Amosando publicacións coa etiqueta Competencia artística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia artística. Amosar todas as publicacións

07/05/26

Desafío CanSat en 5º de primaria

Este curso académico, o alumnado de 5º participou no desafío CanSat. É unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) que reta o alumnado de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. 

Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para o alumnado é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite (xerador de enerxía, sensores e sistema de comunicación) dentro deste espazo tan reducido. Ademais, cómpre sempre deseñar un sistema de descenso en forma de paracaídas.

Na fase rexional en Galicia, o CanSat elévase dentro dun dron, dentro dun habitáculo específico xunto aos CanSats doutros equipos, sendo liberado en altitude para comezar a misión primaria. Na rápida caída realízase un experimento científico, analizando posteriormente os datos de presión e temperatura e humidade recompilados.

Aquí vos deixamos un video resumo de todo o traballo realizado.

Parabéns polo excelente traballo!


08/03/26

E-Textís con Paola Guimeráns

 Paola Guimeráns estivo no cole unha vez máis para ensinarlle ao alumnado cal é a súa profesión e traballar con eles o tema dos circuitos eléctricos.

Deseñaron un personaxe a partir dun led e uns ollos. Coseron o led, debuxaron o personaxe e logo crearon unha historia que contaron posteriormente aos demáis compañeiros e compañeiras. 

Quedaron traballos moi fermosos.

Grazas Paola. Un pracer contar contigo!

21/01/26

RadioQuintela. Entrevista a Damián Alonso, actor de dobraxe.

O 14 de xaneiro,
RadioQuintela contou coa visita de Damian Alonso, actor de dobraxe e formador en radio escolar. Durante a entrevista, o alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun actor de voz e todo o que hai detrás dun micrófono.

Damian destacou a importancia da radio como ferramenta educativa, que axuda a mellorar a expresión oral, a creatividade e a confianza do alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os alumnos de 4º de primara. que animou a seguir aprendendo e facendo radio na escola.

Entrevista realizada por alumnas de 6º de primaria (Antía Núñez, Noela, Irene, Mara e Lucía)



20/01/26

Saída a Santiago de Compostela

 O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º visitou Santiago de Compostela

Achegámonos ao Parlamento de Galicia, onde coñecemos o seu funcionamento, e subimos aos tellados da Catedral, gozando das vistas e aprendendo sobre a súa historia. Foi unha saída moi interesante e enriquecedora.



 

17/12/25

Programación do último día de clase

Aquí temos os carteis coa programación das distintas actividades do venres 19 realizada polo alumnado de 3º de primaria.

Está todo moi ben explicadiño!





16/12/25

Visita moi especial a AFAMO

 O alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi bonita e emotiva coa súa visita ao Centro de Día AFAMO.

Nos días previos, na aula preparamos con moita ilusión unha manualidade para regalar ás persoas usuarias do centro. Cada detalle foi feito con agarimo, coa intención de compartir un momento especial e sacarlles un sorriso.

O día da visita, fomos recibidos con moita amabilidade e alegría. Despois de entregar os agasallos, cantamos varios panxoliñas, enchendo o centro de música, aplausos e espírito de Nadal. 

Esta actividade axudounos a aprender valores tan importantes como a solidariedade, o respecto e a empatía, e tamén a comprender que pequenos xestos poden facer moi felices ás demais persoas.

Que teñades un. bo Nadal, AFAMO.








18/02/25

6º e a cortadora láser

  Na biblioteca temos unha máquina que chama moito a atención do alumnado e fai que pregunten cousas sobre ela. É unha cortadora láser que poucos coñecen o seu uso.

Estes días, o alumnado de 6º de primaria estivo fedellando con ela e co programa de deseño. Cortamos fieltro e DM. 

Gustoulles moito!





07/02/25

Obradoiro de títeres en 5º e 6º de primaria


O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria gozamos dun marabilloso obradoiro da man de Ton Arenas, quen nos amosou todo o proceso para deseñar e crear  o noso propio títere de cartón. Despois, démoslle voz e representamos pequenas escenas teatrais deixando voar a nosa imaxinación.


