Amosando publicacións coa etiqueta Contrato programa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contrato programa. Amosar todas as publicacións

04/02/18

Xa temos os carteis da festa do Entroido

Esta vez tocoulle á clase de quinto curso facer os carteis da nosa festa do Entroido. Aquí está cada grupo co seu cartel. Quedáronnos moi bonitos!






24/01/18

Medimos o patio en metros cadrados

Hoxe na clase de quinto curso medimos o patio cos nosos metros cadrados.
Logo de volta na clase usamos a calculadora para ver canto mide: 207 metros cadrados, aproximadamente.






27/11/17

Deseñamos bicis


Na clase de matemáticas deseñamos bicis como a de Delio Fernández. Para facelas só podiamos usar escuadra, cartabón e compás. Gustounos moito facelas, e quedaron moi chulas!


08/03/16

Gráficos de barras: "Sobremesas preferidas no Entroido"

O alumnado de 6º curso recollemos datos para saber cales son as sobremesas de Entroido preferidas dos nenos e nenas de Quintela. Utilizamos unha ferramenta en TICS que nos permite facer gráficos de barras e de pastel e poder observar os resultados con moita claridade. Aquí tedes unhas imaxes de como nos quedaron.


10/11/15

CARTEIS DO MAGOSTO

Esta semana celebramos o Magosto no cole. Na clase de 6º de primaria fixemos por parellas os carteis para anunciar a celebración. Mirade que ben quedaron.







29/05/15

Seguimos coas estatísticas

Dende o noso instituto de referencia, o IES A Paralaia, pídennos datos relacionados cos medios audiovisuais que temos nas nosas casas os alumnos/as de sexto.
Nesta ocasión tratábase de saber si temos ordenador ou acceso a internet.
Na aula TIC fixemos o diagrama de barras:

Facemos "sketch"

Para ampliar o noso  vocabulario , preparamos uns diálogos nos que tiñamos que incluír un listado de  palabras dun campo semántico da nosa elección. Fixemos o traballo por equipos, e houbo dous que coincidiron no tema, como veredes:

21/05/15

As pirámides

Cando fixemos as maquetas na clase de sexto, deixamos atrás as pirámides de Exipto. Por iso, na clase de matemáticas, cando traballamos os poliedros, decidimos facelas nós.

O plano de Madrid

No proxecto"Construímos" estivemos falando das cidades. Vimos que as zonas antigas das cidades teñen rúas estreitas e con formas e direccións irregulares. Pero as partes máis novas teñen rúas anchas  e con paralelas perfectas,
Para traballar en matemáticas, a profesora trouxo uns planos de Madrid, e localizamos rúas paralelas e penperdiculares. Tamén diagonais.
Pero,...o que máis nos gustou foi buscar cantas sucursais hai dunha coñecida cadea de hamburgueserías.


25/03/15

A galipedia

Coa información recompilada polo alumnado de quinto curso na entrevista  á presidenta da Asociación de mariscadoras de Moaña, na clase de sexto redactamos un artigo sobre elas para a Galipedia. Fixemos así:

Primeiro investigamos como se redactan os artigos, mirando os de outras asociacións.
Logo preparamos o artigo.
A continuación enviámosllo á Asociación para que o revisasen, por se contiña algún erro.
Por último, xunto cos compañeiros/as de quinto curso, subimos á rede o artigo.
E aquí tedes o enlace:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Mariscadoras_de_Moa%C3%B1a

05/03/15

A publicidade e o cole de Quintela

O alumnado de 5º e 6º estivemos traballando os anuncios publicitarios e aproveitando que estamos en período de solicitude de admisión de novos alumnos para o vindeiro curso,promocionamos o noso cole. Escoitádenos e veredes que ben o fixemos. 
  

20/01/15

Premios Nobel da Paz

Na clase de 6º curso buscamos información sobre os últimos premiados co Nobel da Paz:


20/05/14

A xeometría na pintura

Na clase de quinto fixemos as nosas particulares reproduccións do cadro de Kandinsky  titulado: "Estudo de cor. Círculos concéntricos"
Servíunos para mellorar a nosa técnica no uso do compás. Aquí tedes o noso traballo:

31/03/14

A xeometría na pintura: triángulos


Este é o mosaico "A árbore da vida", que fixo Gustav Klimt para o palacio Stoclet de Bruselas.


Ao pintor xa o coñecedes. polo seu famosísimo cadro, "O bico"



Aquí a nosa proposta: 
Tentade localizar e clasificar algúns dos triángulos.


A xeometría na pintura: cadrados

Piet Mondrian (1872- 1944) foi un pintor holandés, autor do cadro que vemos a continuación. O seu título: "Composición II en vermello, azul e amarelo".


Mondrían plasmaba a harmonía con liñas verticais e horizontais.A súa obra foi incomprendida, pola aparente simplicidade dos cadros. Pero para lograr a pureza de cor e liñas. adoitaba utilizar unha grande variedade de técnicas e capas de cores. 
Se vos fixades, podedes adiviñar as pinceladas.
Agora imos facer a nosa versión do cadro, utilizando o escuadro e o cartabón.

A xeometría na pintura: circulos


Título: "Estudo de cor. Círculos concéntricos"
Autor: Wassily Kandinsky , pintor ruso ( 1886-1964)

Para reflexionar:
  • Parécevos que segue sendo actual? 
  • Imaxinades como foi acollido na súa época?

                                                                 


Tentade reproducilo utilizando o compás

30/03/14

O como construir un compás caseiro

O compás é un instrumento milenario, que serve para facer circunferencias.


Como curiosidade, vede como se pode facer un compás de manualidades:

Agora probamos a facer un?

29/03/14

Transportador de ángulos

Aprendemos a usar o transportador de ángulos. Vexamos algúnhas páxinas interesantes:

Agora imos practicar medindo ángulos:

Aqui veremos nun vídeo unha completa explicación de uso:

26/03/14

Papiroflexia

A pariroflexia consiste en facer figuras plegando o papel. En xaponés coñécese como origami.

Na clase de 5º curso temos un grupiño de alumnos/as moi interesados no tema. Con idea de compartir o que saben cos compañeiros doutros cursos, estamos deseñando un obradoiro de papiroflexia.

Mentras, deixámosvos con este enlace a webplástica.es, onde explican os pregados máis comúns nesta arte, tan interesante dende o punto de vista plástico e matemático.

Na web da Asociación Española de pariroflexia pódese descargar as instruccións para facer rás, osos, mapaches, tiburóns. Proba e practica!