Amosando publicacións coa etiqueta As familias e a escola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As familias e a escola. Amosar todas as publicacións

14/05/26

“As familias contan” Ádega visita a nosa aula.

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa aula de 6º de Primaria. Ádega, nai dun alumno de clase, participou no programa “As familias contan” e veu compartir con nós varios contos cheos de imaxinación, emoción e aprendizaxes.

Durante a sesión, escoitamos historias moi entretidas que nos fixeron rir e pensar. Ádega conseguiu crear un ambiente moi próximo e divertido, no que todos estivemos atentos ás aventuras e personaxes dos contos.

Ademais de fomentar o gusto pola lectura, esta actividade axúdanos a fortalecer a relación entre a escola e as familias, facendo que o alumnado viva experiencias diferentes e enriquecedoras dentro da aula.

Queremos agradecerlle a Ádega a súa participación, o seu tempo e a ilusión coa que preparou esta visita. Encantounos compartir esta experiencia e esperamos seguir gozando de novas sesións de “As familias contan”.

Moitas grazas, Ádega!









22/02/26

ENTERRO DA XOUBIÑA

Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.


09/03/16

Día da muller traballadora

Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.
  Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.
Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas. 
  

06/04/13

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00.

Un saúdo

María    C. -  Coordinadora do Equipo de Natureza.

12/03/13

Rimas de amor

Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amor para os seus fillos. Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felicitar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:

14/12/12

Visitamos unha emisora de radio

O martes  visitamos a emisora de radio COPE convidados por Edith,a nai do noso compañeiro Javier.Ela e os seus compeñeiros ensináronnos os estudios onde se graban os programas.Moitas grazas pola visita e os agasallos.

01/11/12

Exposición de cabazas

Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado non deixa sen agradecer. 

10/05/10

Cómo se fai un libro?


Charla – presentación : Cómo se fai un libro?

A profesora Mercedes e o profesor Jorge, do I.E.S. Montecelo ( Pontevedra ), dedicaron unha parte do seu tempo a falarnos do proceso de elaboración dun libro: dende a idea inicial do escritor ou escritora ata a chegada dos exemplares ás librarías. Non vos podedes imaxinar todo o traballo que hai que facer ata que un libro chega ás nosas mans.Axudáronse de imaxes na pantalla para ilustrar todo o proceso.. Tamén nos amosaron obxectos que se utilizan na edición artesanal. Ao final regaláronnos un traballo troquelado: un cartón cortado e dividido de tal xeito que se convirte nun lapiseiro en forma de moucho.
Resultou unha charla moi entretida na que aprendemos moitas cousas.

Alumnado de 3º ciclo

18/04/09

Fixemos circuitos eléctricos

En coñecemento do medio estivemos estudando a electricidade. Algúns de nós levamos material para casa, e con axuda dos nosos pais fixemos circuitos eléctricos.