Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

30/04/26

Celebrando "O Día do Libro" cos compañeiros de educación Infantil de "O Con"

 O pasado 24 de abril celebramos o Día do Libro cunha fermosa actividade de convivencia entre 6º de Primaria e a escola de educación infantil "O Con".

Realizamos un apadriñamento lector, onde os maiores lles leron contos aos máis pequenos, compartindo historias e momentos moi especiais. Ademais, houbo un intercambio de cancións e e puxémoslle música coa guitarra de Txelu, a un conto que nos contou a todos e todas unha mestra de infantil  que encheu a xornada de ledicia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu gozar da lectura xuntos e aprender uns dos outros. Volveremos pronto!




10/02/26

Radio Quintela no Día da Paz

 O alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade moi especial: a gravación dun poema musicado de Rafael Alberti, La paloma se equivocaba. Ao longo do traballo, os nenos e nenas achegáronse á poesía dun xeito diferente, combinando a palabra, a música e a expresión oral. Con todo isto... como non facer un programa de radio?

A experiencia permitiulles coñecer mellor a obra dun autor fundamental da literatura española e, ao mesmo tempo, traballar a lectura expresiva, o ritmo e o traballo en equipo. O resultado é unha interpretación chea de sensibilidade e ilusión, na que a poesía cobra vida a través das súas voces. Ademais, Rubén, puso voz dunha forma moi sutil ao "manifesto pola paz", xenial Rubén!

Agardamos que gocedes tanto desta gravación como nós gozamos creándoa.

Grazas ao orientador Txelu que tocou o contrabaixo e ao profe de inglés, Bruno, que se animou coa guitarra. 

Por moitas veces!








21/01/26

Apadriñamentos lectores: 6º e 2º de Primaria

 O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.

Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.





20/11/25

Apadriñamento lector

Os nenos e nenas de 1º desfrutaron dun ratiño de lectura cos seus padriños e madriñas de 5º.



23/04/25

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





15/05/23

As familias contan en Infantil

A pasada semana  dúas alumnas de quinto e sexto, Ela e Claudia, foron a cuarto de infantil, a aula das súas irmás, e contáronlles dúas historias moi divertidas:


 




   
MUITAS GRAZAS!





08/05/23

As familias contan en Infantil

Nas aulas de Infantil estanse recibindo visitas das familias para contar contos, e a semana pasada  foi Karla, de quinto, á clase do  seu irmán Mateo. Xunto coa súa madriña, narraron dúas bonitas historias, unha delas coa técnica do Kamishibai, que lles encantaron ás nenas e nenos.   

  


                                MOITAS GRAZAS! 

                    

14/03/23

Lectura compartida

Hoxe as nenas e nenos de sexto e segundo compartimos a hora de ler na biblioteca coa actividade amigos/as lectores/as. Nesta sesión a dinámica mudou un pouco e  fomos os pequenos os que lles contamos aos maiores. 

15/11/22

Amigos e amigas lectoras

 Neste mes de novembro vivimos unha experiencia moi bonita que esperamos que se repita ao longo do curso.

Fixemos de amigas e amigos lectores dos máis pequenos.

O alumnado de sexto contou historias á clase de segundo e os de quinto á clase de primeiro.

Pasámolo xenial e cremos que eles tamén.


15/09/22

Lecturas do primero día na aula de 6º

 Bos días:

Empezamos sexto lendo o conto “Guapa” de Canizales. Nel fálase da autoestima e de como temos que valorarnos a pesar das opinión dos demáis.

Gustounos moito




10/06/20

Lingua 5º

Os Bandiden. 



A tarefa de hoxe está referida o libro de lectura "Os Bandiden".
Tedes que completar a ficha do libro que vos envio no correo electrónico.

Completádela no documento de Word e unha vez rematado, adxuntades o documento no correo electrónico.






03/03/20

APADRIÑAMENTO LECTOR

A AULA DE 4º DE INFANTIL RECIBIU A VISITA DAS NENAS E NENOS DE 5º DE PRIMARIA QUE VAN SER AS SÚAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES, COS QUE COMPARTIRÁN Ó LONGO DO CURSO DIVERSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTURA.





05/06/19

LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe os nenos e nenas de 6º de infantil gozaron dunha sesión de lectura na biblioteca cos seus padriños e madriñas de 5º de primaria...porque lles encanta!




06/02/19

Somos padriños e madriñas


Hoxe, na nosa hora de biblioteca gozamos lendo contos aos nosos afillados e afilladas lectores. Foi moi agradable e os nenos e nenas de 6º E.I. estiveron moi atentos. Tamén eles gozaron moito!


















26/11/18

PADRIÑOS LECTORES

ESTE CURSO COMEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE PROMOVIDA DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA PROMOVER A LECTURA: O APADRIÑAMENTO LECTOR.
HOXE OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL RECIBIRON AOS SEUS PADRIÑOS LECTORES, OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA, E APROVEITAMOS PARA PRESENTARNOS E LER UNS CONTOS QUE DISFRUTAMOS MOITO.






15/05/18

Os clubs de lectura de 5º e 6º recitan a Teijeiro

Os clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo,  recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queremos 
compartilos con vós. 

27/11/15

RIMAS DE MATILDA

Neste 1º trimestre os nenos e nenas de 6º estivemos lendo un libro de Roald Dahl titulado "Matilda". Gustounos moito e aquí vos deixamos estas rimas que creamos entre todos e todas.

13/06/15

Valeria e as landras

Este é o conto "Valeria e as landras", nas voces de 3º de Primaria sobre a adaptación que fixeron do conto de Tim Bowley,  "Xaime e as landras"

20/09/14

Un conto no primeiro día de curso

Este curso, como o anterior, empezamos o primeiro día cun conto.
 O escollido foi "El rebaño" de Margarita del Mazo, e ilustrado por Guridi.
Conta a historia dun rebaño, que ten a tarefa de saltar para axudar a durmir a Miguel. Cando lle toca saltar á ovella Catro,  négase, e....non vos imos contar máis.

Pero só limos o conto ata que Catro recibe unha carta...porque a partir de aí, cada un de nós tivo que facer un texto rematando o conto: Decidir de quen era a carta e que facía a ovella negra ao recibila.
Os finais foron moi variados e orixinais!!!

Mais información: Blog de Darabuc

25/11/13

Conta que che conto,...Rosa Caramelo

Os nenos e nenas de quinto fixeron de  contacontos na hora de ler nas clases de 1º  e 2º de Primaria.Había nervios, pero fixérono moi ben.
Escolleron o conto "Rosa Caramelo", coas fermosas ilustracións feitas polo alumnado do cole hai un par de cursos.