Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día Internacional da muller traballadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día Internacional da muller traballadora. Amosar todas as publicacións

08/03/23

Día Internacional da Muller. Andrea Pérez Alonso

 

Hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, visitounos Andrea Pérez Alonso. Andrea é unha xogadora de baloncesto profesional con longa traxectoria que convina a súa paixón co traballo de mestra de Educación Física e entenadora de diferentes categorías .

Contounos, ao alumnado de 4º e 6º de primaria, o seu día a día e tamén nos dixo que con esforzo e organización todo se pode conseguir.

Axudou a alumnado a reflexionar sobre as retramnsmisións dde partidos ás que poden acceder a través dos canais, algunhas exclusivamente masculinas e tamén sobre a invivsibilidade de tantas escepcionales deportistas que xogan cada tempada.

Grazas Andrea por vir visitarnos!









Día Internacional da Muller. Aitana Santomé e Rosi Santos

 O luns, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, visitáronnos no cole Rosi e Aitana, unha nai e a súa filla deportistas de élite.

Rosi é atleta e Aitana xoga ao balonmán. Contáronnos, aos nenos e nenas de 5º de primaria, unha morea de cousas da súa vida cotiá, de cómo organizan o seu tempo para o traballo, a familia, o deporte, os estudos....

Grazas Rosi e Aitana por visitarnos!










10/03/22

"Avoas"

 

 Hoxe, o alumnado de Quintela, achegámonos á sala “Celso Parada” para ver a obra de teatro titulada “Avoas” da compañía de teatro “Run Run” da que forma parte a nosa profe Galicia.

Estas fantásticas avoas invitáronos a participar nas actividades da súa Asociación. 

Con elas desfrutamos moito e coñecimos as grandes historias dalgunhas mulleres bravas.










19/03/21

Visítanos Edita de Lorenzo

A comezos de marzo as nenas e nenos de 5º e 6º tivemos a sorte de contar coa visita de Edita de Lorenzo. É enxeñeira de Telecomunicacións, profesora da Universidade de Vigo e foi a primeira muller en Galicia ao fronte dunha escola de enxeñaría.

Contounos unha chea de cousas sobre o seu interesante e importante traballo na Universidade de Vigo. Destaca o seu traballo de investigación sobre aplicacións Tic para detectar o cancro de mama.

Tamén nos dixo que mulleres e homes están igualmente capacitadas e capacitados e poden ser profesionais de éxito no mundo da enxeñaría.

Agradecémoslle a Edita que compartira con nós a súa sabedoría e o seu valioso tempo.





01/04/20

Mary Leakey

Iván investigou sobre a antropóloga Mary Leakey:

Mulleres na xeografía

Curso de sexto
Na presentación poderedes atopar unha serie de mulleres que aportaron coñecementos á Xeografía.
Deberedes escoller unha delas, consultar a información nos enlaces facilitados e elaborar unha presentación. Deberedes incluir algúns datos como:

  • Data de nacemento
  • País de procedencia
  • Profesión
  • Algúns detalles da súa vida persoal relacionados coa xeografía
  • Que méritos lle debemos
  • Recoñecementos se os tivo
Inicialmente este traballo estaba indicado para elaborar en DINA 3, pero podedes facelo en formato dixital, non esquecendo nomear a webgrafía e escoller imaxes sen dereitos de autor.


Mulleres e Xeografía by bibliotecadocole on Scribd

31/03/20

Mulleres e xeografía

Katia Kraft foi unha recoñecida vulcanóloga que viaxou estudando o comportamento dos volcáns. Aldara comparte connoscoo seu traballo sobre esta científica:

25/03/20

Amelia Heart

Moitas mulleres fixeron aportacións ao coñecemento da Xeografía do planeta. A aviadora Amelia Heart foi unha delas:

10/03/18

As mulleres xornalistas

O alumnado de quinto curso fixo unha investigación sobre as mulleres xornalistas.
Sarah contanos como foi:

07/03/18

Charla sobre a muller e a ciencia

O alumnado de quinto e sexto tivemos a Sonia Valladares, inxenieira da universidade de Vigo, que veu darnos unha charla moi participativa sobre a muller e a ciencia. Encántounos!

