Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións

07/10/21

SAÚDO DA CLASE DE QUINTO

Ola a todo@s. Somos a clase de quinto. Benvidos ao noso blogue. A nosa mestra di que estamos un pouco nervios@s xa que.... TEMOS ORDENADORES PROPIOS!!! Este ano o coronavirus deunos un pequeno respiro e podemos sentarnos en equipo. Que ganas!! Gustaríanos poder facer moitas saídas como antes da pandemia para aprender e pasalo moi ben. Estade atentos as nosas novas... manterémosvos informados :) Bye Bye

Saúdo de 6º

 Por fin estamos en 6º!!!

Parece mentira o rápido que  pasa o tempo!!!

Este curso estamos felices xa que podemos traballar en grupo e nos recreos xogamos cos de 5º.

Gustarianos seguir tendo camiñatas coma no curso pasado e gozar da natureza do Morrazo.

Este ano imos ter novas novas responsabilidades e tamén escolleremos representantes de clase.

E para rematar lembrade:

"Aínda que co covid temos que estar,

moi ben o imos pasar

e non deixedes de vernos traballar".

01/10/20

Saúdo da clase de 5º

Ola familias!

Gústanos moito estar en 5º, case somos os maiores do cole!!

Este ano estreámonos con E-dixgal e agardamos aprender moito.

Pasámolo moi ben nos recreos xogando todos xuntos, aínda que somos poucos.

Non deixedes de ver o noso blog. 

Xa vos iremos contando como nos vai...



23/09/20

Saúdo da clase de 6º

 Xa estamos en 6º!

Somos os maiores do cole!

Por fin comezamos despois dunha longa e cansina corentena.

Este ano vai ser un curso diferente, pero divertido. Temos ganas de ter moitas excursións e pasalo ben todos xuntos.

Gustarianos non ter corentena e poder vir tranquilos ao cole este ano.

Esperamos que sexto sexa como esta redacción, boísima!! 

E por agora, ABURR!!!




03/10/19

Saúdo da clase de 5º de primaria

Ola, somos á clase de 5º de primaria; xa case os maiores do cole.

Gustounos moito o verán, aínda que podería ser máis longo, pero non nos importa porque volvemos a ver os nosos amigos e amigas.
Comezamos o curso con moita forza e preparándonos para novas experiencias.
Quinto vai ser un curso un pouco máis complicado, pero esperamos que non sexa moi difícil.
Queremos ter un curso xenial con moitas excursións e xogos e traballo.
Queremos traballar na horta e dedicarlle máis tempo ás plantas.

Un saúdo da clase de 5º!!
Despedímonos. Ata pronto!!!

25/09/19

Saúdo da clase de sexto


Ola, somos a clase de 6º .
Estamos moi contentos por comezar un novo curso porque xa somos os maiores do cole.
Este verán pasámolo moi ben e aínda que foi moi curto , gústanos moito volver á clase.
Estar en sexto é un pouco triste porque pronto imos deixar o cole, pero non por iso imos deixar de gozar este último ano.
Estamos moi impacientes por todas as excursións que imos ter.
 Esperamos que este curso non sexa moi difícil.
Un saúdo a todo o cole, divertídevos moito e xogade cos vosos amigos e amigas.

30/09/16

Saúdos dende a clase de 5º

Ola a todos e a todas!
Como podedes ver , xa empezamos a rodar co novo curso.
Esperamos desfrutar tanto como nos cursos anteriores.
Tamén vos desexamos un bo curso aos demáis.
Saúdos dende a clase de 5º!!


21/09/16

Saúdo de 6º

Ola, somos a clase de 6º. Queremos que este curso sexa moi divertido porque é o último para nós no colexio.
Por fin, que xa somos os maiores!!!
Aos demais cursos queremos dicirlles que aproveiten ben o tempo porque para nós pasou moi rápido.
Que teñades un bo curso!!!!!!
Esta é a nosa foto de principio de curso.


23/09/15

Saúdos!!!!!!

Comeza un novo curso.
Ola! Este ano somos os novos alumnos e alumnas de 6º de primaria e polo tanto os maiores do cole e temos moitas responsabilidades por diante. Sabemos que este curso é moi duro e por iso nos esforzaremos moito. Desexámosvos que comecedes con moita enerxía e ilusión.
                                                            Nenos e nenas de 6º


21/09/15

O saudo de 5º curso!

