Amosando publicacións coa etiqueta Educación documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación documental. Amosar todas as publicacións

13/05/26

O mercado de proximidade e o consumo responsable

O alumnado de 5º de Primaria está a traballar en Proxecto Competencial arredor do mercado de proximidade e do consumo responsable. Ao longo destas sesións, os nenos e nenas investigan a procedencia dos alimentos que consumimos e reflexionan sobre a importancia de mercar produtos da nosa contorna para reducir a pegada ecolóxica, diminuír o transporte de mercancías e favorecer un consumo máis sostible. O alumnado tamén está comparando o mercado de proximidade co supermercado, analizando as vantaxes ambientais, económicas e sociais do comercio local e elaborando materiais divulgativos, entre eles un tríptico informativo realizado polo propio alumnado. Con esta proposta promóvese a educación ambiental, o consumo consciente e o coidado da contorna a través de situacións próximas e reais para o alumnado.

15/02/19

O artigo na Galipedia da Moañesa de Música e Danza

Xa creamos o noso artigo na Galipedia!
A clase de 5º de Primaria publicou o artigo creado na Galipedia neste curso.
Foi unha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Entrevistamos o Presidente da Moañesa de Música e Danza, redactamos o escrito e elaboramos o artigo cos seus enlaces:

08/11/18

Os corpos celestes


O sistema solar

Na clase de quinto curso estivemos investigando sobre o sistema solar e esta é a presentación do grupo 4:

Os movementos da Terra

Na clase de quinto curso estamos aprendendo cousas da Terra .Esta é a presentación elaborada polo grupo 2 sobre os movementos da Terra

07/11/18

A Lúa

O grupo formado por Iago, Zaira, Aicha e Arancha elaboraron a seguinte presentación sobre a Lúa:

30/03/18

A carpintería de ribeira

Despois de recibir a visita dos carpinteiros de ribeira, así nos quedou o traballo en 5º curso sobre todo o que aprendemos:

28/03/17

Entrevista á Asociación de mulleres de Moaña

O luns o alumnado de 5º e 6º recibimos na biblioteca do centro unha representación da Asociación de Mulleres de Moaña. Previo á visita elaboramos unha enquisa coa finalidade de coñecer o funcionamento dunha Asociación tan importante para Moaña.
A presidenta Concha Ramos, xunto con Concha Trigo, Teresa Rivas e Mucha López explicáronnos como funciona a Asociación e todas as actividades que se realizan nela.
 Decatámonos da gran variedade de oferta que hai e da importancia que ten a Asociación para todas aquelas mulleres  que queiran colaborar con elas e desfrutar das actividades que ofrece a asociación. Moitas grazas pola vosa visita!.

02/03/16

A vestimenta no Entroido tradicional

En 5º aproveitamos  parte da información recollida no traballo do Entroido tradicional e fixemos un powerpoint que presenta parte do disfraz de cada personaxe tradicional.


25/03/15

A galipedia

Coa información recompilada polo alumnado de quinto curso na entrevista  á presidenta da Asociación de mariscadoras de Moaña, na clase de sexto redactamos un artigo sobre elas para a Galipedia. Fixemos así:

Primeiro investigamos como se redactan os artigos, mirando os de outras asociacións.
Logo preparamos o artigo.
A continuación enviámosllo á Asociación para que o revisasen, por se contiña algún erro.
Por último, xunto cos compañeiros/as de quinto curso, subimos á rede o artigo.
E aquí tedes o enlace:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Mariscadoras_de_Moa%C3%B1a

20/01/15

Premios Nobel da Paz

Na clase de 6º curso buscamos información sobre os últimos premiados co Nobel da Paz:


25/06/13

María Salgueiro no cole


Este venres os nenos e nenas de 5º mantivemos un encontro coa actriz María Salgueiro.Moañesa de orixe, adicada ao mundo do espectáculo,dende moi nova ten realizado numerosas interpretacións no teatro,no cine e en series televisivas.Respondeu ás nosas preguntas e aprendimos moitas cousas sobre o seu traballo como actriz Grazas María!!!!


23/10/12

Os Xogos Olímpicos

Traballo feito na clase de 6º de primaria previo a celebración da XXXII edición da olimpiada escolar de Moaña.

05/02/12

Como facer un traballo documental

Dende a biblioteca do CEIP de Leirado chéganos esta exposición para aprender a realizar un traballo. Prestade atención:

27/10/11

A arte na Idade Contemporánea

Os alumnos e alumnas de 6º estamos a estudiar a arte na Idade Moderna.
Aqui tedes algunha información sobre o que estamos a aprender.
Un saúdo

Xoan Herrera
( Movellán- Cantabria, 1530- Valdádiga- Madrid,1597)
ARQUITECTO
Arquitecto, matemático xeómetro
O estilo herreriano é sóbrio severo.
Era dunha familia de boa posición social .Estudou na Universidade de Valladolid “ Humanidades e Filosofía
Viaxou por Flandes ,Alemania e Italia .
Foi soldado no exército de Carlos I e o acompañou no seu retiro ao Mosteiro de Yuste
Trala súa morte pasa ao servizo de Filipe II.
Funda a academia de Matemáticas e Deliniación.
Os seus restos mortais están depositados na igresa de San Juán Bautista (Maliaño- Cantabria )
Traballo realizado por Lucía 6º de primaria

24/06/11

Xavier Ríos na Galipedia

O alumnado do 6º curso preparou a entrada na Galipedia do pintor moañés Xavier Ríos:
Pouco a pouco, imos aumentando as colaboracións.

