20/09/14

Un conto no primeiro día de curso

Este curso, como o anterior, empezamos o primeiro día cun conto.
 O escollido foi "El rebaño" de Margarita del Mazo, e ilustrado por Guridi.
Conta a historia dun rebaño, que ten a tarefa de saltar para axudar a durmir a Miguel. Cando lle toca saltar á ovella Catro,  négase, e....non vos imos contar máis.

Pero só limos o conto ata que Catro recibe unha carta...porque a partir de aí, cada un de nós tivo que facer un texto rematando o conto: Decidir de quen era a carta e que facía a ovella negra ao recibila.
Os finais foron moi variados e orixinais!!!

Mais información: Blog de Darabuc

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario