Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2014 - 2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2014 - 2015. Amosar todas as publicacións

03/07/15

Orden do mérito civil para Alicia Rodríguez

Foto do Faro de Vigo
O rei Felipe VI outorgou a Orde do Mérito Civil á moañesa Alicia Rodríguez Pérez nunha cerimonia celebrada o 19 de xuño no Pazo Real. Foi un merecido recoñecemento ao seu un fatigable traballo pero tamén unha importante contribución á dignificación e consideración profesional das mulleres mariscadoras.
Estamos moi orgullosos deste premio. Parabéns Alicia!!!!

13/06/15

Valeria e as landras

Este é o conto "Valeria e as landras", nas voces de 3º de Primaria sobre a adaptación que fixeron do conto de Tim Bowley,  "Xaime e as landras"

11/06/15

Saída á Fraga de Rialdarca

O alumnado de 5º de Primaria participamos no Programa Proxecto Ríos. Unha das actividades que fixemos foi a inspección dun tramo do río de Rialdarca. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado:

Recollida de datos:3ª Semana da Froita

Na 3ª Semana da Froita en Quintela , os nenos e nenas de 5º de primaria recollemos datos dos gustos e as preferencias do alumnado. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado:

29/05/15

Seguimos coas estatísticas

Dende o noso instituto de referencia, o IES A Paralaia, pídennos datos relacionados cos medios audiovisuais que temos nas nosas casas os alumnos/as de sexto.
Nesta ocasión tratábase de saber si temos ordenador ou acceso a internet.
Na aula TIC fixemos o diagrama de barras:

Facemos "sketch"

Para ampliar o noso  vocabulario , preparamos uns diálogos nos que tiñamos que incluír un listado de  palabras dun campo semántico da nosa elección. Fixemos o traballo por equipos, e houbo dous que coincidiron no tema, como veredes:

27/05/15

Festival Letras Galegas

Esta é a actuación de 5º de Primaria coa súa obra de teatro "Restaurante Farruco":


26/05/15

Facemos estatística

A nosa crítica ao Festival das Letras Galegas


A organización do festival estivo ben. A música entre actuación e actuación estivo xenial, porque entretiña os pequenos mentres se preparaba a seguinte actuación. Os decorados do fondo eran moi bonitos, e líanse ben.
Os presentadores fixérono xenial, porque se lles entendía todo, vocalizaron moi ben e desenvolvéronse ben no escenario.
Este ano houbo pouco teatro, só dúas obras, e a nós pareceunos un pouco soso. Gustaríanos que houbera máis teatro.
Todos os cursos actuaron ben, aínda que no teatro, algúns deberían falar máis alto. Os de Infantil, a pesares de ser os máis pequenos, actuaron de marabilla, sobre todos os da canción do paxariño, porque parecía que non estaban nada nerviosos.

En canto á nosa actuación, gustaríanos que houbese efectos especiais para o son do timbre ou os tiros dos cazadores. Na actuación da mañá, non sabemos se aos pequenos lles gustou que lle pegásemos ao lobo. Pero aínda que tiñamos o corazón a mil, cremos que foi un éxito, o público riu moito.

22/05/15

A outra historia de Carrapuchiña

Está é a actuación do alumnado de sexto no festival das Letras Galegas do cole.

21/05/15

As pirámides

Cando fixemos as maquetas na clase de sexto, deixamos atrás as pirámides de Exipto. Por iso, na clase de matemáticas, cando traballamos os poliedros, decidimos facelas nós.

O plano de Madrid

No proxecto"Construímos" estivemos falando das cidades. Vimos que as zonas antigas das cidades teñen rúas estreitas e con formas e direccións irregulares. Pero as partes máis novas teñen rúas anchas  e con paralelas perfectas,
Para traballar en matemáticas, a profesora trouxo uns planos de Madrid, e localizamos rúas paralelas e penperdiculares. Tamén diagonais.
Pero,...o que máis nos gustou foi buscar cantas sucursais hai dunha coñecida cadea de hamburgueserías.


Maqueta dun pobo

Na clase de sexto seguimos coas maquetas. Esta vez é un pobo, coas rúas ben ordenadas.

Medimos espazos

Na clase de sexto estivemos aprendendo a calcular coas nosas zancadas para medir metros.para iso puxemos varias regras de 1 metro no chan, unha a continuación da outra. Segundo a lonxitude das nosas pernas vimos que algúns cunha zancada mediamos un metro, mentres que outros necesitabamos tres zancadas para medir dous metros.
Despois fomos á pista do colexio, a medir coas nosas zancadas o longo  e o ancho.
E fomos anotando nos nosos cadernos de investigación os datos obtidos.

 A continuación medimos a pista con cinta de medir.
Foi estupendo descubrir que os datos obtidos coas nosas zancadas eran moi parecidas á medida exacta.

14/05/15

Construímos maquetas

Seguindo co noso proxecto "Construímos", na clase de sexto curso,  fixemos maquetas de edificios famosos. Foi unha tarefa longa  e laboriosa. Complementamos o traballo con información sobre cada un . Aquí tedes unha mostra:


04/05/15

Letras galegas 2015

Xa temos aquí as actividades do Seminario Galán 2015. Clica na imaxe para entrar:


28/04/15

Saída ao castelo

O ratiño Paco, a mascota de biblioteca, pediunos que aprenderamos cousas sobres os castelos Os nenos e nenas de 5º e 6º lemos na revista Reportero Doc sobre a Idade Media e a vida nos castelos. E fomos ao castelo de Sobroso. O guía falounos da súa interesante historia, da función as distintas estancias, e dos distintos propietarios. Pasámolo moi ben.
 

Dobraxe na escola

O día do libro tivemos unha actividade na biblioteca moi divertida: "Dobraxe na escola", un proxecto de Suso Pando e Manuel Pombal, subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña.
Tivemos que facer de dobradores dun capítulo de Bob Esponja. Aprendemos a encaixar as voces nas bocas dos personaxes. O resultado foi espectacular, e divertímonos un montón

25/03/15

A galipedia

Coa información recompilada polo alumnado de quinto curso na entrevista  á presidenta da Asociación de mariscadoras de Moaña, na clase de sexto redactamos un artigo sobre elas para a Galipedia. Fixemos así:

Primeiro investigamos como se redactan os artigos, mirando os de outras asociacións.
Logo preparamos o artigo.
A continuación enviámosllo á Asociación para que o revisasen, por se contiña algún erro.
Por último, xunto cos compañeiros/as de quinto curso, subimos á rede o artigo.
E aquí tedes o enlace:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Mariscadoras_de_Moa%C3%B1a

20/03/15

O eclipse solar e o curso de sexto

O alumnado de sexto curso fixo unha investigación na rede sobre o próximo eclipse solar do día 20. Coa información recompilada, prepararon unha exposición oral, para explicarlle aos compañeiros e compañeiras de Primaria diferentes cousas do eclipse: horario, en que consiste, como debemos miralo sen dano para os nosos ollos, etc.
Foi moi interesante a súa exposición!

Máis información sobre o eclipse en :
Real Observatorio do Armada