Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: A Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: A Paz. Amosar todas as publicacións

10/02/26

Radio Quintela no Día da Paz

 O alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade moi especial: a gravación dun poema musicado de Rafael Alberti, La paloma se equivocaba. Ao longo do traballo, os nenos e nenas achegáronse á poesía dun xeito diferente, combinando a palabra, a música e a expresión oral. Con todo isto... como non facer un programa de radio?

A experiencia permitiulles coñecer mellor a obra dun autor fundamental da literatura española e, ao mesmo tempo, traballar a lectura expresiva, o ritmo e o traballo en equipo. O resultado é unha interpretación chea de sensibilidade e ilusión, na que a poesía cobra vida a través das súas voces. Ademais, Rubén, puso voz dunha forma moi sutil ao "manifesto pola paz", xenial Rubén!

Agardamos que gocedes tanto desta gravación como nós gozamos creándoa.

Grazas ao orientador Txelu que tocou o contrabaixo e ao profe de inglés, Bruno, que se animou coa guitarra. 

Por moitas veces!








01/02/26

Día da Paz

 O día 30 de Xaneiro é o Día da Paz. No cole fixemos unha actividade na que cada persoa, cunha peza de puzle ofrecía e pedía axuda con algo. A continuación, buscaban aquela persoa coa que encaixar a súa peza. O alumnado de 6º de primaria cantou unha canción conmemorativa deste día acompañados á guitarra polo profe Txelu.

Foi moi emotivo.


30/01/25

Día da Paz

 Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz coa visita dos pallasos de hospital Galiclown que nos fixeron rir moito.

Galiclown é unha asociación sen ánimo de lucro formada por voluntarios e voluntarias que dedican o seu tempo de lecer a visitar o hospital e facer rir e pasar un bo rato ás nenas e nenos alí hospitalizados.

Grazas por visitarnos e facernos rir tanto!

Ademais o alumnado lanzou avións de papel con mensaxes de paz

08/02/24

Recollida de alimentos

 Con motivo do día Paz no cole organizamos unha recollida de alimentos. O banco de alimentos de Vigo viu explicarnos como se xestionaba e recoller todo. 

Gracias a todos pola vosa colaboración!





01/02/23

DÍA DA PAZ

 Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.

Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.

Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!

28/01/22

Sorrisos pola Paz

No día de hoxe o alumnado do cole tivo un divertido encontro coa ONG GALICLOWN.
Esta asociación reúne unha gran variedade de artistas profesionais de Galicia (pallasos, magos, músicos...), que de xeito voluntario fan visitas aos hospitais para mellorar a estancia dos nenos e nenas hospitalizados.

26/01/22

Pasapalabra pola PAZ

Para celebrar o Día da Paz o CEIP plurilingüe "A Cristina" de Carballo quere compartir con todos nós este estupendo pasapalabra. 

Nel atoparedes palabras relacionadas con este día,nomes de personaxes famosos relacionados coa paz... 

Animádevos a participar! 

Premede no enlace Pasapalabra pola PAZ

29/01/21

As mensaxes de paz do alumnado de 6º

 Para a conmemoración do Día da Paz, o alumnado de 6º creou uns videos coa aplicación Toontastic na que nos transmiten valores moi importantes.



























29/01/20

VISITA A AFAMO

Para celebrar o día da paz, os nenos e nenas de 5º E.P. visitaron, AFAMO, a asociación de familiares de persoas enfermas de Alzheimer do Morrazo. Alí, coñeceron as instalacións, o traballo que se fai coas persoas afectadas e, ademais, participaron nun intercambio de actividades: os maiores cantaron para os nenos e nenas A rianxeira, e os alumnos e alumnas de Quintela, cantaron para eles un canon cunha letra creada especificamente para esta ocasión.



30/01/18

Os sinais de paz de quinto curso

No día da Paz na clase de quinto curso escollemos estes desexos :


Manifesto pola Paz

Como cada ano o alumnado da clase de 6º elaborou un manifesto para celebrar o "Día da non violencia e da Paz" e concienciarnos así da importancia de cada un de nós para mellorar a convivencia.

06/02/17

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da paz e a non violencia. Os nenos/as de 6º de Primaria léronnos o manifesto pola paz e cada curso a continuación leu a súa mensaxe de paz. Cantamos e bailamos a canción de Toc Toc de Pablo Díaz e colgamos as nosas mensaxes e símbolos de paz na entrada do colexio.

5º recita no Día da Paz

Na aula de 5º recitamos uns poemas para festexar o Día da Paz. Utilizamos a aplicación para Ipad chamada MadPad.
Quedounos moi ben!!!


01/02/17

Poemas de Paz na aula de 5º curso

Os nenos e nenas de 5º, gravamos uns poemas da Paz que estivemos buscando e seleccionando na web. Utilizamos a aplicación para Ipad MadPad. Xa vo los ensinaremos cando os teñamos listos.



27/01/17

Manifesto da Paz de 6º

Ola! Somos os nenos e nenas de 6º curso . Como somos os maiores do cole preparamos este manifesto pola PAZ en representación do cole 
Aínda que a palabra  PAZ só ten 3 letras é moi difícil de conseguir xa que hai demasiada violencia, demasiada discriminación e moitas guerras no mundo.

Na nosa convivencia diaria debería haber máis tolerancia, empatía e respecto.

Para conseguir a tolerancia teríamos que:
  • Saber estar cos demais.
  • Saber que os demais teñen outras opinións.
  • Saber que os demais teñen outros gustos.
Para desenvolver a empatía teríamos que:
  • Saber colocarnos no lugar doutra persoa.
  • Non fagas o que non queiras que che fagan.
Para traballar o respecto teríamos que:
  • Contar con que os demais teñen dereito a facer as cousas que lles gustan aínda que a ti non che gusten.
  • Comprender que sexan diferentes a nós.
  • Aprender a falar sen mala intención.
  • Aprender a dar sen pretender algo a cambio.
Non xulgues aos demais como o que non son.

Que a xente deixe de levarlle a contraria a outras persoas só porque queiran que todo sexa como eles digan.

Que a xente non se crea perfecta e que por iso pense que ten dereito a facerlle aos demais o que     non quere que lle fagan a ela ou el.

Valorémonos e deixemos de envexar.

Para lograr  a PAZ  o  máis importante é aceptar a diferencia.

Vós queredes un mundo no que pensemos todos o mesmo?

Sería aburrido, non?

É mellor compartir que competir.

QUE A AMIZADE SEXA A ARMA MÁIS PODEROSA!!!!!

31/01/16

Manifesto pola Paz

Os nenos e nenas de 6º falamos estes días sobre algúns temas que nos preocupan na sociedade actual e despois elaboramos este manifesto que lemos diante de todos os compañeiros e compañeiras de colexio o venres día 29 de xaneiro para celebrar o Día da Paz.

19/01/16

Cuestións de Paz 2016

Deixámosvos este cuestionario sobre a Paz para que vos animedes a responder.
Podedes consultar este traballo para que vos axude a resolver o cuestionario