Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da Ciencia. Amosar todas as publicacións

23/11/18

O día da ciencia no cole

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego no noso cole. Este curso o alumnado de 4º desenvolveu un proxecto na materia de Aprender a investigar, no que traballaron sobre o xeógrafo Domingo Fontán e preparou 9 experimentos para compartilos co alumnado do resto da escola. É unha importante tarefa que incide en moitas disciplinas, ademais da científica. Valoramos o impacto emocional da proposta.


13/12/17

Premio ao proxecto Día da Ciencia en galego

Estamos de noraboa!!
A asesoría de Bibliotecas Escolares vén de publicar a resolución do IV Concurso de traballos  correspondente ao curso 2016-2017.
 O CEIP Quintela  de Moaña foi premiado polo proxecto "Día da ciencia en 4º curso", feito que nos reconforta polo recoñecemento ao traballo por competencias e ao traballo desenvolvido a prol da divulgación da Ciencia en galego.
Os nosos e as nosas investigadoras compartiron con todo o cole as súas investigacións e agora veñen de ser recoñecidos no seu labor. Foi o produto final de parte da materia "Aprender a investigar", a materia de libre configuración elixida no noso centro.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!

09/12/14

Neve artificial

Relacionado coa Ciencia aquí temos un experimento no que Xoana (alumna de 5º de primaria) nos amosa como se crea neve artificial.

05/12/14

A Ciencia na hora de ler

Os nenos e nenas de 5º dedicamos a hora de lectura dos venres a descubrir cousas sobre o mundo da ciencia. A semana pasada escollemos textos relacionados co nacemento e o electromagnetismo.
Resultáronnos moi interesantes.





06/11/14

Mes da Ciencia en galego



NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Na nosa biblioteca tamén vivimos deste xeito o día da ciencia en galego, este ano dedicado á Física.
Así, os grupos de 5º e 6º curso de Primaria,  buscaron información sobre  algúns experimentos, seleccionaron e prepararon unha exposición para expoñerllos ao resto dos grupos do cole. A xornada foi un éxito, non só polas explicacións que nos deron, senón polo esforzo que supón para este alumnado desenvolver estas exposiciónsións orais.


02/12/13

A ciencia no 3º ciclo

O alumnado de 3º ciclo preparou varios experimentos científicos, para compartir cos seus compañeiros/as:


05/11/10

Asistimos a unha videoconferencia


ONTE O TERCEIRO CICLO DE QUINTELA, XUNTO CON OUTROS CENTROS, TIVEMOS UNHA VIDEOCONFERENCIA CUNS CIENTÍFICOS GALEGOS QUE ESTÁN INVESTIGANDO NAS UNIVERSIDADES DE XENEBRA E SANTIAGO.

A científica Teresa e o científico Abraham faláronnos dende Xenebra dos átomos e das súas partes máis pequenas e Elena, dende Santiago, falounos dos buracos negros.

Como era tan interesante achegáronse moitos profesores tamén.

É a primeira vez que uns científicos fan unha videoconferencia con centros escolares.

Pareceunos un traballo moi "interesante". Teñen un traballo moi difícil, de moita dedicación e teñen que estudar moito para estar preparados.

Estes traballos axúdannos a saber máis sobre a vida e o universo.

Tamén aclaráronnos dúbidas, como que o planeta non vai a estoupar ou que non o vai tragar un buraco negro.

Son un bó exemplo, porque aínda que están noutro país non esqueceron a súa lingua natal.
Alumnos e alumnas de 5º.

04/11/10

Videoconferencia no cole


Onte o 3º ciclo fomos espectadores da aplicación das novas tecnoloxías á escola.
Xenebra( Suíza ), Santiago de Compostela e moitos centros de educativos de Galicia compartimos unha hora de comunicación científica a través dunha videoconferencia. Dous investigadores galegos que traballan no CERN( Consello Europeo de Investigación Nuclear ) e unha profesora e un profesor da facultade de Física da USC( Universidade de Santiago de Compostela ) faláronnos do seu traballo.

Esta videoconferencia estaba pensada para cursos superiores, pero non eramos o único centro de Primaria.

Carlos 6º


Non entendemos moito, pero pareceume unha moi boa idea porque nunca viramos unha videoconferencia.

Martina 6º


Pareceume unha gran oportunidade para entender a física no instituto.

Samuel 6º


Fixéronnos recordar cousas que déramos en 4ºe 5º, como: a materia, a célula, os átomos, o Big Bang, os buratos negros...

Irene 6º