Lemos en NATURA CURIOSA que algunhas serpes marinas simulan ter dúas cabezas para engañar aos enemigos
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2008-2009 b>. Amosar todas as publicacións

15/08/09
Serpe de dúas cabezas
Lemos en NATURA CURIOSA que algunhas serpes marinas simulan ter dúas cabezas para engañar aos enemigos
Etiquetas:
Ciencias da Natureza,
Curso 2008-2009
14/08/09
Un paseo por Moaña
Para Paula e Mara, que andan por Ourense:
Moaña
View more presentations from bibliotecadocole.
Etiquetas:
Aquí vivimos: Moaña,
Curso 2008-2009
30/07/09
Gacela xirafa
Coñecíades este animal? Chámase Gerenuk, a gacela xirafa.Vive en Africa, e ten ese cuello tan longo para poder alimentarse de plantas que están a diferente altura das consumidas habitualmente polas gacelas.
Si queres saber algo máis, en LA ALDEA IRREDUCTIBLE tedes máis información.
Etiquetas:
Ciencias da Natureza,
Curso 2008-2009
26/07/09
24/07/09
Misterio
10/07/09
Casas diferentes
Aquí tedes unha casa moi especial. Queres ver máis? Entra e verás.
Visto en Planeta curioso
03/07/09
30/06/09
O paxaro que imita a Michael Jackson
Nas selvas de Sudamérica vive un paxaro capaz de emular ao cantante recientemente desaparecido Michael Jackson. Non perdades o vídeo, que vemos en Fogonazos
29/06/09
Revista dixital
Seguiremos por aquí, para ensinaros algún xogo ou novidade importante na rede. Aquí tedes unha:
A Secretaría Xeral de política Lingüística edita a revista xuvenil de historietas Galimatías.Nela hai entrevistas, obradoiros para aprender a debuxar cómics, concursos,.. Non a perdades!!!

Curso 2008-2009,
Fomento da lectura
22/06/09
Últimos días: cociñando
Hoxe foi o último día de clase.
En todos os cursos fixemos tortillas coas patacas que collemos no horto escolar.
Os de quinto e sexto tiveron que axudar, pelando e cortando patacas, e batendo ovos.

(Fotos: Emma)
Despois os de terceiro ciclo fixeron unha festa na aula de sexto, con música.
Improvisaron un karaoke co ordenador , youtube, e uns altavoces.
As 12 e media foi todo o cole a aula de cultura, onde disfrutaron dunha actuación musical, que acabou con todos bailando nos pasillos do auditorio, e os profes no escenario.
Por último, volvemos a clase a recoller e despedirnos.
Despedímonos con unhas palabriñas, un abrazo colectivo, e moitos bicos.
Mañá será a entrega de notas.
Adiós curso de sexto!!!. Que teñades unha boa e feliz travesía.
Biquiños
Isa
Etiquetas:
Curso 2008-2009,
Fin de curso
Carta de despedida ao cole dos de sexto

Querido colexio:
Escribímosche esta carta para despedirnos, xa que o vindeiro curso imos ir ao instituto.
A maioría de nós levamos do cole dende que tiñamos tres anos.
No cole caímos, rímos, choramos, xogamos, medramos, pelexamos, aprendemos a perder (algúns,...), a compartir, as veces fomos castigados e outras premiados.
Non esquecemos cando en Infantil queríamos tirar abaixo a pedra grande coas nosas pás de plástico. Tampouco esquecemos cando, coa axuda das nosas profes, gañamos un premio e fomos as Illas Ons.
Todos os anos fixemos a famosa tortilla de patacas, e a canción de cada unha:
-Tortilla de María, que mola cada día.
-Tortilla de Antón, que mola mogollón.
-Tortilla de Maricarmen, que che da máis fame.
No cole creamos un blog da clase de sexto, e por culpa del tivemos que facer traballos extra, pero foi moi divertido.
Ademais participamos no deporte escolar. Unhas veces gañamos e outras perdemos, pero somos os mellores do mundo mundial na proba cultural.
Tamén imos botar de menos os ordenadores e sofás da biblioteca.
Quen nos diría a nós os días que non queríamos vir, que agora non quereríamos marchar!!!
Ainda que as veces había cousas do colexio que non nos gustaban, pensamos que é o mellor cole do mundo.
Alegrámonos de ter vido a este cole e de tervos coñecido a todos.
P. D. Tranquilos profes, que seguro que viremos darvos visitas.

Competencia lingüística,
Curso 2008-2009,
Fin de curso
21/06/09
O horto escolar
Este curso plantamos no horto escolar patacas e cebolas. As cebolas haberá que collelas en setembro, pero as patacas recollímolas hoxe.
Etiquetas:
Curso 2008-2009,
Proxecto: Voz Natura
Memoría TIC en sexto curso
Estos días os profesores preparamos as memorias TIC. Son por ciclos, pero aquí está a de sexto curso .Compartimos todas as actividades cos nosos compañeiros de ciclo, excepto as do blog. Foi un curso intenso!!!
TICS en sexto curso:
OrganizaciónPrimeiramente queremos comentar que dende o principio, e ó longo de todo o curso, fixemos fincapé nas normas para un uso ético da Internet, e dos blogues. Sempre que tivemos ocasión reflexionamos sobre esto, sinalando comportamentos pouco éticos, e mostrando a maneira correcta de proceder.
Cada alumno/a tiña unha subcarpeta onde anotaban as tarefas que íamos facer na aula informática. Nesta subcarpeta gardaron tamén os titoriais que se lles foi achegando ao longo do curso, ainda que a práctica foi o modo máis rápido de aprender.
Medios:
Tiñamos unha sesión semanal de 50 minutos na aula informática, que respectamos todo o curso, agás impedimentos por excursións, saídas, deporte escolar, etc.
Na aula contamos cun peint drive e cun ordenador portátil, que serviu para pasar a Word moitos traballos.Tamén tiñamos un canon dixital de maneira esporádica.
Non foi ata final de curso que poidemos ter unha pizarra blanca, wifi na aula, e o canon de vídeo de maneira permanente.
Os últimos días aproveitamola moito!!!:
1-Creación dun blogue: http://cursodesexto.blogspot.com
2-Aprender a manexar o blogue:
O curso foi moi intenso, pero ainda así vemos que nos quedou pendente o traballo con programas fotográficos para usos lúdicos, e adicarlle algo máis de tempo a facer películas.

- Subir entradas con hipenvínculos.
- Preparar e buscar fotos para subir.
- Subir vídeos.
- Facer montaxes e páxinas de Internet preparadas para eso, e subilas ao blogue.
- Subir as presentacións.
- Engadir gadgets e complementos no blogue.
- Facer enlaces a outras páxinas que nos interesan, ou nos gustan.
- Facerse seguidores de outros blogs.
Facer comentarios nos blogues do cole, e noutros blogues.
3.Creamos un correo electrónico para a clase, para enviarnos correos, material, etc.
4.Traballamos en Word textos, autoformas, planos,…para deseñar as normas de clase, o plano da súa habitación, carteis diversos, e redacción de traballos documentais para clase.
5.Aprenderon a facer presentacións tipo Power Point. Fíxose primeiramente un por parellas de tema libre, para aprender o manexo da ferramenta, (gatos, leóns, o demo de Tasmania,..) e logo un sobre Abril mes dos libros e outro sobre Darwin, ambos colectivos, e despois dunha busca documental. Todos están no blog de sexto.
6.Resolveron as tarefas dunha webquest e unha miniquest (“A paz”, do CEIP Mestre Martínez Alonso, e “Abril mes dos libros”, do noso cole)
7. Aprenderon a facer buscas para traballos documentais na rede: Sthepen Howkins, as sufraxistas, e Darwin (un por trimestre).
8. Fixeron fotografías dos compañeiros, da aula, do colexio, de diferentes actividades, das saídas,...etc. Coas fotos traballaron a maneira de recortalas, descargar peso, e cambiar tamaño.
9.Aprenderon a escanear fotos e debuxos, e preparalos para engadir en textos, subir ao blogue, imprimir en diferentes tamaños, recortar,...
10.Presentaron os seus blogues particulares ao resto da clase, sempre que cumpliran unhas normas mínimas de calidade.
11.Aprenderon a conectar, manexar e desconectar a pizarra dixital. Con ela traballaron xogos de xeografía, arte, lectura, lingua, lóxica…na súa maioría sacados de outros blogs ( ANB, Recanto de MiK
12. Traballaron co google maps para localizar diferentes lugares do concello, as súas casas, o colexio, …
13.Crearon na galipedia a entrada sobre o gaiteiro de Moaña, e ex-alumno do colexio, Iván Costa.
14. Leron e traballaron coa prensa en formato dixital.
15. Aprenderon e gravaron CDs. e DVDs.
16. Fixeron as actividades en soporte dixital sobre as letras galegas do Seminario Galán.
17. Aprenderon a gravar voces, para facer montaxe con elas, co programa de accesoriso de Windows.

