Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Os dereitos da Infancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Os dereitos da Infancia. Amosar todas as publicacións

09/12/25

OS DEREITOS DA INFANCIA

Na nosa escola celebramos o Día dos Dereitos da Infancia para lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar felices, seguros e respectados. Durante a xornada realizamos a actividade "Plantando dereitos" para coñecer mellor dereitos como a educación, a saúde, o xogo ou a igualdade.

Esta celebración axúdanos a reflexionar sobre a importancia de coidar uns dos outros e de construír unha comunidade onde cada rapaz e rapaza se sinta valorado. Defender os dereitos da infancia é garantir un futuro mellor para todos.





 

18/11/23

Pleno Infantil

 

Unha nena e un neno da aula de 5º foron os representantes do noso centro no Pleno Infantil que se celebrou no concello este pasado xoves para trasladar as súas peticións, ideas e suxerencias sobre as contornas seguras e para que a súa calidade de vida sea do mellor posible.

Este foi o paraugas que nos representou.





20/11/17

Día Internacional dos dereitos da infancia

Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Naclase de 5º curso buscamos os dereitos nos libros da biblioteca escolar e despois de falar sobre eles fixemos unha ilustración sobre algúns dos dereitos. Esta é a ilustración de Carla:

20/11/15

Día dos dereitos da infancia

Con este vídeo podemos reflexionar sobre o principio 3 dos dereitos da infancia:

20/11/13

Día internaciónal dos dereitos da Infancia

O 20 de novembro é o Día da Infancia, en recordo da aprobación pola ONU da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.
Este vídeo fala dun dos dereitos da Infancia: O dereito a ter un nome.



 Aquí tes unha presentación que che informa sobre cales son os dereitos da infancia:
E aquí un listado de recursos para traballar:

Recursos Dereitos da infancia do CEIP Víctor Sáenz

04/12/12

O noso vídeo sobre os dereitos da Infancia

Este é o vídeo que levamos a  Santiago, na celebración do Día dos Dereitos da Infancia:

18/11/12

Os xentilicios dos distintos países do mundo

O 20 de novembro conmemórase o día dos dereitos dos nenos e das nenas. O principio 3 fala do dereito a un nome e a unha nacionalidade. Nesta presentación podes consultar como se chaman os nenos e nenas dos distintos países do mundo:

20/11/08

Os dereitos da infancia

Estes son algúns dos debuxos que fixemos sobre os dereitos da Infancia.