Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega. Amosar todas as publicacións

10/06/20

Lingua 5º

Os Bandiden. 



A tarefa de hoxe está referida o libro de lectura "Os Bandiden".
Tedes que completar a ficha do libro que vos envio no correo electrónico.

Completádela no documento de Word e unha vez rematado, adxuntades o documento no correo electrónico.






27/03/20

Recordatorio

Para os menos/as de 5º:


Recordade enviar unha foto ou unha imaxe do poema de Lingua sobre a primavera.



07/02/18

Taller de disfraces en 5º

A clase de 5º axudou a rematar o disfraz ao alumnado de 3º. Foron por grupos de dous e tres á clase de 3º para ensinarlles a pegar as cruces vermellas e brancas.
Moitísimas grazas pola axuda clase de 5º.












18/04/17

Clases de xadrez

O alumnado de 5º e 6º curso que practica xadrez no recreo continúa ensinando aos compañeiros. Segue axudando á clase de 4º de primaria unha vez á semana ( ver entrada en febreiro ) e tamén ao resto da clase de 6º de Primaria. Estes quedaron con ganas de seguir.






22/12/16

Pan de landras en 6º

Na última semana deste trimestre que remata tivemos unha actividade moi divertida: un obradoiro de pan. Pero un pan moi especial: pan de landras.
Unha panadeira ecolóxica, chamada Ruth, ensinounos como fai o pan de landras. Resultou ser unha mestra moi agradable e eficaz. Ademais deunos a probar un cacho de pan a cada un de nós que xa traía feito da súa casa porque o pan de landras tarda moito en cocer e non tiñamos tempo nin forno. A propósito, o pan estaba boísimo.

Como mostra fixemos un vídeo coas fotos.



Como mostra fixemos un video.



01/11/16

Aprendemos a cociñar en 6º

En 6º, na clase de Ciencias Naturais, aprendemos que a ciencia e a cociña están moi relacionadas. Preparamos un exemplo de masa homoxénea e outro de masa heteroxénea: un biscoito e unha macedonia.

14/06/16

Estudo da froita en 5º

Despois das 3 semanas de comer froita no recreo fixemos un traballo sobre 19 froitas de tal xeito que cada neno e nena fixo o seu sobre unha froita e xuntamos 19 traballos. A continuación, fixemos reconto das propiedades de cada unha das froitas  e elaboramos dous diagramas coas vitaminas e minerais que nos aportan as froitas .
As froitas que estudamos foron: néspera, pera, melocotón, albaricoque, manga, piña, melón, sandía, plátano, mazá, laranxa, mandarina, kiwi, granada, amorodo, cereixa, paraguaio, nectarina e ameixa.










24/04/09

Poemas visuais

Os nenos e nenas de Infantil están traballando os poemas visuais. Nós imos intentalo, pero empezaremos polos caligramas.

Aquí tedes un de exemplo. Pulsade nel para entrar nunha páxina onde podemos aprender máis.



Poemas visuais

Os nenos e nenas de Infantil están traballando os poemas visuais. Nós imos intentalo, pero empezaremos polos caligramas.

Aquí tedes un de exemplo. Pulsade nel para entrar nunha páxina onde podemos aprender máis.