28/01/25

Deseñamos un Paco para imprimir en 3D na aula de 6º

 O alumnado de 6º de primaria estivo deseñando na aplicación Doodle 3D a Paco, a nosa mascota da biblioteca, para que o alumnado voluntario de colaborar nos recreos na garda de biblioteca poidan levalo colgado para identificarse como axudantes.

Quedáronlles moi fermosos!

15/05/24

5º nos recantos maker da biblioteca

Onte, pasámolo moi ben argallando co Zowi, xogando cos ratos robot, coas Osmo e tamén co Turttles.





21/03/24

DigiCraft no teu cole. Creamos e programamos un robot

 As nenas e nenos de 5º creamos un robot cos elementos do Zum Kit Junior. A continuación programamos con bitbloq unha serie de accións (soar unha música cando o multisensor detecta movemento, acender un led...).

Foi moi entretida esta actividade.



25/02/24

DigiCraft no teu cole. Programamos un coche con Bitbloq

 Nestas últimas dúas sesións, o alumnado elaborou a carcasa dun coche para, a continuación, colocala sobre a placa Zum Kit. A programación consistiu en, no momento que presionamos o pulsador, as rodas tiñan que virar e, cando deixabamos de pulsar, as rodas deixaban de virar.

Gustounos moito!


09/06/23

Proxecto "O Mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







05/05/23

DigiCraft no teu cole. Quick, Draw! e Witeboard en 5º e 6º de primaria

 Na aula de 5º estivemos traballando e comprendendo como funciona unha intelixencia artificial a través da aplicación Witeboard e Quick, Draw!

Conectamos todos os ordenadores á misma pizarra e, dándonos pistas, debuxabamos o que nos dicían e intentabamos adiviñar o obxecto. Logo, coa aplicación Quick, Draw! debuxabamos en 20" o elemento que nos pedían mentres a aplicación intentaba adiviñar o noso debuxo.

Foi moi divertido!

03/03/23

DigiCraft no teu cole. Placas Makey Makey en 5° e 6°

As nenas e nenos de 5º e 6º crearon un circuito de mini-golf con obstáculos e unha meta. Programaron con Scratch os diferentes sons que producirían a meta e os obstáculos en caso de tocalos coa bola de xogo e, logo de conectar as placas makey makey, xogaron.

Foi moi entretido e divertido colaborar e traballar en equipo para conseguir que as placas funcionasen.



04/02/23

DigiCraft no teu cole. Linguaxe de programación e intelixencia artificial en 5° e 6°

 Nestas sesións de DigiCraft PC, o alumnado investigou sobre os tipos de robot que existen e como funcionan, e dicir, como funciona unha intelixencia artificial para axudarmos no noso día a día.

Logo, construiron o tipo de robot que lles tocou (asistencial, doméstico, de exploración, aéreo ou de vixiancia) con material de refugallo para, a continuación xogar no taboleiro con eles programando os seus movementos con cartas ou escribíndoos nun papel e así conseguir levalos a un punto determinado para recoller un obxecto.

Foi moi divertido!

11/01/23

Os nenos e nenas de 6º axudamos aos peques de 1º de primaria a facer a postal de Nadal

 Que postais para felicitar o Nadal tan fermosas fixeron os nenos e nenas de 1° coa axuda dos maiores do cole, os nenos e nenas de 6° de primaria. Que pracer volver compartir momentos…



23/12/22

Panxoliña para os Reis Magos de 5° e 6°

 Que ben cantaron, tocaron e bailaron as nenas e nenos de 5º e 6º para os Reis Magos, que quedaron moi contentos e déronlles agasallos e caramelos.






22/12/22

6º visita AFAMO

 Que fermosa panxoliña cantaron os nenos e nenas de 6º de primaria aos maiores do centro de día AFAMO. Tocaron os seus propios instrumentos. Fermoso momento...

Postais Nadal de 5º e 6º de primaria

 O alumnado de 5º elaborou unhas fermosas postais coa aplicación Tux Paint e o alumnado de 6º coa aplicación Canva. Todos e todas queren desexarvos un Bo Nadal.