Amosando publicacións coa etiqueta Competencia científica e tecnolóxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia científica e tecnolóxica. Amosar todas as publicacións

19/11/25

Charla de "Comunidades en liña"

O mércores 5 de novembro e o martes 18, as alumnas e alumnos de 6º de primaria recibiron unha formación sobre "Comunidades en liña". Unha actividade impartida por ÉRGUETE onde nos explicaron os diferentes tipos de acoso que podemos ter na rede, a dependencia que crea o mal uso da tecnoloxía e a privacidade e coidado que temos que ter coas redes sociais. Interesante!!

22/11/16

5º investiga sobre as plantas para xerar códigos QR

O alumnado de 5º curso estivo investigando sobre as plantas. O obxectivo é aprender máis sobre as plantas que nos rodean e facer códigos QR para despois poñer uns paneis informativos no pé de cada planta do colexio e, coa aplicación correspondente, acceder á información que os nenos e nenas plasmaron nunhas fichas elaboradas nas sesións Tic's e subidas ao blog do curso deles.