Amosando publicacións coa etiqueta Competencia Emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia Emocional. Amosar todas as publicacións

24/03/26

DÍA DA POESÍA

Onte, día 23 de marzo, celebramos no cole, xunto cos nosos afillados e afilladas lectores de 2º de primaria, o día da poesía. Intercambiamos, entre as dúas claases, flores e poemas. Os de segundo recitáronnos un poema moi bonito ao coro e nós, os de sexto, lémoslles poemas. Un poema e unha flor... hai algo mellor para comezar ou rematar o día?










02/03/26

Charla sobre sexualidade

 O alumnado de 6º de Primaria participou, a semana pasada, nunha charla de educación afectivo-sexual adaptada á nosa idade.

Durante a sesión falamos dos cambios físicos e emocionais que se producen na puberdade, da importancia do respecto cara ao propio corpo e ao dos demais, e de aprender que cada persoa medra ao seu ritmo. Tamén puidemos resolver dúbidas nun ambiente de confianza.

Foi unha actividade moi útil que nos axudou a comprender mellor esta etapa e a afrontala con máis seguridade.



16/12/25

Visita moi especial a AFAMO

 O alumnado de 6º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi bonita e emotiva coa súa visita ao Centro de Día AFAMO.

Nos días previos, na aula preparamos con moita ilusión unha manualidade para regalar ás persoas usuarias do centro. Cada detalle foi feito con agarimo, coa intención de compartir un momento especial e sacarlles un sorriso.

O día da visita, fomos recibidos con moita amabilidade e alegría. Despois de entregar os agasallos, cantamos varios panxoliñas, enchendo o centro de música, aplausos e espírito de Nadal. 

Esta actividade axudounos a aprender valores tan importantes como a solidariedade, o respecto e a empatía, e tamén a comprender que pequenos xestos poden facer moi felices ás demais persoas.

Que teñades un. bo Nadal, AFAMO.








25/04/24

Charla de sexualidade

Os nenos e nenas da clase de 5º asistiron a unha charla de educación sexual. Falamos de anatomía, de como son os seus corpos, dos cambios que están a vivir, da entrada na adolescencia, da menstruación, do respeto ao ritmo dos ciclo menstruais, da hixiene menstrual, das relacións sexuais, o respeto e comunición coa persoa que esteamos... e logo houbo tempo para resolver todas as dúbidas que tiñan, e, para lembrarlle que a información que buscan ten que vir sempre dunha persoa adulta de confianza, ou de libros axeitados para a súa idade.



01/02/23

DÍA DA PAZ

 Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.

Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.

Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!

16/12/22

Xornada de Sensibilización DOWN

   O pasado martes recibimos na escola aos representantes de  Xuntos, que traballa para a integración desde a Asociación DOWN de Pontevedra. Nesta xornada de sensibilización participamos nunha sesión de obradoiros e nunha charla moi didáctica . 

Poidemos comprobar en nós mesmos o difícil que resultan algunhas actividades  que para nós son cotidianas.

 Gustáronnos moito!

Moitas grazas Xuntos!



31/05/22

DIVERSIDADE SEXUAL

Hoxe visitounos o psicólogo Alberto para explicarnos en que consiste a diversidade sexual. 
Foi moi interesante xa que nos aclarou moitas  dúbidas.







08/04/22

CHARLA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 Hoxe temos a visita dunha representante do concello que nos vai falar sobre educación emocional.

É moi importante falar das nosas emocións e preocupacións para ter unha boa saúde mental.





12/06/20

Matemáticas en 6º

Bos días clase! Hoxe escribo para avisar de que non haberá máis propostas de actividades de matemáticas porque o venres pasado xa puxen o dobre. O curso rematou e espero que no instituto sexades capaces de orientar o voso potencial e levar o curso sen dificultades.
Bo verán e feliz futuro!!

14/11/19

Fútbol Sala

Onte, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o pracer de recibir no noso cole a Pili (Entrenadora Nacional de Fútbol Sala, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e actual entrenadora do equipo O Fisgón Futsal de Moaña). Contounos moitas cousas sobre este deporte, pero tamén fixo que reflexionáramos sobre a pouca participación feminina no mesmo. Deixounos claro que este deporte pode ser practicado tanto por homes como por mulleres, sen diferencias de ningún tipo. 
Grazas Pili polo teu tempo e tamén por esa maneira de enfocar o deporte feminino, non só o fútbol, senón calqueira deporte que queiramos practicar as mulleres.



27/02/19

...QUEREMOS DICIR...

     Durante o primeiro trimestre, na aula TIC elaboramos uns carteis sobre os animais co programa MOLDIV.
     A partir de aí, tomamos conciencia e reflexionamos sobre moitas cousas que pensamos e sentimos acerca dos nosos amigos peludiños.

           

20/04/18

Charla sobre sexualidade na clase de 6º

O mércores 18 a clase de 6º recibimos a visita de Rosa López, matrona do Centro de Saúde de Moaña. Esta actividade está organizada dende a Concellalía de Benestar do Concello de Moaña
Grazas a ela aprendimos a coñecer mellor o noso corpo e a nosa sexualidade.
Moitas grazas Rosa pola túa colaboración.