12/03/16

A árbore das mulleres

En 5º e 6º celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora decorando a árbore das escaleiras cos nomes das mulleres que máis queremos: as nosas nais, as nosas avoas, as nosas irmás,... 
Vai por elas! 



 

09/03/16

Día da muller traballadora

Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.
  Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.
Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas. 
  

03/07/15

Orden do mérito civil para Alicia Rodríguez

Foto do Faro de Vigo
O rei Felipe VI outorgou a Orde do Mérito Civil á moañesa Alicia Rodríguez Pérez nunha cerimonia celebrada o 19 de xuño no Pazo Real. Foi un merecido recoñecemento ao seu un fatigable traballo pero tamén unha importante contribución á dignificación e consideración profesional das mulleres mariscadoras.
Estamos moi orgullosos deste premio. Parabéns Alicia!!!!

12/03/15

Semana da prensa

No terceiro ciclo celebramos a semana da prensa facendo un pequeno traballo de investigación.
Fixemos unha comparativa entre dous xornais, un de tirada galega, e outro nacional. Trátabase de buscar cantas noticias estaban redactadas por homes, e cantas por mulleres.

Para que o resultado da nosa exploración fose máis fiable, traballamos con xornais de diferentes días.

O resultado foi o esperado polo profesorado, pero non polo alumnado. que amosou a súa sorpresa pola diferenza:

No diario de tirada galega, asinaban os artigos un 81,55 % de homes, fronte un 18,45 % de mulleres.
No de tirada nacional, a porcentaxe variaba un pouco: 73% de artigos asinados por homes, fronte a un 27% de artigos de mulleres.

O resultado deu lugar a un pequeno debate, sen moita discusión posible, xa que os datos falaron por si mesmos, tendo en conta que segundo datos do ano 2013 ( Informe anual da profesión periodística) , en España  un 52,3 % dos xornalistas son mulleres e o  47, 7%  son homes.

Velaqui dous comentarios do alumnado, que resumen a súa sorpresa:

"As mulleres temos mais barreiras "Concluíu unha rapaza ( 12 anos)
"Entonces vivimos nun país machista!!!??" Exclamou un alumno .

09/03/15

Día da muller traballadora

O alumnado de 5º e 6º curso quixemos saber máis sobre a Asociación de mulleres mariscadoras de Moaña, unha das asociacións pioneiras de Galicia.
 Queríamos saber de cerca da súa loita por un traballo digno, polo recoñecemento dos seus dereitos como traballadoras.
Por este motivo pedímoslle a Tere, á avoa de Adriana ( 6º de Infantil) que é mariscadora e membro da directiva da Asociación de mulleres, que viñera ao colexio acompañada de Mª Dolores, a Presidenta da asociación..

O alumnado de quinto curso elaborou unha exhaustiva entrevista. Cos datos recompilados, o alumnado de sexto curso elaborará un documento que xa vos achegaremos.

Gustaríanos destacar a dureza do seu traballo, o prolongado da súa loita para ter un salario digno, e a vocación polo seu traballo, a ilusión que transmiten.


03/03/14

O 8 de marzo é o Día da muller traballadora.Para saber por que se escolleu este día, mirade a presentación de diapositivas que hai máis abaixo.
Agora ides facer un traballo sobre unha destas mulleres:
Clara Campoamor
Rita Levi-Montalcini
Malala
Kathrine Switzer
ou Marie Curie.
Descargade  este documento, no voso ordenador,segunido estes pasos:
  • Ficheiro
  • Descargar como..Microsof docs
Unha vez descargado, cubrídeo.

03/03/13

Día da muller traballadora


Queres saber porqué o día 8 de marzo celébrase   o Día Internacional da muller traballadora ?



Nesta páxina de Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro de Malpica hai recursos para ver, aprender, investigar:

08/03/12

REcursos para o Día Internacional da muller traballadora

O Día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora vede nesta presentación a información:

8 de Marzo
View more presentations or Upload your own.


Aprende con estes xogos, que nos chegan dende o CEIP de Aguiño:





:

:


CLARA CAMPOAMOR E SUFRAXIO FEMININO: