Amosando publicacións coa etiqueta Competencia artística: música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia artística: música. Amosar todas as publicacións

10/02/26

Radio Quintela no Día da Paz

 O alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade moi especial: a gravación dun poema musicado de Rafael Alberti, La paloma se equivocaba. Ao longo do traballo, os nenos e nenas achegáronse á poesía dun xeito diferente, combinando a palabra, a música e a expresión oral. Con todo isto... como non facer un programa de radio?

A experiencia permitiulles coñecer mellor a obra dun autor fundamental da literatura española e, ao mesmo tempo, traballar a lectura expresiva, o ritmo e o traballo en equipo. O resultado é unha interpretación chea de sensibilidade e ilusión, na que a poesía cobra vida a través das súas voces. Ademais, Rubén, puso voz dunha forma moi sutil ao "manifesto pola paz", xenial Rubén!

Agardamos que gocedes tanto desta gravación como nós gozamos creándoa.

Grazas ao orientador Txelu que tocou o contrabaixo e ao profe de inglés, Bruno, que se animou coa guitarra. 

Por moitas veces!








16/12/25

Visita moi especial a AFAMO

 O alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi bonita e emotiva coa súa visita ao Centro de Día AFAMO.

Nos días previos, na aula preparamos con moita ilusión unha manualidade para regalar ás persoas usuarias do centro. Cada detalle foi feito con agarimo, coa intención de compartir un momento especial e sacarlles un sorriso.

O día da visita, fomos recibidos con moita amabilidade e alegría. Despois de entregar os agasallos, cantamos varios panxoliñas, enchendo o centro de música, aplausos e espírito de Nadal. 

Esta actividade axudounos a aprender valores tan importantes como a solidariedade, o respecto e a empatía, e tamén a comprender que pequenos xestos poden facer moi felices ás demais persoas.

Que teñades un. bo Nadal, AFAMO.








09/12/25

ECOPERCUSIÓN



O pasado xoves 20 de novembro, tivemos a actividade ofertada dende o Concello de Moaña "Ecopercusión ". Proxecto enfocado á formación e execución de grupos de percusión en centros de ensinanza contribuindo ao desenvolvemento da música instrumental, vocal e a expresión corporal. Ademáis promove a sostenibilidade a través da música utilizando material de refugallo para a creación de instrumentos, concienciando e respetando o medioambiente. Esto só é a primeira parte do proxecto... Este vindeiro venres, actuaremos cos outros colexios de Moaña no entorno do palco da música pero ese é outro capítulo... Queredes saber como comezou o primeiro ensaio?










28/03/23

Mes da poesía

 Neste mes, tamén nas sesións de música, quixemos lembrar o afortunados e afortunadas que somos por ter a poesía e poder gozar dela.

Aquí temos unha poesía de Florencio Delgado, con música de Susa Herrera.


RESPOSTA A ROSALÍA

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Da grasia de Deus unxida.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Rulas que os loitos choran,

Galos na amañecida

Aires que tollen as mágoas

mozas pernas que rebrincan.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Frores na beira do río

Mar xogando coas ondiñas

ti cantache alborada

ó amerncer dun craro día.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Vos glorios da Galicia!

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Letra : Florencio Delgado

Música: Susa Herrera


24/02/23

Ecopercusión

Hoxe fomos ao obradoiro de percusión organizado polo Concello de Moaña, dentro das actividades Aprende Moaña. Empregamos cubos de pintura para facer música. E resultou ser moi divertido!



22/12/22

6º visita AFAMO

 Que fermosa panxoliña cantaron os nenos e nenas de 6º de primaria aos maiores do centro de día AFAMO. Tocaron os seus propios instrumentos. Fermoso momento...

 Onte os nenos e nenas de 6º visitamos AFAMO

20/12/22

5º visita AFAMO

 Na clase de 5º preparamos una panxoliña para cantar este Nadal. Titúlase O cometido, que canta Chouteira. Visititamos AFAMO para acompañalos coa nosa actuación. Gustounos moito estar alí. Ademáis, como estaba Xavier Blanco, cantamos moitisimas panxoliñas, e tocamos instrumentos pobres: morteiro , canchas, canaveira... Foi un pracer compartir o noso tempo con nosos maiores .

15/12/22

Taller de percusión

 Hoxe o alumnado de sexto tivemos un taller de percusión. Aprendemos moitos ritmos diferentes e pasámolo moi ben.





02/06/22

Festival das Letras Galegas

 Aquí están as actuacións do festival das Letras Galegas dos nenos e nenas de 5º e 6º


En 5º, interpretaron con instrumentos de láminas unha adaptación do fragmento máis coñecido da Oda a alegría, da 9º sinfonía de Beethoven. Mirade que ben o fixeron! Traballaron moitísimo



Os nenos e nenas de 6º tocaron unha adaptación para orquesta escolar realizada pola profe de música María. Trátase da peza O son do ar, que se deu a coñecer polo grupo musical Luar na lubre. Quedou moi fermosa e traballamos moito na clase de música. Saiunos xenial!


En 6º, representaron tamén a obra de teatro Rebelión na granxa, unha adaptación da famosa obra de George Orwell, realizada pola profe Galicia.



09/05/21

A música dos anos 10 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

08/05/21

A música dos anos 2000 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

07/05/21

A música dos anos 90 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

06/05/21

A música dos anos 80 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

05/05/21

A música dos anos 70 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

04/05/21

A música dos anos 60 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

03/05/21

A música dos anos 50 - 6º E. P.

Ola a todos e a todas un dia máis desde Radio Quintela!

Na clase de 6º estivemos indagando información sobre a música desde os anos 50 ata a actualidade. Esperamos que vos gusten estes programas tanto coma a nós gravalos :)

29/04/21

Que cantantes escoitan na clase de quinto? (4/4)

Bo día, queridos e queridas oíntes!

Esta semana queremos darvos a coñecer ós nosos artistas preferidos, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)