A clase de 5º damos a benvida a todos os nenos e nenas do colexio, aos profes, ás nais e pais e tamén a Paco.
Comeza un curso novo e aprenderemos moitas cousas máis, profes novos, cambios de clase, cambio de normas. 
Desexamos a profesores, nenos e nenas de todos os cursos que teñades un bo ano no colexio.




20/09/14

Un conto no primeiro día de curso

Este curso, como o anterior, empezamos o primeiro día cun conto.
 O escollido foi "El rebaño" de Margarita del Mazo, e ilustrado por Guridi.
Conta a historia dun rebaño, que ten a tarefa de saltar para axudar a durmir a Miguel. Cando lle toca saltar á ovella Catro,  négase, e....non vos imos contar máis.

Pero só limos o conto ata que Catro recibe unha carta...porque a partir de aí, cada un de nós tivo que facer un texto rematando o conto: Decidir de quen era a carta e que facía a ovella negra ao recibila.
Os finais foron moi variados e orixinais!!!

Mais información: Blog de Darabuc

Bo curso para todos e todas

Ola :
Xa estamos en 6º curso  e agora somos os maiores do cole. Seguimos sendo 16, non veu ningún neno ou nena novo. Que pena!
Este curso non vai ser o mesmo sen os alumnos de sexto do ano pasado.
O verán foi moi curto, pera xa tiña que rematar....
O horario de 6º é mais “apretado” que o de 5º, pero adaptarémonos.
O 1º día de clase estabamos raros na fila de entrada ( hai un tellado novo e máis grande). Ademais , a maioría de nós confundímonos de aula, e entramos na de 5º .

Bo curso para todos e todas!

17/09/14

Saúdos


Ola! Somos os nenos e nenas de quinto curso. Os primeiros días falamos sobre as nosas calidades para coñecernos mellor e pasámolo moi ben. Xa iremos compartindo con vós o que imos facendo.
Que ben quedamos na foto!



13/09/13

Xa estamos en quinto!

Ola  a todos/as! Xa estamos en quinto curso. 
Esta é unha das fotos que fixemos o primeiro día. Non podiamos estar quietos! Somos os segundos maiores do colexio!

O primeiro día empezamos lendo un libro que se titula "A cabana na árbore" de Gillian Cros, e trata de dous irmáns que constrúen unha cabana ....e xa vos iremos contantdo!

12/10/12

Saúdos

Somos as nenas e os nenos do  3º ciclo e queremos abrir este blog cun saúdo para todos e invitándovos a que compartades con nós todas as noticias e actividades que publiquemos .

09/10/11

Xa estamos no terceiro ciclo!


Este curso, os nenos e nenas de estamos na última etapa da Educación Primaria. Case somos os maiores do cole! Aínda que somos menos na clase, porque nos faltan dous compañeiros, temos moita ilusión e ganas de aprender.
Queremos desexarvos a todos e todas un bo inicio de curso!

29/09/11

Aquí estamos os nenos e nenas de 6º curso!


Queridas familias e compañeiros/as:

Xa remataron as vacacións de verán e coas pilas cargadas entramos no noso colexio cun compañeiro novo, DIEGO.
Pasámolo moi ben con él.

So queriamos dicirvos que vos divirtades e o pasedes moi ben neste novo curso.

07/09/10

Inicio de curso


As clases comenzan o día 10 de Setembro, no horario habitual; de 9 a 2.
As actividades de tarde empezarán no mes de outubro

17/09/09

Saúdos

Ola!!

Somos os nenos e nenas de 6º curso do Colexio de Quintela-Moaña.

Este ano compartiremos o blog cos compañeiros e compañeiras de 5º curso.

A nosa profe sigue sendo Gloria e temos unha nova materia: Educación para a cidadanía.

Pouco a pouco xa nos iremos coñecendo.

Saúdos

10/09/09

Novo curso


Hoxe empezou o novo curso no cole de Quintela.

Pode que algún de vós se pregunte que vai ser deste blog,..

Tal como pensaramos dende que o iniciamos, seguirá sendo o blog de sexto. Pero este curso tamén os de quinto van colaborar.

De momento están preparándose para comenzar
.Pronto se presentarán eles mesmos.