Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: o samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: o samaín. Amosar todas as publicacións

01/11/25

Samaín

 Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.

21/10/24

Preparando o Samaín en 6°

 O alumnado de 6° quere decorar o corredor do cole con cabazas que teñan por ollos uns led de cores que lle están a coser. 

Mirade que ben o están a facer.


20/10/24

5° axuda ao alumnado de 1° na cabaza informativa

 O alumnado de 5°, como vos padriños e madriñas do alumnado de 1°, estivo colaborando na elaboración da cabaza que levarán a casa coa información sobre a elaboración das cabazas que decorarán os corredores polo Samaín.

Fermoso momento de colaboración e convivencia.





28/10/22

Samaín

 Hoxe celebramos no cole o Samaín.

Fomos moi creativos coas nosas cabazas.

Aquí  deixamos unha mostra delas.

 

21/10/22

Preparándonos para o Samain

Xa se acerca o Samaín, e este ano, o alumnado tivo que preparar unha nota con forma de cabaza. Como os pequenos do colexio aínda estamos aprendendo o manexo das tesoiras, pedimos axuda aos maiores do cole, os nenos e nenas de 5ºP e 6ºP. Axudáronnos a recortar a cabaza e aproveitamos ao rematar para compartir unhas lecturas. Moitas grazas pola vosa axuda!!! Agora toca preparar as nosas cabazas para levalas ao colexio os días 26, 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín.


 

04/11/20

Samaín en 5º

Aquí vos deixamos as fotos deste Samaín na clase de 5º.

Un ano máis queremos agradecer ás familias a súa colaboración aportando as cabazas tan fantasticamente decoradas.

22/11/19

Samaín en 5º

O día que celebramos o Samaín, cando chegamos o cole atopámonos as escuras, con cabazas acendidas que nos indicaban o camiño a seguir ata as nosas clases. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.
Para rematar este día, os nenos e nenas de 5º escribimos historias para o samaín.
Esta é unha delas.


Cumple en Samaín

Un día, uns nenos que foron ao monte no día de SAmaín, ese día era o cumpleanos dun deles.

O cumpleanos era de Mateo é o acompañaban Óscar, Gabriel, Mateo, Gael e Claudia. Xogaron a ver quen collía máis landras, piñas, cocotes e castañas. Gañou nese xogo Mateo.

A seguinte pista era buscar un monstruo de Stranger Things, chamado "Demogorgon". Todos tardaron en atopalo moito, ata que un o atopou. 

Era xigante, cando o encontrou un , foron todos na búsqueda da seguinte pista, que era xogar a pita "Demogorgon".

Quedou Óscar , era o Demogorgon. e gañaron os Demogorgons e gañaron os "Demogorgons". Quedaron todos e quixeron seguir xogando. Gañaron os nenos contra o monstruo.

Fin

04/11/19

Samaín en 6º E.P.

Aquí tedes as fotos da nosa exposición de cabazas. Moitas grazas a tod@s por participar!


02/11/17

O Samaín en quinto

Na clase de quinto curso escribimos terroríficas historias de medo que logo lles contamos aos compañeiros e compañeiras.

6º e o Samaín

Na clase de sexto aproveitamos a celebración do Samaín para contar terroríficas historias.









21/10/15

RECEITAS DE OUTONO

Estas receitas de outono foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e aquí temos os resultados. Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración  nas actividades propostas.  
 

RECURSOS OUTONO

Aquí temos unha recompilación de adiviñas, cantigas, refráns e ditos sobre o outono e o magosto.

Uns xogos para saber sobre o Samaín

Este é un LIM colaborativo.

 De Ana Martínez Rey, do CEIP de Pazos:




Este xogo atopámolo en Bibliocastelo, do Ceip A Pedra, de Bueu.  E este tamén:


Do Ceip Manuel Fraga:


Desde a EEI Monte de A Guía chéganos este xogo, vía Actividades LIM:



03/11/13

Samaín 2013

Un ano máis tentemos recuperar o tallado de cabazas para os máis pequenos. Debemos agradecer ás familias o seu apoio nesta iniciativa e a súa extraordinaria participación na exposición de cabazas.Sen a participación das familias os nosos obxectivos sempre quedan a medio camiño, por iso nos gusta e necesitamos contar con todas elas. Esta é unha pequena mostra: