Amosando publicacións coa etiqueta Olimpíada Escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Olimpíada Escolar. Amosar todas as publicacións

29/05/24

Practicamos as probas da Olimpiada

 Os nenos e nenas de 6° baixamos ata as pistas de atletismo para practicar as distintas probas que faremos na Olimpíada, entre elas a xavelina.





05/06/18

6º PRACTICA XAVELINA E VALADOS NAS PISTAS DA XUNQUEIRA

Onte, o alumnado de 6º curso estivo nas pistas de atletismo da Xunqueira practicando as distintas probas que van facer nas Olimpiadas do vindeiro sábado 9 de xuño. Lanzamos xavelina e practicamos valados(probas que non podemos practicar no cole por falta de espazo). Para saber sobre valados, estivo con nós Miguel Cortegoso, especialista na modalidade. Grazas Miguel polo que nos ensinaches.


10/06/17

6º PRACTICA O LANZAMENTO DE XAVELINA NAS PISTAS DE ATLETISMO DA XUNQUEIRA

Os nenos e nenas de 6º curso estivemos onte nas pistas de atletismo da Xunqueira para practicar as distintas probas nas que imos participar na Olimpíada e, sobre todo, para coñecer o lanzamento de xavelina, que só se fai en 6º de primaria.
Temos unha xavelina igualiña a que utilizan na competición e, gustounos moitísimo lanzar!!!! Pasámolo xenial!!!!




31/05/16

Olimpíada Escolar

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!