20/06/11

Preguntamos a Xavier Ríos

En 6º estamos empezando a despedirnos do colexio e como tiñamos unha actividade pendente de presentarvos, aquí vai.
            A visita ao taller do artista moañés Xavier Ríos axudounos a coñecer a súa obra e tamén, nos deu a posibilidade de coñecelo a el un pouco. Como non queriamos abusar moito da súa amabilidade e do seu tempo, deixámoslle un cuestionario que preparáramos entre todos e el envióunolo contestado a través do correo electrónico.

 BATERÍA DE PREGUNTAS A XAVIER RÍOS

A través da Internet poidemos ver algunhas das túas obras e hai cousas que nos chaman a atención e quixeramos saber. Por exemplo:
1-  O teu nome escríbese con v ou con b?
     Eu escribo con V pero creo que a normativa acepta as dúas.

2-  Existía a área de Plástica cando estudabas?
     Si , pero eran traballos manuais e debuxo.

3- Lembras cales eran na túa infancia as cousas que che gustaba pintar?
    Sobre todo moito debuxo a boli e lapis de cores ( animais e paisaxes),é o
que máis lembro.

4- Cantos anos levas pintando?
    A nivel máis profesional uns 25 anos.

5- Que é o que che inspira para traballar? 
    A memoria os recordos , os obxectos, os materiais, ...

6- Foi fácil empezar a expoñer?
    É coma calquer profesión, tés que ir pouco a pouco e solicitando os espazos máis    adecuados ao teu estilo.

7- Podes vivir do oficio de pintor e escultor?
Si se pode, pero é moi difícil.

8- Hai algún artista que che servira de guía de aprendizaxe?
Eu non teño un só artista , toda a historia da arte  dende o clásico ao moderno me interesa, creo que é a mellor aprendizaxe.

9- Como te sentes cando estás preparando un cadro ou unha escultura?
    Pásase por diferentes estados, dende a ilusión do principio ( a idea, os bocetos), o proceso, os cambios, as dúbidas , ata a satisfacción  do remate.

10- Algunha vez quixeches tirar algún cadro pola ventá?
Non, destruílo e cambialo, si.

11- Na información que lemos na Internet fálase moito da túa relación artística con outro pintor moañés, Lito Portela, é fácil traballar nunha obra entre dous?
Si, porque contrastas ideas e aportas experiencias .

12- Na túa obra hai tanto pintura como escultura, traballas as dúas ao mesmo tempo ou por etapas?
Están sempre relacionadas, unhas saen das outras.

13- Cando traballas, que tipos de materiais son os que utilizas?
Dende a fraxilidade do papel ou a cera ao brillo do metal ou a dureza da pedra.

14- Con que materiais traballas máis a gusto?
      Utilizo os materiais segundo a idea que traballe nese momento.

15- De ónde ven o teu interese pola papirofléxia como elemento de traballo artístico?
Eu utilizo no meu traballo as formas xeométricas  e a papiroflexia remite a elas.

16- Por que che gusta tanto a xeometría?
É unha forma de sintetizar as ideas, iso vai un pouco no carácter de cada persoa.

17- Que che gusta máis, a pintura ou a escultura?
       Gústanme as dúas.

18- Gustaríamos saber en que consiste a técnica mixta.
 A técnica mixta consiste na utilización de varios materias e técnicas na mesma obra.

19- A elección dos nomes para titular unha obra, como xurden( Pé, Refuxios, … )?
Os títulos son moi difíciles, pero eu escólloos segundo o tema que traballe en cada momento; normalmente fago series, un titulo para todas as obras.

20- Hai unha escultura que nos ten intrigados( nós chamámoslle Banco ) por un dos materiais que utilizaches, como fixeches para colocar os cristais?
      A escultura chámase Borrón e…  son borradores da escola pero dimensionados; os cristais están selados con silicona.

21- Percorrendo imaxes de obras túas vemos que cambias moito de temas e de estilos, é por evolución ou porque non che gusta dedicarte moito tempo ao mesmo motivo?
E por pura evolución da obra e o tempo.

22- Segues sentindo o mar como fondo de inspiración?
O vivir ao seu lado é unha inspiración constante.

23- No concello de Moaña hai expostas obras túas?
Si, O Avión, que está na rotonda do Rosal e un cadro nun despacho da casa do concello.

24- En que outros lugares?
 O Barco en Aldán , Bancos no paseo de Cangas e cadros na casa do concello e no Auditorio de Cangas

25- Tés predilección por un cadro teu en concreto? E por unha escultura?
Non todos teñen a sua importancia.

26-Como se chama a túa última obra?
Refuxios; é unha reflexión sobre as cabanas de árbores que se facían na infancia como xogo e como lugar para o escondite.

27- Que che gusta facer nos teus ratos libres?
Escoitar música, ler, nadar e andar…
Só nos queda darlle de novo as grazas por atendernos tan ben .
Saúdos e ata outra.