
1.Debes escribir no teu caderno o que vas dicir, seguindo o guión que podes ver máis abaixo.
2.Despois terás que ensaiar, aprendendo de memoria a presentación.
3.Por último, a gravar!
4.Cando esteas satisfeito/a coa gravación, envíallo á titora, para compoñer un vídeo de toda a clase.
5. Os vídeos deden estar enviados o 22 de abril .
Saúdos de Paco!!



15/05/18

Os clubs de lectura de 5º e 6º recitan a Teijeiro

Os clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo,  recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queremos 
compartilos con vós. 

23/04/18

Os libros favoritos en quinto curso

O alumnado de quinto curso preparou este vídeo para contarvos cales son os seus libros favoritos.
Esta é a continuación:

O libro favorito en 6º


Idaira, Lucía, Helena, Isaac e Pedro cóntannos cal é o seu libro favorito e por que.


15/05/17

O libro favorito na clase de 5º

Ola a todos e a todas, a continuación  ensinámosvos unha breve exposición de cal é o noso libro favorito e cales son as razóns polas que nos gusta.


03/05/16

As familias contan

O venres, día 29 de abril, visitou a nosa biblioteca Astrid, unha estupenda contadora de contos en inglés, que ademais é a nai do noso compañeiro Samuel. Os nenos e nenas de 6º baixamos a escoitar dúas fermosas historias coas que quedamos encantados e queremos compartir estas fotos con todos vós.


28/04/16

Celebramos o Día do Libro

Este ano de celebración do Día Internacional do Libro é moi especial polo seu número: 400 anos da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Aprendemos que estes escritores morreron o mesmo día  e que por iso foi elexida esta data como celebración: 23 de abril. En clase de lingua castelá coñecemos algo da obra máis famosa de Cervantes:" Don Quijote de la Mancha" e decoramos a árbore das escaleiras cos noso traballos. As fotos son estas: 




23/04/16

Os nosos libros favoritos

Estos son os libros favoritos dos nenos e nenas de 6º, que queremos compartir con todos vós no "Día do Libro".

09/04/16

Visita de Ledicia Costas

O mércores, día 6 de abril, visitou o noso cole Ledicia Costas, a escritora de Escarlatina, a cociñeira defunta. Os nenos e nenas de 5º e 6º quedamos encantados coa súa visita. Estas son algunhas das nosas opinións.
Nerea de 6º opina: "Estas xuntanzas son ocasións únicas para coñecer persoas interesantes coma Ledicia". 
Xoana de 6º opina: "Pareceume unha persoa moi agradable e deume a impresión de que estaba moi a gusto con nós. Gardarei durante moito tempo as dedicatorias que nos fixo nas libretas xa que me parecen un recordo ben fermoso".

28/04/15

Dobraxe na escola

O día do libro tivemos unha actividade na biblioteca moi divertida: "Dobraxe na escola", un proxecto de Suso Pando e Manuel Pombal, subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña.
Tivemos que facer de dobradores dun capítulo de Bob Esponja. Aprendemos a encaixar as voces nas bocas dos personaxes. O resultado foi espectacular, e divertímonos un montón

28/04/14

A lenda de Hércules

Mañá  imos facer unha excursión á cidade da Coruña.
Hugo preparou a lenda de Hércules e contoullela aos compañeiros de 4º, 5º e 6º curso. E fíxoo moi ben. Gustounos moito a maneira de contalo e as vistosas ilustracións da lenda que nos mostrou. Parabéns Hugo!

30/04/09

Asi celebramos o mes dos libros

Esto é o que fixemos no cole este mes para celebrar que é o mes do libro:


  • Traballamos nunha miniquest que fixeron as nosas profes,e preparamos un power point sobre as celebracións deste mes
  • Tamén fixemos uns cartaces que imos convertir nun libro. Xa vos mostraremos as fotos cando esté rematado

  • Vimos a exposición das librerías de Moaña, na nosa biblioteca, e anotamos os libros que máis non interesaron.Tamén viñeron os pais e nais que quixeron a vela.

  • Escollemos dous libros para recomendar ao resto do colexio . Cada clase tiña que escoller un, pero nós non nos puxemos de acordo, e recomendamos dous: "Hai un chico en el baño de las chicas" e "Como cuidar un dragón".

  • Levamos un folleto as nosas familias con un plano e as normas e o funcionamento da nosa biblioteca. Ademáis Paula levou un diploma por ser a que máis libros levou en préstamo da nosa biblioteca.

  • Fumos ver ó teatro "Marco Polo"

  • Temos unha exposición de libros de paises do mundo, cos traballos que cada curso fixo sobre o país elexido.
  • As nosas familias tamén cubriron uns papeis de cores recomendando libros.
  • Os que somos membros , participamos na xuntanza do club de lectura do cole.
E agora toca Maio, mes das Letras galegas!!!
Xa estemos preparando unha obra de teatro. Xa vos contaremos
Por:
Curso de sexto