Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto construímos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto construímos. Amosar todas as publicacións

04/12/15

Premio ao proxecto "Construímos"

Estamos moi contentos/as! 
O noso centro acada, unha vez máis, un premio ao seu traballo
Acaba de publicarse a resolución do II Concurso de traballos por proxectos impulsados dende a biblioteca escolar. O noso cole vén de ser premiado polo proxecto "Construimos" desenvolvido o curso pasado, e no que participou toda a comunidade educativa.

Esta é a publicación na páxina da xunta:

Resolución concurso proxectos 

Para ver parte do noso proxecto:

21/05/15

As pirámides

Cando fixemos as maquetas na clase de sexto, deixamos atrás as pirámides de Exipto. Por iso, na clase de matemáticas, cando traballamos os poliedros, decidimos facelas nós.

O plano de Madrid

No proxecto"Construímos" estivemos falando das cidades. Vimos que as zonas antigas das cidades teñen rúas estreitas e con formas e direccións irregulares. Pero as partes máis novas teñen rúas anchas  e con paralelas perfectas,
Para traballar en matemáticas, a profesora trouxo uns planos de Madrid, e localizamos rúas paralelas e penperdiculares. Tamén diagonais.
Pero,...o que máis nos gustou foi buscar cantas sucursais hai dunha coñecida cadea de hamburgueserías.


Maqueta dun pobo

Na clase de sexto seguimos coas maquetas. Esta vez é un pobo, coas rúas ben ordenadas.

Medimos espazos

Na clase de sexto estivemos aprendendo a calcular coas nosas zancadas para medir metros.para iso puxemos varias regras de 1 metro no chan, unha a continuación da outra. Segundo a lonxitude das nosas pernas vimos que algúns cunha zancada mediamos un metro, mentres que outros necesitabamos tres zancadas para medir dous metros.
Despois fomos á pista do colexio, a medir coas nosas zancadas o longo  e o ancho.
E fomos anotando nos nosos cadernos de investigación os datos obtidos.

 A continuación medimos a pista con cinta de medir.
Foi estupendo descubrir que os datos obtidos coas nosas zancadas eran moi parecidas á medida exacta.

14/05/15

Construímos maquetas

Seguindo co noso proxecto "Construímos", na clase de sexto curso,  fixemos maquetas de edificios famosos. Foi unha tarefa longa  e laboriosa. Complementamos o traballo con información sobre cada un . Aquí tedes unha mostra:


28/04/15

Saída ao castelo

O ratiño Paco, a mascota de biblioteca, pediunos que aprenderamos cousas sobres os castelos Os nenos e nenas de 5º e 6º lemos na revista Reportero Doc sobre a Idade Media e a vida nos castelos. E fomos ao castelo de Sobroso. O guía falounos da súa interesante historia, da función as distintas estancias, e dos distintos propietarios. Pasámolo moi ben.
 

02/03/15

Entroido en Quintela

No Entroido, nenos e nenas de 5º e 6º curso cantamos e bailamos a nosa copla, disfrazados de damas e cabaleiros:

26/01/15

As pontes na pintura

As pontes tamén teñen presencia na pintura:
"A ponte de Argenteuil" de Monet

"A ponte xaponesa" de Monet

"Fiesta popular bajo un puente" de Francisco de Goya

"A ponte de Europa" de Gustave Caillebote

24/11/14

Investigamos...as pontes

Despois de coñecer que é o que sabemos de arquitectura, recibimos unha nova carta do ratiño Paco cunha nova proposta : averiguar que pontes máis importantes ou curiosas hai no mundo.

Buscamos información sobre as pontes,na rede.  Despois montamos un gran mapamundi onde fomos sinalando as pontes que atopamos. Serviunos para repasar países e continentes.

21/11/14

O que sabemos de arquitectura en quinto curso

Esto é o mural que preparamos entre todos/as para o ratiño Paco:

Esto é o que sabemos da arquitectura en 6º curso

Na clase de sexto falamos de arquitectura. O ratiño Paco pedíunos que fixeramos un mural con todo o que sabemos do tema. Non podiamos preguntar , nin investigar, solo falar e entra todos cubrir os distintos apartados do tema. Así quedou o mural de sexto curso:


03/11/14

Paco quere saber...


Paco quere saber...!!
Parece que Paco estivo de viaxe polo mundo e atopou construcións do máis curiosas, murrallas, pontes, casas, castelos.
 Esta semana enviounos unha carta preguntándonos que sabemos de arquitectura.