Terceiro ciclo en Quintela
5º e 6º de Primaria
09/11/26
CANDO CHEGA A NOITE...
28/10/26
COMEZA O NOSO PROXECTO...
Polo Día das Bibliotecas Escolares vivimos un día moi especial na biblioteca de Quintela. Paco, a nosa mascota, preparounos unha sorpresa para dar comezo ao noso novo proxecto: "Cando chega a noite...".
Os nenos e nenas puideron gozar dun momento moi especial lendo contos á luz das lanternas, descubrindo que a biblioteca tamén pode ser un lugar máxico cando cae a noite.
Pasámolo xenial e gozamos moitísimo desta experiencia tan diferente e divertida!
E isto non fixo máis que comezar… Cantas aventuras nos agardan cando chega a noite!
26/10/26
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Polo Día das Bibliotecas Escolares, Paco, a nosa mascota, preparou a biblioteca para dar comezo ao noso novo proxecto: «De noite».
Neste vídeo podemos ver como quedou preparada a biblioteca para que, durante a xornada de hoxe, os nenos e nenas puidesen achegarse aos novos contos e descubrir todo o que agocha a noite.
E isto non fixo máis que comezar… A noite acaba de chegar a Quintela!
19/10/26
Remo en 4º e 5º de primaria
Grazas á S.D. Samertolameu de Meira por vir ensinarnos tanto sobre este deporte tan marabilloso e tan afincado no noso concello.
18/10/26
FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA
03/07/26
Polos eclipsados. Entregamos os trípticos na oficina de turismo

19/06/26
Polos eclipsados. Exposición para a comunidade esucativa
Polos eclipsados. Este proxecto que tanto nos gustou e no que tanto aprendemos chega ao seu fin. O alumnado preparou o material que está exposto na entrada do cole para que o resto da comunidade educativa poida ver todo o que investigaron, traballaron e, sobre todo, aprenderon.
Bo traballo! Parabéns!!!
18/06/26
Polos eclipsados. Últimos pasos
Xa estamos na reta final. Imprimimos as fotos, os trípticos e tamén a presentación que fixeron sobre a eclipse.
17/06/26
Proxecto Polos eclipsados. Xa temos gafas e carnés de guías
Xa nos chegaron as gafas para ver o eclipse. Quedamos encantados e tamén nos gustou moito o carné de guías.
Grazas Polos Creativos!
16/06/26
Aprende Moaña. Remo
Hoxe, o alumnado de 5º e 6º gozou dunha xornada de remo enmarcada dentro do programa Aprende Moaña e a cargo da Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira.
Coñeceron as instalacións, fixemos regata nos ergómetros, remamos no foso e tamén saímos ao mar en batel e traiñeiriña.
Grazas aos monitores do club de remo pola súa implicación.
09/06/26
Proxecto Polos eclipsados. Traballo co mapa
Xa comenzamos a traballar sobre o mapa sinalando os lugares nos que investigaron si se ve ou non a eclipse.
04/06/26
Proxecto Polos eclipsados. Continúa o traballo de campo
O alumnado de 5º e 6º de primaria está totalmente implicado no traballo de investigación e comprobación dos lugares de Moaña nos que veremos a eclipse e nos que non a veremos.
Bo traballo!
2º Día Excursión Fin de Curso
O segundo día da nosa excursión de fin de curso foi unha aprendizaxe...
Pola mañá desprazámonos ata Padrón, unha vila con moita historia e tradición. Alí percorremos o seu casco histórico e coñecemos algúns dos seus lugares máis emblemáticos. Tamén descubrimos a lenda máis importante da localidade, relacionada co apóstolo Santiago Apóstolo. Aprendemos que, segundo a tradición, a barca que transportaba os seus restos chegou ata estas terras e que o famoso "pedrón" deu nome á vila.
Despois comemos no xardín botánico e pola tarde visitamos a Casa da Matanza, o fogar onde viviu os seus últimos anos a escritora Rosalía de Castro. Durante a visita coñecemos mellor a súa vida e a súa obra, e comprendemos a importancia que ten para a literatura e a cultura galega. Tamén realizamnos un scaperoom na súa casa!
Ao rematar as actividades en Padrón, regresamos a Galipark, onde continuamos desfrutando da convivencia. Foi unha xornada interesante, "histórica" e cultural.
Foi un día interesante!
02/06/26
1º Día Excursión Fin de Curso
O noso primeiro día está a ser toda unha aventura!
Comezamos con xogos de presentación para coñecernos mellor e continuamos coa aventura no rocódromo e nas tirolinas. Despois, tocou refrescarse e divertirse na piscina.
Agora estamos a repoñer forzas coa cea e preparándonos para a velada desta noite, que seguro estará xenial.
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o estamos pasando!
!
Proxecto Polos eclipsados. Traballo de campo
Xa estamos metidos de cheo no traballo de investigación. O alumnado xa está estudando en que lugares de Moaña podemos ver ou non ver a eclipse. Temos as primeiras evidencias recollidas no terreo na hora indicada, xunto coas súas correspondentes fichas de observación.
Proxecto Polos eclipsados. Montaxe da maqueta que imita unha eclipse
Moito traballamos para montar as maquetas que simulan a eclipse solar.
Imprimimos as pezas na impresora 3D, pintamos con rotulador o Sol e a Terra e, montamos o circuito eléctrico para acender un led amarillo dentro do sol.
Quedaron moi chulas!
Obradoiro de Placa Micro:bit
As nenas e nenos de 5° e 6° primaria aprendemos unha morea de cousas coa placa Micro:Bit (poñer números, caras, medir luz, temperatura, conectar leds…).
Grazas unha vez máis Paola por ensinarnos tanto e tan ben!
28/05/26
Proxecto Polos eclipsados. Cuestionario e ficha de observación directa
Canto aprendemos na charla que nos deu Kike. Así o demostra o cuestionario que cubrimos ao rematar a charla no que quedou moi clariño que sabemos moito sobre o tema.
O seguinte paso que imos dar é investigar sobre os lugares de Moaña que son idóneos para ver o eclipse e aqueles non que non o son porque hai obxectos que o impiden.
Dividiremos as distintas zonas entre o alumnado e eles terán que ir na hora indicada e comprobar se ven o sol ou non o ven e cubrir unha ficha de observación.


























