No terceiro ciclo celebramos a semana da prensa facendo un pequeno traballo de investigación.
Fixemos unha comparativa entre dous xornais, un de tirada galega, e outro nacional. Trátabase de buscar cantas noticias estaban redactadas por homes, e cantas por mulleres.
Para que o resultado da nosa exploración fose máis fiable, traballamos con xornais de diferentes días.
O resultado foi o esperado polo profesorado, pero non polo alumnado. que amosou a súa sorpresa pola diferenza:
No diario de tirada galega, asinaban os artigos un 81,55 % de homes, fronte un 18,45 % de mulleres.
No de tirada nacional, a porcentaxe variaba un pouco: 73% de artigos asinados por homes, fronte a un 27% de artigos de mulleres.
O resultado deu lugar a un pequeno debate, sen moita discusión posible, xa que os datos falaron por si mesmos, tendo en conta que segundo datos do ano 2013 ( Informe anual da profesión periodística) , en España un 52,3 % dos xornalistas son mulleres e o 47, 7% son homes.
Velaqui dous comentarios do alumnado, que resumen a súa sorpresa:
"As mulleres temos mais barreiras "Concluíu unha rapaza ( 12 anos)
"Entonces vivimos nun país machista!!!??" Exclamou un alumno .
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario