O pasado 24 de abril celebramos o Día do Libro cunha fermosa actividade de convivencia entre 6º de Primaria e a escola de educación infantil "O Con".
Realizamos un apadriñamento lector, onde os maiores lles leron contos aos máis pequenos, compartindo historias e momentos moi especiais. Ademais, houbo un intercambio de cancións e e puxémoslle música coa guitarra de Txelu, a un conto que nos contou a todos e todas unha mestra de infantil que encheu a xornada de ledicia.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu gozar da lectura xuntos e aprender uns dos outros. Volveremos pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario