Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Comicon. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Comicon. Amosar todas as publicacións

14/05/17

6º no Comicon

A clase de 6º participou bailando no Flashmob e xogando ao quiddish no pabellón de Reibón. Só poidemos xogar un pouco porque tiñamos que volver á explanada da praza para repetir o baile, o autobús retrasouse e non chegamos a tempo de participar na repetición ( vaia mala sorte!! ). Gustounos moito subir a ver as diferentes actividades que había arredor do cómic.
As fotos son xogando ao quiddish.






13/05/17

Comicon

Como xa sabedes, hoxe foi a inauguración do Comicon en Moaña. A presentación fixémola os cinco coles de primaria e os dous institutos do concello cun baile.
Deixámosvos o video para que vexades o ben que saíu todo.


O flashmob é un baile que se realiza nun lugar público, durante un breve espazo de tempo e cun número normalmente grande de persoas; neste caso nós realizarémolo os alumnos de As Barxas, Paralaia, Reibón, Seara, A Guía, Domaio e Quintela. Os participantes atópanse dispersos na zona onde terá lugar o baile e, no momento no que comeza a soar a música, reúnense no centro para realizar a coreografía xa preparada anteriormente.