02/06/26
02/06/25
01/06/24
Actuacións Letras Galegas
5º de primaria: "Se chove"
27/05/23
Festival Letras Galegas
02/06/22
Festival das Letras Galegas
Aquí están as actuacións do festival das Letras Galegas dos nenos e nenas de 5º e 6º
En 5º, interpretaron con instrumentos de láminas unha adaptación do fragmento máis coñecido da Oda a alegría, da 9º sinfonía de Beethoven. Mirade que ben o fixeron! Traballaron moitísimo
Os nenos e nenas de 6º tocaron unha adaptación para orquesta escolar realizada pola profe de música María. Trátase da peza O son do ar, que se deu a coñecer polo grupo musical Luar na lubre. Quedou moi fermosa e traballamos moito na clase de música. Saiunos xenial!
En 6º, representaron tamén a obra de teatro Rebelión na granxa, unha adaptación da famosa obra de George Orwell, realizada pola profe Galicia.
21/05/21
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
Aquí vos deixamos as actuacións de 5º e 6º cursos.
5º PRIMARIA: CANCIÓN "VAI TU, VAI TU, VAI ELA"
16/05/20
¨Heiche contar un conto" 5º primaria
15/05/20
Adiviña , que para adiviñar é, un agasallo de 6º
04/05/20
Lingua Galega 6º
O 17 de Maio, Día da letras galegas xa está preto.
Non podemos ter festival, pero non queremos quedarnos sen escoitar as vosas voces. Sabendo que este ano erades protagonistas do Festival, ides deixarlles un agasallo a todos os nenas e nenos de cole.
Gravaredes un pequeno vídeo coa adiviña que vos corresponda segundo orde de lista na presentación seguinte ( primeiro aprenderédela de memoria e ensaiaredes a entonación):
Coas vosas gravacións montaremos un vídeo que deixaredes de agasallo ao resto do cole , para que xoguen ás adiviñas.
Lingua Galega 5º
Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero o 17 de maio está xa preto e non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando .
Gustaríanos que todas as clases compartisen un vídeo co resto do cole.
1.Practicade o recitado dos versos de Antón Cortizas "Heiche contar un conto",que vos enviou a vosa titora.
2. Escribídeo con letras bonitas nun folio decorado e gravade un pequeno vídeo.
3. Enviade o vídeo á vosa titora antes do 12 de maio, para participar xunto co resto da clase nun vídeo no que compartiredes co resto do cole os versos de Antón Cortizas.
Ánimos!!
18/04/18
16/06/17
BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES FEITA POLO ALUMNADO DE 5º CURSO
28/05/17
Festival Letras Galegas 2017
13/05/17
Contacontos IES Carlos Casares
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística no curso pasado.
Contáronnos un conto e xogamos a un trivial que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas !!
12/05/17
Unha visita en 5º divertida
27/04/17
08/06/16
Vídeos do Festival das Letras Galegas
Queremos dar grazas a Roberto, o paid e Aarón de 6º de Infantil, por gravar o evento e facelo tan ben!
29/05/16
Presentación do caderno e audiovisual sobre Manuel María
Poidemos ver neste traballo diferentes lugares e feitos importantes na vida de Manuel María: a súa casa natal, a librería Xistral, diferentes paisaxes galegos, visita ao Morrazo do autor...
Estas son algunhas das opinións do alumnado presente: A Hugo Calo pareceulle moi ben introducir no audiovisual poemas musicados do autor. Alex considera moi bonitas as fotos antigas que nos amosaron na presentación de diapositivas.
Grazas a Xesús e a Manuel por amosarnos o seu importante traballo.




