Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: o mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: o mar. Amosar todas as publicacións

22/06/23

5° na exposición sobre o mar

Un par de representantes da aula de 5º de primaria, explicaron aos demáis compañeiros e compañeiras do cole o traballo que fixeron sobre o proxecto "O Mar". 

Fixéronno moi ben.


09/06/23

Proxecto "O Mar" en 5º de primaria

 O alumnado de 5º estivo traballando moitísimo sobre a proposta que lle fixo a mascota da biblioteca Paco sobre o proxecto "O mar".

Investigaron sobre as illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Gravaron na radio distinta información sobre Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada e, enlazaron esa información coas Makey Makey programando con Scratch nas maquetas que elaboraron.

Un inmenso traballo que deu un fermoso resultado.

Parabéns!







12/06/13

5º curso responde ao rato Paco

Como todos sabedes, este ano estamos traballando sobre o mar. A mascota da biblioteca, o ratiño Paco, preguntoulle aos nenos e nenas de 5º curso as causas máis importantes de contaminación no mar. Os alumnos e alumnas estiveron investigando e fixeron un pequeno audiovisual para responderlle.



05/03/13

Queridos nenos e nenas de sexto


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  QUÉ ORGANIZACIÓNS ECOLOXISTAS DEFENDEN O MAR? CALES FORON AS SÚAS CAMPAÑAS MÁIS COÑECIDAS?


01/03/13

Queridos nenos e nenas de quinto


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  QUÉ PERIGOS, RELACIONADOS COA CONTAMINACIÓN, SOFRE O MAR?



14/02/13

Postres piratas

Nunca os piratas probaron uns doces tan bós como os que nos preparou Suso o pai da nosa compañeira Leticia. Mmmmmmmmmm que ricos!

01/11/12

Mira as fotografías

No cole temos unha exposición de fotografías. Que será ? Hai que mirar e ler:

Ola nenos e nenas. Gustouvos a exposición?


GUSTARÍAME QUE REDACTARADES UNHA NOTICIA CO TITULAR E O CORPO  SOBRE O DESASTRE DO PRESTIGE.

LEMBRADE QUE PARA SER UN BO XORNALISTA HAI QUE INCLUIR NA INFORMACIÓN  :

·      QUÉ SUCEDEU
·      QUEN FOI O PROTAGONISTA
·      COMO SUCEDEU
·      CANDO SUCEDEU
·      POR QUE SUCEDEU
·      ONDE SUCEDEU

Moitos bicos