Chegou o último día no colexio para a clase de 6º. As emocións están a flor de pel (quen opina é a titora). Todo o cole vai celebrar unha merendola: Infantil no seu patio e Primaria no seu. A 6º, por seren os maiores, correspóndelle preparar as mesas, recoller as merendas polas clases e distribuílas nos grupos de mesas que colocaron no patio de atrás. Só poideron poñer as merendas caseiras porque eran moitísimas e as bolsas do súper quedan para setembro que non caducan.
Despois compartimos a merenda co resto dos cursos.
Tamén compartimos os bailes da nosa vida escolar.
Despois, volvemos bailar o baile da festa do Comicon para todo o colexio e conseguimos que se uniran. Por último, lemos a carta de despedida( que irá noutra entrada) e ....... chegou o momento de compartir as emocións da despedida.
O cole de Quintela desexa que o camiño que agora emprendedes estea cheo de oportunidades para vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario