Amosando publicacións coa etiqueta RadioQuintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RadioQuintela. Amosar todas as publicacións

24/03/26

Radio en directo. Radiocebola

Hoxe tocou facer un programa de radio en directo. Fixéronno Radiocebola, formado por Antía Núñez, Mara, Lucía, Irene e Noela. Todas unhas expertas! Escoitámolas? 

Disfrutádeas!


13/02/26

Día da Radio

Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o Día da Radio, un medio que nos informa, nos acompaña e nos fai imaxinar historias só coa forza das palabras e dos sons. E en 6º de primaria non podiamos deixar pasar esta ocasión para celebralo.

Aínda que hoxe non puidemos celebrar o Entroido polo mal tempo, non deixamos que iso nos quite a alegría. Cambiamos o disfrace de espantallos polos micrófonos e demostramos que en Quintela sempre hai algo que celebrar.

Aquí vos deixamos o programa "improvisado" para celebrar o día da radio. Nos micrófonos estiveron Lucía, Martín, Emma e Enzo, convertidos en auténticos locutores e locutoras. E no control de son, facendo maxia cos botóns e a música, estivo Hugo.

Porque cando se acende un micrófono… comeza a maxia da radio! 

Viva a Radio!



21/01/26

RadioQuintela. Entrevista a Damián Alonso, actor de dobraxe.

O 14 de xaneiro,
RadioQuintela contou coa visita de Damian Alonso, actor de dobraxe e formador en radio escolar. Durante a entrevista, o alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun actor de voz e todo o que hai detrás dun micrófono.

Damian destacou a importancia da radio como ferramenta educativa, que axuda a mellorar a expresión oral, a creatividade e a confianza do alumnado. Foi unha experiencia moi enriquecedora para os alumnos de 4º de primara. que animou a seguir aprendendo e facendo radio na escola.

Entrevista realizada por alumnas de 6º de primaria (Antía Núñez, Noela, Irene, Mara e Lucía)



18/12/25

Radio Escolar en Directo Nadal

Hoxe vivimos un momento moi especial no CEIP Quintela, xa que se realizou o primeiro programa de radio en directo do colexio (RadioQuintela). Foi unha experiencia moi ilusionante que marca o inicio dun novo proxecto de comunicación escolar.

Durante o programa falouse das actividades que se están a levar a cabo no centro con motivo do Nadal, compartindo con toda a comunidade educativa o ambiente festivo que se vive estes días no colexio.

Os encargados de estrear esta iniciativa foron os alumnos Rubén, Emma, Daniela e Mario, que participaron con moita ilusión, responsabilidade e entusiasmo, demostrando un gran traballo en equipo e unhas excelentes habilidades comunicativas.

Agardamos que sexa a primeira de moitas!




 

26/02/25

Entrevista a Rosalía de Castro

 Benvidos e benvidas a un novo programa de "RadioQuintela". Hoxe temos un programa onde exploramos o mundo fascinante dos libros, os autores e as historias. Falaremos cunha das escritoras máis importantes da nosa literatura galega para conmemorar o seu nacemento fai 179 anos, hoxe, estará con nos: Rosalía de Castro!



13/02/25

Día Mundial da Radio

 


Hoxe, como non podía ser doutra forma, no CEIP Quintela, celebramos o día Mundial da Radio cunha pequena homenaxe a este medio de comunicación tan importante e que nos cambiou a vida a todas e todos nós. A por moitos anos máis! 


30/01/25

Entrevista polo Día da Paz a GaliClown

Polo Día da Paz, o colexio de Quintela, recibiu unha visita moi especial: os voluntarios de GaliClown. Rimos coa súa actuación e contáronnos cal é súa labor no hospital. Invitámosvos a escoitar esta entrevista que lles fixo o alumnado de 5º de primaria.

17/11/24

Obradoiro de radio na aula de 5°

 

 O venres tivemos o pracer de contar no cole con Damián Alonso, que nos ensinou moitas cousas sobre o mundo da radio (intensidade da voz, tono, volume, indicacións sobre cómo dar paso á voz ou á música cando gravamos…). Ensinounos a facer un guión e, por parellas, gravamos o noso podcast.

Grazas Damián, aprendemos moito!

27/06/23

Festeiros

 O alumnado de sexto fixemos un programa de radio chamado Festeiros onde explicamos distintas festas que se celebran en Galicia.







14/06/23

Contos diversos

"Contos diversos" é un programa de radio que nace co obxectivo de transformar a biblioteca do CEIP Quintela nun espazo máis accesible e inclusivo. Para acadar este fin, algúns alumnos/as de 5º de EP gravaron algúns contos da biblioteca en formato audio.

12/06/23

A radio en 5º

O alumnado de 5º creou 5 programas de radio a través dos cales puidemos aprender a dificil colocación dos pronomes átonos. 
Tamén puidemos descubrir con eles interesantes propostas de lectura. 
 
O título dos nosos cinco programas é " Faladoiros- Faladeiros" ou o que ven sendo, un interesante lugar onde poder falar, algo que se nos da moi ben. 

Foi unha experiencia moi interesante.
Esperamos que vos guste.

09/05/21

A música dos anos 10 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

24/03/21

Mulleres pioneiras: A alcaldesa de Moaña Leticia Santos

Polo 8 de marzo todo o cole traballou arredor de mulleres pioneiras. O curso de sexto investigou e preparou o seu traballo sobre a primeira  alcaldesa de Moaña. Deixámosvos a entrevista do alumnado á alcaldesa, no programa "Moaña nas Ondas" de RadioQuintela:

 

19/12/20

5º fala sobre o Nadal na radio

Esta semana na clase de 5º traballamos sen pausa para sacar adiante o programa sobre "Curiosidades do Nadal". 

Quedamos moi satisfeitas e satisfeitos e pasámolo tan ben que temos moitíííísimos desexos de  volver a preparar máis programas.

Agardamos que vos guste!

24/11/20

Especial 25 N, RadioQuintela en 6º

RadioQuintela comezou a súa andadura! Na clase de sexto preparamos un programa especial no 25 de novembro de 2020. Agradecemos a colaboración da nosa admiradísima cantante Sés, que accedeu a prestarnos os acordes da súa canción "Non son Fada ", do disco "Admirada condición" para a entrada e saída do programa.
Este foi o resultado: