Amosando publicacións coa etiqueta Competencia artística: plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia artística: plástica. Amosar todas as publicacións

10/06/20

ACTIVIDADE PLÁSTICA para 5º e 6º de PRIMARIA

Bos días rapazas e rapaces de 5º e 6º!!
Xa estamos na penúltima semana de clase, e non quería despedir o curso sen renderlle unha pequena homenaxe ás nosas queridas mascotas, que nos axudaron tanto nesta etapa de confinamento, dende facernos compañía, como antídoto ante o aburrimento, ata estimular o contacto físico e a comunicación.
Así que o meu reto de hoxe é recrear, mediante a arte xaponesa de pregado de papel denominado: PAPIROFLEXIA ou ORIGAMI, unha das nosas mascotas preferidas do noso cole: Os CANS.
A continuación déixovos os seguintes vídeos para que a fagades.
  • O primeiro é para ensinarvos a facer o cadrado do papel, lembrásdevos?.
  • O 2º video  explícavos como facer a vosa mascota.

Lembrarvos que nesta técnica é moi importante a Concentración, a Paciencia e a Coordinación da Man e dos vosos Ollos!!!.
Ánimo, a Divertirse e a Crear!!.

27/05/20

ACTIVIDADE PLÁSTICA para 5º e 6º de PRIMARIA

Ola, bos días rapazas e rapaces!!!
Hoxe mércores toca actividade de plástica así que:

Imos crear unha froita en 3D, só utilizando a gama de cores e aplicando sombras.
Materiais que necesitarás:
  • 1 Folio
  • Lapis e goma.
  • Rotuladores de cores.
  • Lapis  de cores
  • Tesoira 
A continuación mira e sigue os pasos do video para crear a túa froita. 
 

30/11/18

TRABALLAMOS EN EQUIPO

Esta semana os nenos e nenas de 6º de Infantil necesitaban axuda para facer unha manualidade. Era a figura dun can que as reprentantes da Protectora de animais lle regalaran na visita que tiveran á aula. O grupo de 5º de Primaria ten unha relación especial con 6º de Infantil, xa que se trata dos seus afillados e afilladas. Gústalles lerlles, pero tamén axudalos a aprender.

A EXPLICACIÓN...


MANS Á OBRA...



A TRABALLAR!


CANCIÑOS LISTOS!!!



E  CANDO REMATAMOS NOS RELAXAMOS CUN CONTO


18/04/17

Dereitos da Infancia

En 6º este curso na clase de Valores estivemos traballando sobre os Dereitos da Infancia. Só son 10; pero: estamos seguros de que todos os nenos e nenas do mundo están protexidos por eses dereitos? As noticias que recibimos fannos dubidar moito. Nós si que estamos protexidos por eles. O cal nos fai pensar que vivimos nunha parte do mundo que nos ten en conta.











23/05/16

Premio do concurso de comic

O concello de Moaña un ano máis convocou unha nova edición do Concurso de Banda Deseñada e na que 5º e 6º particicipou tamén, un ano máis. Aproveitamos este concurso para traballar a forma de comic nas aulas e presentaron os traballos só os que quixeron. Obtuveron o 2º premio as alumnas Mar e Nerea de 5º e fomos á entrega dos mesmos o pasado venres, 20 de maio. Alí compartimos espazo coas nenas premiadas e con alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas. A alcaldesa, unha concelleira e dous concelleiros fixeron entrega dos premios e dos diplomas para todas as nenas e nenos que participaron no concurso. Ademais informaron de que os traballos serán expostos no mes de xuño para que o público en xeral poida velos. Debaixo están algunhas fotos.




08/05/16

Facemos collages

Nas clases de quinto e sexto traballamos a técnica do collage. É moi laboriosa, pero mirade que bonitos quedaron:

 

28/04/16

Celebramos o Día do Libro

Este ano de celebración do Día Internacional do Libro é moi especial polo seu número: 400 anos da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Aprendemos que estes escritores morreron o mesmo día  e que por iso foi elexida esta data como celebración: 23 de abril. En clase de lingua castelá coñecemos algo da obra máis famosa de Cervantes:" Don Quijote de la Mancha" e decoramos a árbore das escaleiras cos noso traballos. As fotos son estas: 




14/12/09

Carteis de 6º

Na clase se 6º falamos sobre a igualdade de xénero e fixemos estes carteis.




17/11/09

Mandalas

COLOREAMOS MANDALAS

Na clase de plástica falamos sobre as mandalas, que son representacións simbólicas utilizadas en Oriente. Pasámolo moi ben combinando as cores e coloreando estas mandalas.
Aquí tedes unhas fotos:





Alumnos de 6º
Máis mandalas para imprimir e colorear aquí. ´
Aquí tedes un pouco máis fáciles, para os máis pequenos do cole.

Disfrutade agora co vídeo: