Amosando publicacións coa etiqueta 5º de Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º de Primaria. Amosar todas as publicacións

20/01/26

Saída a Santiago de Compostela

 O pasado 13 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º visitou Santiago de Compostela

Achegámonos ao Parlamento de Galicia, onde coñecemos o seu funcionamento, e subimos aos tellados da Catedral, gozando das vistas e aprendendo sobre a súa historia. Foi unha saída moi interesante e enriquecedora.



 

20/11/25

Visita ao porto de Vigo

O luns, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria aprenderon moito sobre o fondo da nosa ría no Nautilus e o Hidria Segundo.






18/02/25

Xornada de convivencia para 5º xogando ao voleibol

 Onte, o alumnado de 5º desfrutou dunha xornada de convivencia no pavillón de Reibón no que estiveron xogando ao voleibol. Esta actividade está enmarcada dentro do programa XOGADE, que finalizou cun encontro entre varios colexios participantes.

13/02/25

Día Mundial da Radio

 


Hoxe, como non podía ser doutra forma, no CEIP Quintela, celebramos o día Mundial da Radio cunha pequena homenaxe a este medio de comunicación tan importante e que nos cambiou a vida a todas e todos nós. A por moitos anos máis! 


30/01/25

Entrevista polo Día da Paz a GaliClown

Polo Día da Paz, o colexio de Quintela, recibiu unha visita moi especial: os voluntarios de GaliClown. Rimos coa súa actuación e contáronnos cal é súa labor no hospital. Invitámosvos a escoitar esta entrevista que lles fixo o alumnado de 5º de primaria.

19/12/24

5º Canta panxoliñas en "Contigo"

 Onte a clase de 5º de primaria fomos cantar e bailar cos maiores do centro de día "Contigo".

Contáronnos como vivían eles e elas o Nadal na súa infancia.

Pasámolo moi ben.


08/12/24

Obradoiro de Scratch aplicado ás linguas para o alumnado de 5º

 O pasado día 29 de novembro, tivemos o pracer de contar no cole con Paola Guimeráns quen, acompañada da doutora Iva Li, nos ensinou unha morea de cousas sobre a aplicación de Scratch.

Nesta ocasión, a actividade consistiu en aprender os números do un ao cinco en chino e, empregando as placas Makey Makey, elaborar un teclado para programar os sons que emitiría cada tecla. A continuación, mediante o uso do recoñecemento da voz coa aplicación Scratch, accederon a un xogo empregando o teclado creado para conseguir pasar as fases do mesmo.

Foi todo un éxito e o alumnado quedou moi satisfeito!

Grazas Paola por vir visitarnos e ensinarnos tantas cousas.

03/12/24

Voleibol na aula de 5º

 Onte tivemos a segunda e última sesión da actividade de voleibol dentro do programa Xogade para o alumnado de 5º de primaria.

Practicamos o aprendido na sesión anterior e fixemos partidos de mini volei.

Pasámolo moi ben.


26/11/24

Voleibol en 5°

 Onte iniciamos a actividade de voleibol, enmarcada dentro do programa XOGADE, dirixida ao alumnado de 5°. 

Aprendemos e practicamos aspectos básicos sobre este deporte.

A vindeira semana teremos outra sesión, xa que o programa inclúe dúas sesións.



17/11/24

Obradoiro de radio na aula de 5°

 

 O venres tivemos o pracer de contar no cole con Damián Alonso, que nos ensinou moitas cousas sobre o mundo da radio (intensidade da voz, tono, volume, indicacións sobre cómo dar paso á voz ou á música cando gravamos…). Ensinounos a facer un guión e, por parellas, gravamos o noso podcast.

Grazas Damián, aprendemos moito!

17/10/24

E... despois de moito esforzo en cuarto... XA ESTAMOS EN 5º de PRIMARIA!

Pois xa vedes! Novo ciclo, mestres novos, un titor (Ángel) que hai que coñecer... Xa nos tarda aprender cousas novas que nos servan para a vida e para nós mesmos. Para ser mellores como seres humanos! Comezamos? Vamos? Vamos! A polo curso 2024-2025!

03/06/24

Xogade para 5°

 Hoxe viu ao noso cole o alumnado de 5° do cole de Tirán. Fixemos unha xornada deportiva con actividades de baloncesto, hockey e brilé. Tamén houbo tempo para xogo libre.

Pasámolo moi ben!





15/05/24

5º nos recantos maker da biblioteca

Onte, pasámolo moi ben argallando co Zowi, xogando cos ratos robot, coas Osmo e tamén co Turttles.





30/04/24

Corresponsabilidade no fogar

Hoxe tivemos a visita đas promotoras de Igualdade do Concello de Moaña que nos ofreceron un taller de tarefas domésticas para fomentar a corresponsabilidade no fogar.


25/04/24

Obradoiro de banda deseñada en 5º

Esta mañá tivemos a visita de Jorge Campos, ilustrador de banda deseñada. Podemos atopar as súas ilustracións no cómic "Unha mestra en apuros","Historia da Galicia pequeniña" , " As letras de Galicia pequeniña", Atlas de Galicia pequeniña", nalgúns exemplares da revista "Papagaio" e nalgunhas outras publicacións. 

 Contounos que goza moito co seu traballo e achegounos ao mundo da banda deseñada dun xeito moi ameno. 

 Agradecémoslle moito que nos dedicase parte do seu tempo explicando o seu importante traballo.






12/04/24

Xornada de convivencia practicando voleibol en 5°

 As nenas e nenos de 5° participamos hoxe, xunto con outros centros, nunha xornada deportiva na que practicamos o aprendido nas sesións que nos viñeron dar ao cole no 1° trimestre os monitores do Cub de Voleibol Maniotas. Esta actividade está dentro do programa XOGADE, e finalizou cunha xornada de convivencia no IFEVI.

Estivo moi ben!


10/04/24

Proxecto competencial

 Na clase de Proxecto competencial, iniciamos un novo  traballo  de investigación. Traballamos por equipos, aprendemos a buscar información en libros e nos ordenadores, escribimos o aprendido e, cando todo este a listo, daremos exposicións. Estes  son os temas que eliximos: aeronáutica comercial, o triángulo das Bermudas, o lince e animais mariños.




01/04/24

Plantamos cabazas

 Os nenos e nenas de 5º, plantamos cabazas. Xa empezaron a medrar! Cando sexan un pouquiño máis grandes, levarémolas á horta e así, o vindeiro curso teremos a nosa propia colleita de cabazas.