Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Meteoquintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Meteoquintela. Amosar todas as publicacións

27/01/23

Refráns de xaneiro

A clase de 5° recompilamos refráns relacionados co mes de xaneiro. 

Podedes lelos no taboleiro de Meteoquintela.





28/09/22

Visita á estación meteorolóxica do colexio

 Hoxe , as clases de 5º e 6º visitamos a caseta de meteoroloxía onde puidemos consultar a temperatura máxima, a mínima e a temperatura actual.


Tamén observamos o pluviómetro que serve para recoller e medir a auga da choiva.




17/12/18

Meteoquintela en 6º curso

Un ano máis traballamos no proxecto de Meteoquintela observando o tempo meteorolóxico cada mañá. Imos á nosa estación meteorolóxica,  recollemos os datos, anotámolos na plantilla da semana e logo, na pizarra do corredor de abaixo.






19/03/18

Concerto de saxo na escola

O dia 13 de martes tivemos o concerto didáctico organizado polo CCMUS ( Centro Creativo Musical) en colaboración coa Diputación de Pontevedra.

Este concerto forma parte do programa  da Concellería de Ensino de Moaña "MÚSICA NA ESCOLA".

01/03/18

Un día de Meteoquintela

Como todas as mañás o alumnado de 6º ensina e  axuda aos demais a recoller os datos meteorolóxicos do día. Hoxe están con Iago e Aldara de 4º.








17/01/18

Climogramas en quinto curso

Na clase de quinto facemos cada mes un climograma cos datos que recollen os nosos compañeiros e compañeiras de sexto curso . Os primeiros foron moi difíciles de facer, pero agora sáennos moi ben!



17/12/16

METEOQUINTELA

O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía, 
Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na  escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas  a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro. 
Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...





                                         






29/11/16

6º e a metereoloxía

O alumnado de 6º curso é o encargado de introducir os datos que se recollen da estación metereolóxica na páxina de MeteoGalicia.
Estalles a gustar moito!!




04/04/16

Meteoquintela en 5º 2ª parte

Ademais da recollida de datos meteorolóxicos estamos traballando na elaboración de climogramas cos datos da temperatura máxima e das precipitacións de cada mes. Temos rematado o climograma do mes de febreiro que nos deu moito traballo e agora xa faremos o de marzo con máis rapidez. Nas fotos veredes como traballamos.

CLIMOGRAMA   DO   MES   FEBREIRO



03/04/16

Meteoquintela en 5º 1ª parte

Dentro do Proxecto Meteoquintela á clase de 5º tocounos recoller os datos meteorolóxicos do mes de marzo. Todas as mañás, arredor das 9 e cuarto, baixabamos de 3 en 3 á estación meteorolóxica, anotábamos na plantilla da semana os datos da temperatura, do pluviómetro e do estado do ceo e do chan. A continuación, cubriamos o cartel do corredor para que quedaran expostos durante todo o día. O último día, informamos á clase de 4º de como se facía porque agora serán eles os encargados e así fixera con nós a clase de 6º. As fotos ilustran un pouco :



01/02/16

METEOQUINTELA



Con este proxecto, o alumnado desenvolverá competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación metereolóxica que temos instalada no noso centro, que consta dun termómetro e dun pluviómetro.



Diariamente, o alumnado do centro, por turnos (este mes tócalle aos maiores do cole),anotará a chuvia recollida, a temperatura máxima, mínima e actual, e anotarán estes datos  na entrada do colexio, nun taboleiro, para que así todo o alumnado poida consultar eses datos e traballar logo nas diferentes aulas.



Estes datos  permitirán obter unha serie de datos estatísticos como a temperatura máxima do mes, cal foi o día que máis choveu, canto se recolleu, cantos días de sol tivemos,..

Xa vos iremos contando como vai a nosa investigación!