18. Con fotos, música e voces gravadas aprenderon o uso de dous programas diferentes para facer películas: Movie Maker e Power Director.
19.Presentamos o seu blog, cursodesexto ao concurso de Edublogs, en categoría de blogs de aula, quedando finalistas.
CONCLUSIÓNS:
Faise un pouco difícil traballar cun horario tan forzado,(unha hora semanal na aula informática) por eso creemos que ter os medios na propia aula facilita moito máis a formación, sobre todo en actividades colectivas.
CONCLUSIÓNS:
Faise un pouco difícil traballar cun horario tan forzado,(unha hora semanal na aula informática) por eso creemos que ter os medios na propia aula facilita moito máis a formación, sobre todo en actividades colectivas.
O curso foi moi intenso, pero ainda así vemos que nos quedou pendente o traballo con programas fotográficos para usos lúdicos, e adicarlle algo máis de tempo a facer películas.
A actitude dos nenos e nenas foi altamente positiva,aprendendo con unha rapidez envidiable.
Vemos tamén o importantísimo que é estar ao seu lado para educalos nun uso ético das fontes documentais e da Internet.
Etiquetas:
Competencia dixital,
Curso 2008-2009,
Educación documental
Últimos días: editorial curso de sexto. Autobiografías.
Estos últimos días están sendo de moito traballo.
Cada alumno de sexto curso fixo unha autobiografía (seguindo unha maravillosa suxestión da nosa amiga Olga, da biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica ) con axuda das súas familias.
Coas autobiografías de todos, e un apéndice sobre como esperan ser dentro de 20 anos, fixeronse 13 exemplares, un para cada un deles, e outro para quedar no cole. Todo o traballo de impresión de fotos, cartelería, montaxe, etc fixeronno os propios nenos e nenas de sexto. Durante unha mañá a aula de sexto foi un obradoiro. Ides velos en plena edición:
Fotos:
Juan e Adrián

6º de Primaria,
Curso 2008-2009,
Educación documental
16/06/09
Orla
Hoxe saimos ao patio para que o dire nos fixera as fotos para a orla de fin de Primaria.
Etiquetas:
Curso 2008-2009,
Fin de curso
11/06/09
O Instituto
A semana pasada , antes de sair de viaxe a Manzaneda, visitáronnos Rosa e Sira, profes do IES A Paralaia.
Viñeronnos contar como é o instituto, e a responder as preguntas que os nenos e nenas de sexto lles fixeron. Estas son algunhas:
Como son os recreos, si se pode ir ao baño no medio das clases, como é a biblioteca, e si ten mascota, novidades e ordenadores, onde se colle o autobús,...
O luns fomos ao instituto. Acompanáronnos Luis, o director do noso cole, e Celia, a nosa orientadora. Fomos en autobús cos de sexto dos coles de Tirán e Abelendo, e alí atopámonos cos do cole de Seara, que foron andando, porque o seu cole está cerca do instituto.
Gústoulles moito volver a verse despois da excursión.
No instituto nos esperaban o director, e Moncho e Rosa.
O director dixolle aos nenos e nenas de sexto que agora eran uns nenos, pero que tiñan que facerse maiores no verán para chegar ao instituto maiores.
Eles escoitaron con moita atención, e creo que desa visita xa sairon un pouco máis maiores.
Acompañounos Rosa no recorrido. Os nenos queren que o vindeiro curso lles dé clase, pero xa se verá.
Deixovos coas fotos da visita,..

Por:
Isa.
Etiquetas:
Adaptación ao instituto,
Curso 2008-2009
09/06/09
08/06/09
A nosa viaxe
A semana pasada fomos de viaxe a Manzaneda.Estivemos moito tempo no autobús, ainda que paramos a merendar en Ribadavia. No autobús facía un calor horrible, pero pasámolo ben.
O primeiro día deixamos a maletas nos apartamentos e curióseamos. Despois fixemos xogos predeportivos, merendamos e fixemos senderismo con Patri, unha monitora moi graciosa.
Pola noite fomos á discoteca, todos moi elegantes.
Ao volver da disco púxemonos o pixama. As tres da maña Paula ainda estaba desperta, falando, saltando nas camas, maquillandose, ..ata que quedou durmida. E ás dúas horas xa estaba desperta (5,30 da mañá).
O segundo día fixemos aula da natureza, montamos a cabalo, fomos á piscina, e a supervivencia.
Pola noite, despois de cear fomos á velada, pero antes de que acabara volvemos ir á discoteca.
Ao volver aos apartamentos, Helena, Emma e Paula puxeronse a cantar, e Mara e Laura meterónse no trasteiro para non escoitalas.
O último día montamos en Karts ( algúns eran uns kamikaces), fixemos tiro con arco (ninguén deu no centro) e escalada (eran 18 metros de altura, e algúns repetimos)
Despois de xantar, volvemos a casa.(apretados)
Por:
Dani, Lois, Laura

Saímos da escola
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)