01/03/18

Un día de Meteoquintela

Como todas as mañás o alumnado de 6º ensina e  axuda aos demais a recoller os datos meteorolóxicos do día. Hoxe están con Iago e Aldara de 4º.








09/02/18

O voluntariado

En quinto e sexto de primaria recibimos a varios voluntarios da Cruz Vermella que non contaron cousas moi interesantes da súas experiencias, e o fermoso que é axudar ás persoas que nos necesitan:

07/02/18

Taller de disfraces en 5º

A clase de 5º axudou a rematar o disfraz ao alumnado de 3º. Foron por grupos de dous e tres á clase de 3º para ensinarlles a pegar as cruces vermellas e brancas.
Moitísimas grazas pola axuda clase de 5º.












29/06/17

Carta de despedida de 6º

CARTA  DE  DESPEDIDA  DE  6º


 O alumnado de 6º escribiu esta carta para despedirse do colexio.
Bos días!   Boas tardes!   Boas noites!
O primeiro que queremos dicir é que este día é moi especial para nós, xa que vai ser o último que pasemos aquí. Aínda que estamos tristes por abandonar Quintela, tamén estamos contentos por poder pasar de curso. Levamos tanto tempo esperando a ser os maiores do colexio que agora que o somos a algún e algunha pasóusenos pola cabeza desexar estar en 1º para que nos quedaran máis cursos no cole e non ter que marchar para o instituto. Pero, quedarse toda a vida aquí sería aburrido, non? 
En cada esquina temos un recordo, un sorriso ou, incluso, unha risa. 
Para empezar queremos dar as grazas a todos os mestres e mestras: por responder ás nosas preguntas, por explicar todo tantas veces, por ensinarnos a coñecer tantas cousas, por aguantarnos nos momentos que fixemos das nosas, ...
A maioría de nós pensa que o instituto vai ser máis complicado e ademais, seremos os pequenos alí. 
Danos moita pena deixar o colexio xa que aquí vivimos moi bos momentos e fixemos moitos amigos e amigas ao longo de toda a nosa vida escolar. Vai ser moi difícil non chorar agora porque lembraremos as risas, as aventuras e as anécdotas que vivimos; pero tamén, recordaremos as cousas non tan boas a pesar de que agora  non estamos aquí para reprochar senon para dar mil grazas a todas e todos.
Esperamos facer novos recordos e novos amigos e amigas porque aínda que nos dean medo os cambios sabemos que son todos imprescindibles para as nosas vidas.

Grazas  Quintela por darnos todos estes anos!!!

QUERÉMOSVOS!!!

P. D. :  Que pasedes un bo verán!!!

28/06/17

Último día para 6º

Chegou o  último día no colexio para a clase de 6º. As emocións están a flor de pel (quen opina é a titora). Todo o cole vai celebrar unha merendola: Infantil no seu patio e Primaria no seu. A 6º, por seren os maiores, correspóndelle preparar as mesas, recoller as merendas polas clases e distribuílas nos grupos de mesas que colocaron no patio de atrás. Só poideron poñer as merendas caseiras porque eran moitísimas e as bolsas do súper quedan para setembro que non caducan.




Despois compartimos a merenda co resto dos cursos.



Tamén compartimos os bailes da nosa vida escolar.



Despois, volvemos  bailar o baile da festa do Comicon para todo o colexio e conseguimos que se uniran. Por último, lemos a carta de despedida( que irá noutra entrada) e ....... chegou o momento de compartir as emocións da despedida.









O cole de Quintela desexa que o camiño que agora emprendedes estea cheo de oportunidades para vós.


20/06/17

Para 6º comeza a recta final

O xoves 15 todo o cole estivo de excursión en Ponte Sampaio(tan preto de nós e sen coñecelo). Por ser os maiores levamos da man aos nenos e nenas de 1º ata onde eles ían descansar e nós seguimos o noso camiño con 4º e 5º ata a illa do Medal; onde tamén descansamos, xogamos e merendamos. O alumnado de 1º xa esperaba con ganas por nós porque gustáralles cando os acompañaramos á festa do Comicon.






Camiño da illa e dentro da illa.





Despois de xantar na carballeira do praia de Arcade fomos ao parque infantil e.... como gozamos no parque infantil. Foi como se foramos nenas e nenos pequenos de novo.





12/06/17

Charla en 6º

A sexualidade

O mércores, 7 de xuño, tivemos en 6º unha charla titulada: A sexualidade. A matrona do centro de saúde de Moaña en coordinación coa concellalía de Servizos Sociais do concello achegouse ao colexio a falarnos sobre sexualidade acompañada pola concelleira María Ortega.
Como estamos dando o tema da reprodución en naturais serviunos para repasar os coñecementos que estamos adquirindo e coñecer máis sobre o tema. Non nos sentimos nin nerviosos nin incómodos. Vainos ser útil para entender mellor a etapa da vida na que estamos entrando: a puberdade.
Pareceunos moi interesante porque ademais Rosa, a matrona, falounos con moita naturalidade.